Wiktionary:Glosario: Diferenzas entre revisións

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:
*'''encabezado''': v. entrada.
*'''encabezado''': v. entrada.
*'''entrada''': Cada un dos textos do Galizionario que remeda o que se pode atopar nun dicionario para cada acepción (v. supra). Unha páxina pode ter varias entradas en diferentes linguas, e para unha mesma lingua pode haber tamén varias entradas.

*'''etcétera''': Palabra que en latín significaba "e o restante". Dado que ante a conxunción ''e'' non se adoita escribir unha coma, semella que tampouco ''etcétera'' debería ir precedido de coma, pero esta convención é moi moderna, existe unha tradición moi longa de poñerlle coma (e máis se se abrevia mediante ''etc.'') e, a fin de contas, era unha conxunción en latín, non en galego.
*'''etcétera''': Palabra que en [[latín]] significaba "e o restante". Dado que ante a conxunción ''e'' non se adoita escribir unha coma, semella que tampouco ''etcétera'' debería ir precedido de coma, pero esta convención é moi moderna, existe unha tradición moi longa de poñerlle coma (e máis se se abrevia mediante ''etc.'') e, a fin de contas, era unha conxunción en latín, non en galego.
*'''etimoloxía''': Orixe da que procede unha palabra. En galego é habitual que procedan do sobre todo do [[latín]], con algunhas tamén do [[francés]], [[occitano]] ou [[provenzal]], [[italiano]], [[castelán]], [[inglés]] ou [[portugués]]. Unha boa fonte para averiguala son os dicionarios da [http://www.rae.es DRAE] e [http://www.agal-gz.org/estraviz/modules.php?name=Dictionary&file=pesquisarcomp Estraviz]. En caso de [[antropónimo]]s e sobre todo de [[topónimo]]s tamén é moi posible que veñan do antigo xermánico traído por [[suevo]]s e [[visigodo]]s e mesmo de linguas prerromanas anteriores á implantación do latín en [[Galicia]].

:* É recomendable que se presenten coa palabra na outra lingua en cursiva e o seu significado orixinario entre comiñas. Cando se queira dar a etimoloxía de dúas partes, tamén é útil usar un ''+'' para separalas ([[minúscula]] < da forma feminina do [[latín]] ''minus'', "menor" + [[sufixo]] ''-culus, -cula, -culum'', "pequeno")

Liña 17: Liña 17:
*'''Galizionario''': Versión galega do Wiktionary, o dicionario multilingüe, albergada e sostida pola Fundación Wikimedia.
*'''Galizionario''': Versión galega do Wiktionary, o dicionario multilingüe, albergada e sostida pola Fundación Wikimedia.
*'''lematizar''': Escoller a forma que será o título do artigo. Nos sinónimos lematízanse tódalas formas.
*'''lematizar''': Escoller a forma que será o título do artigo. Nos sinónimos lematízanse tódalas formas.
*'''nome científico''': Lembra que sempre se escribe en cursiva e só vai en maiúscula a primeira inicial, sexa dun animal ou vexetal, aínda que a segunda palabra proceda dun nome propio: '''[[Rana perezi]]''', '''[[Vipera seoanei]]''').
*'''OmegaWiki''': Proxecto en fase de probas de Wiktionary con interface multilingüe seleccionable (seleccionable) e estruturado como ''tesauro''. Albérgase en http://www.omegawiki.org
*'''OmegaWiki''': Proxecto en fase de probas de Wiktionary con interface multilingüe seleccionable (seleccionable) e estruturado como ''tesauro''. Albérgase en http://www.omegawiki.org
*'''páxina''': Cada un dos documentos HTML que no Galizionario se aplican a unha forma determinada en calquera lingua.
*'''páxina''': Cada un dos documentos HTML que no Galizionario se aplican a unha forma determinada en calquera lingua.

