grupo: Diferenzas entre revisións

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Contido eliminado Contido engadido
ILVI (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de marzo de 2003 ás 04:51

grupo. m. (pl grupos)

  1. Conxunto de persoas ou cousas que, polo xeral, están no mesmo lugar. Un grupo de persoas agardaba a chegada do autobús. SIN. fato.Un grupo de casas. SIN. feixe.
  2. Conxunto de persoas organizado e unido na defensa duns intereses comúns, na realización dunha actividade, etc. Un grupo político. SIN. partido. Un grupo musical. CF. banda, orquestra.Un grupo armado. SIN. banda.
  3. Conxunto de cousas ou persoas que posúen uns trazos comúns. Un grupo de linguas. Un grupo social.
  4. Mat. Conxunto de elementos que se relacionan entre si segundo unhas determinadas características ou leis. Propiedades do grupo. O grupo dos números enteiros.
  5. Quím. Cada unha das columnas do sistema periódico que conteñen elementos de propiedades semellantes. O grupo dos gases raros. s Grupo sanguíneo. Cada un dos tipos en que se clasifica o sangue.