bidueiro: Diferenzas entre revisións

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: ko:bidueiro
Shyde (conversa | contribucións)
m Actualización das ligazóns aos apéndices.
Liña 31: Liña 31:


{{-ver-}}
{{-ver-}}
*[[Wiktionary:Apéndice:Árbores|Apéndice de Árbores]]
*[[Apéndice: Árbores e arbustos]]
[[Category:Wiktionary:A palabra do día]]
[[Category:Wiktionary:A palabra do día]]



Revisión como estaba o 9 de outubro de 2011 ás 13:39

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «bidueiro».
Bidueiros.
Follas de bidueiro.
Bidueiros en inverno.
Casca de bidueiro.

Substantivo masculino

bidueiro (sg: bidueiro; pl: bidueiros)

  1. (Botánica) Árbore da familia das betuláceas, de 15 a 20 metros de altura (excepcionalmente até 30), porte elegante, casca branca agrisada lisa, con bandas horizontais de cor gris escura apardazada e copa irregular; as follas, caducas, alternas, son de forma oval-triangular, co bordo dentado e o ápice agudo; as flores masculinas están reunidas en amentos colgantes, e as femininas en amentos ergueitos. Medra en solos húmidos e en brañas, cultivándose tamén como ornamental.
  2. Madeira de esta árbore, branca, branda e lixeira, doada de traballar, usada para facer zocas, móbeis e apeiros de labranza.
    • Exemplo: Teño na casa uns pratos de bidueiro para servir o polbo.

    • Sinónimos: bídalo, bido.
  3. (Botánica) Nome común que reciben todas as especies do xénero Betula, entre as que destaca, ademais da descrita, a Betula verrucosa.

Termos relacionados

Traducións

Véxase tamén