Revisión como estaba o 20 de abril de 2008 ás 12:00

  • acepción: Cada un dos distintos significados que ten unha forma escrita.
  • cabeceira: v. entrada.
  • definición: Expresión do significado dunha palabra, que se fai con outras palabras. Nun dicionario ben feito, unha definición correcta debería cumprir tres condicións:
  • poder substituír á palabra que define en tódolos seus contextos, o cal implica;
  • que o núcleo da definición debe ter a mesma categoría gramatical có definido (isto non se cumpre coas que comeza con "Dise de..." ou "É cando...", ou se comezamos a definir un substantivo cun artigo, como en "A situación que...");
  • utilizar só palabras que estean no dicionario (como a Galipedia é un dicionario en creación permanente, moitas palabras que uses aínda non existirán);
  • definición impropia: Definición que incumpre algún dos tres puntos anteriores, sobre todo o primeiro. Esta situación dáse habitualmente con palabras gramaticais (artigos, pronomes, preposicións, conxuncións, etc: uns, lle, de, ou), con abreviacións, abreviaturas, símbolos e siglas e con deícticos (aquí, este, outro). Para non complicarse, pode facerse unha explicación marcándoa como impropia mediante o modelo:definicionimpropia
  • encabezado: v. entrada.
  • entrada: Cada un dos textos do Galizionario que remeda o que se pode atopar nun dicionario para cada acepción (v. supra). Unha páxina pode ter varias entradas en diferentes linguas, e para unha mesma lingua pode haber tamén varias entradas.
  • etcétera: Palabra que en latín significaba "e o restante". Dado que ante a conxunción e non se adoita escribir unha coma, semella que tampouco etcétera debería ir precedido de coma, pero esta convención é moi moderna, existe unha tradición moi longa de poñerlle coma (e máis se se abrevia mediante etc.) e, a fin de contas, era unha conxunción en latín, non en galego.
  • etimoloxía: Orixe da que procede unha palabra. En galego é habitual que procedan do sobre todo do latín, con algunhas tamén do francés, occitano ou provenzal, italiano, castelán, inglés ou portugués. Unha boa fonte para averiguala son os dicionarios da DRAE e Estraviz. En caso de antropónimos e sobre todo de topónimos tamén é moi posible que veñan do antigo xermánico traído por suevos e visigodos e mesmo de linguas prerromanas anteriores á implantación do latín en Galicia.
  • É recomendable que se presenten coa palabra na outra lingua en cursiva e o seu significado orixinario entre comiñas. Cando se queira dar a etimoloxía de dúas partes, tamén é útil usar un + para separalas (minúscula < da forma feminina do latín minus, "menor" + sufixo -culus, -cula, -culum, "pequeno")
  • forma: No seu habitual sentido restrictivo, a forma gráfica. Dúas palabras con igual forma gráfica e distinta pronuncia, nunha ou diferentes linguas, chámanse palabras homógrafas ou homógrafos. No caso das linguas flexionais como o galego ou o polaco, existen convencións para escoller a forma se usará de título de páxina, é dicir, baixo que páxina se inclúen os datos: para os distintos tempos e persoas dos verbos escóllese o infinitivo (e non ningunha forma conxugada nin o pronominal co pronome: *lavarse; en latín úsase combinado con outras formas), para os distintos xéneros e números dos substantivos e adxectivos útilízase o masculino singular, para os distintos casos das palabras que declinan elíxese o nominativo ou o caso recto, etc. Certas palabras usuais presentan tódalas formas (nos pronomes consta o nominativo eu, o acusativo min ou o ablativo comigo).
  • Galifontes: Proxecto de Wikisource en galego, irmán do Galizionaro, onde se recollen textos orixinais sen dereitos de autor. Albérgase en http://gl.wikisource.org.
  • Galilibros: Proxecto de Wikibooks en galego, irmán do Galizionaro, onde se recollen textos non orixinais sen dereitos de autor. Albérgase en http://gl.wikibooks.org.
  • Galipedia: Proxecto de Wikipedia en galego, irmán do Galizionario, con formato de enciclopedia. Albérgase en http://gl.wikipedia.org.
  • Galizionario: Versión galega do Wiktionary, o dicionario multilingüe, albergada e sostida pola Fundación Wikimedia.
  • lematizar: Escoller a forma que será o título do artigo. Nos sinónimos lematízanse tódalas formas.
  • nome científico: Lembra que sempre se escribe en cursiva e só vai en maiúscula a primeira inicial, sexa dun animal ou vexetal, aínda que a segunda palabra proceda dun nome propio: Rana perezi, Vipera seoanei).
  • OmegaWiki: Proxecto en fase de probas de Wiktionary con interface multilingüe seleccionable (seleccionable) e estruturado como tesauro. Albérgase en http://www.omegawiki.org
  • páxina: Cada un dos documentos HTML que no Galizionario se aplican a unha forma determinada en calquera lingua.
  • palabra: Aínda que hai moitas definicións de palabra e moitos subtipos (palabra gráfica, palabra gramatical, palabra léxica, etc.), no Galizionario úsase principalmente como sinónimo de forma.
  • redirección: Sistema e técnica que envía directamente a outra páxina do Galizionario, así como a páxina mesma onde se aplica. Normalmente pasan inadvertidas agás pola marca "(Redirixido dende AAA)" que aparece na parte superior da páxina e debaixo do seu título. No Galizionario úsanse moito para enviar as palabras en maiúscula inicial á súa correspondente minúscula (v. por exemplo Galego).
  • remisión: Referencia nunha lingua á súa tradución
  • sección: Cada unha das divisións dunha páxina que aparecen na táboa de contidos.
  • sinónimo: Palabras que teñen o mesmo significado. É un debate inconcluso se existen sinónimos exactos e en tódolos contextos, pero no Galizionario usámolo no seu senso amplo, para palabras que teñen significados moi semellantes (relacionables nun Tesauro como hiperónimos e hipónimos maioritariamente do mesmo grupo de palabras).
  • táboa de contidos (table of contents): Índice xerado automaticamente dunha páxina, por defecto antes da primeira sección. Pódese forzar a súa aparición (só unha vez) co código __TOC__ ou evitar que apareza usando __NOTOC__
  • tesauro: Dicionario estruturado semáticamente, onde as formas están localizables polo seu significado.
  • verbete: v. forma.