medida: Diferenzas entre revisións

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Cambiada Category:Pendente categoría
Liña 9: Liña 9:
:'''Na m. das''' ('''miñas túas''',...) '''posibilidades''' ou '''na m. do posible.''' ''loc. adv.'' Expresión que indica que se vai chegar ó límite que se poida.
:'''Na m. das''' ('''miñas túas''',...) '''posibilidades''' ou '''na m. do posible.''' ''loc. adv.'' Expresión que indica que se vai chegar ó límite que se poida.


[[Category:Pendente categoría]]
[[Category:PendenteCategoría]]


[[en:Measure]]
[[en:Measure]]

Revisión como estaba o 12 de outubro de 2006 ás 20:04

medida s.f.

  1. Acción e efecto de medir. Tomáronlle as medidas para facer un traxe.
  2. Unidade que se toma como referencia para determinar as dimensións dun corpo. O metro é unha unidade de medida.
  3. Dimensións dun corpo, que se coñecen ó medilas. Fun ó xastre a toma-las medidas para o traxe.
  4. Obxecto cunhas dimensións ou capacidade determinada e fixada, que se usa para medir, polo xeral volumes. Para facer un bó arroz, bótanse dúas medidas de auga por unha de arroz.
  5. Acción destinada a previr ou resolver algo. Os dous irmáns levábanse tan mal, que o pai tivo que tomar medidas.
A m. que. loc. conx. Expresión que indica avance ou movemento cara a diante.
Na m. das (miñas túas,...) posibilidades ou na m. do posible. loc. adv. Expresión que indica que se vai chegar ó límite que se poida.