Conversa usuario:Furagaitas/2010

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

NON EDITES ESTA PÁXINA
Aquí están están recollidas parte das conversas antigas de Furagaitas. Para deixarlle unha mensaxe nova faino aquí


Boas![editar]

Furagaitas dixo: [...] Oe, non sei se usaches o modelo {{verboingles}} adrede en threaten; só por se non o sabías e o prefires, tamén temos o modelo {{verboingles2}}. [...] 16:58, 30 decembro 2009 (UTC)

A verdade é que non reparara niso, e de feito acabei facendo ligazóns porque me sabía mal que quedasen as formas en vermello XD. Corrixido.

Furagaitas dixo: [...] a ver se sabes como podemos facer [que unha cabeceira dun nivel concreto teña asignado un deseño de antemán, sen necesidade de aplicarllo a parte...] 16:58, 30 decembro 2009 (UTC)

Sería cuestión de ter acceso ás follas de estilo do wiki, e descoñezo quen ten ditos privilexios. Pode que os burócratas ou os administradores poidan facelo, en cuxo caso habería que pedirlle a un que o faga unha vez acadado un consenso entre os usuarios. Cómpre consultar os usuarios da Wikipedia como é que se fai, seguro que os administradores están ao tanto.

Furagaitas dixo: [...] ¿sabes a quen lle poderiamos pedir uns espazos de nomes "Portal" e "Apéndice"? [...] 16:58, 30 decembro 2009 (UTC)

Iso tamén ha ser cousa deles, disto estou máis seguro. Pero non sei se se chegará a un acordo ao respecto. Podería dicirse que este proxecto non está aínda maduro abondo para os portais, e o dos apéndices imaxino que é coma os anexos, que coido que se decidiu non crear na Galipedia. Aínda así, pode que a súa creación no Galicionario si que teña sentido, posto que os artigos que non son de palabras non teñen cabida salvo que estean nalgún espazo. Sería cousa de falalo. En todo caso, o mellor segue sendo que preguntes por estas cuestións na Galipedia (déixote iso a ti :)).
Espero que che fose de axuda. Feliz ano! --GallaecioE logo? 18:02, 1 xaneiro 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Grazas pola atención. Ás veces emociónome e penso que se pode sacar o Galizionario da fochanca; pero vólvome a dar conta de que iso non é posible sen unha comunidade máis ou menos ampla e estable. Desisto novamente de propor cambios. E á Galipedia prefiro non levar cuestións do Galizionario; polo menos non a espazos comúns.
Por certo, eu para que non se reinicie a numeración das acepción ó intercalar exemplos, teño usado " #*{{exemplo}} ".
Veña, grazas de novo, e bo traballo. 00:31, 2 xaneiro 2010 (UTC)


Aniversario[editar]

Furagaitas dixo: Ola Elvire. Segundo acabo de ver, hoxe fai 2 anos da túa primeira colaboración co Galizionario. Quería felicitarte por este aniversario e agradecerche o tempo que lle tes adicado a este proxecto, así como a compaña que me fixeches e o apoio que me deches. Que teñas un bo 2010. 15:34, 30 decembro 2009 (UTC)

Feliz aninovo 2010 para ti e para a xente que amas Furagaitas. A túa mensaxe fíxome gran pracer. Eu alegrome moito da colaboración que temos e agradezcoche moito a calidade dos teus aportes (linguisticos e technicos - modelos etc). Tamén teño que darche gracias pola paciencia que tes comigo a causa das miñas fallas. O importante Furagaitas non é que todos usuarios concordemos en todo, o importante e o respeto, a sinceridade e a confianza mutuas, valorar o dialogo etc etc. E isto penso que o compartimos.
Non damos logrado unha comunidade suficiente e estable para tomar decisións importantes. Temos a sorte da volta dun administrador. Non obstante eu penso que cando temos un consenso cos que colboran de xeito regular e que se comprometen (Norrim strange, Gallaecio, Xoán Carlos Fraga e algúns maís que ainda que sexa por temporadas comprometeronse co Galizionario), pois podemos coller algunhas decisións. Ainda que non achegamos a unha comunidade suficiente eu penso co Galizionario ten porvenir e que ainda podemos seguir traballando nil, en cantidade e en calidade.
Eu non me desanimo. A fines de novembro e boa parte de decembro tiven moitos problemas para aceder a internet, hasta quedei 15 días sen poder conectarme. Pero conto seguir como antes nos proxectos wiki.
Animate Furagaitas ! eu xa atopei en webs en francés ligazóns o wikidicionario en galego ! e ainda que non se vexa eu aprendo traballando aquí.
Saúdos Furagaitas, con toda a ledicia para continuar colaborando Elvire 17:09, 2 xaneiro 2010 (UTC)


Actualización do modelo {{sem}}[editar]

Furagaitas dixo: Ola! Pódeslle botar unha ollada isto?: Actualización do modelo 'sem'. Grazas. Feliz ano. 01:16, 30 decembro 2009 (UTC)

  • Ola. Non sabía moi ben o que había que copiar, e optei por desprotexer o modelo "sem" por un día; se che fai falla máis tempo, deixa un aviso. Non ando moito polo galizionario, pero cadrou que entrei (sempre estaremos, máis ou menos tempo, pero habemos estar). Feliz 2010, Furagaitas, e que sexa un ano bon para os proxectos wiki en galego. --Xoán Carlos Fraga 21:20, 2 xaneiro 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Graciñas; o modelo xa queda actualizado. Se queres podes volver a bloquealo. 00:44, 4 xaneiro 2010 (UTC)


A ver se podes actualizar a axuda...[editar]

...na parte das traducións co que propuxeches (ninguén se opuxo). --GallaecioE logo? 18:53, 7 xaneiro 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Boas. Xa actualicei a axuda. Se ves que lle falta ou sobra algo dimo.
Quería facer unhas consideracións acerca do modelo {{-indef-}}. A primeira é que creo que confundiches adxetivo abstracto con adxectivo indefinido. Os indefinidos indican número ou cantidade imprecisa (calquera, ningún, bastante). Por outro lado, estas mesmas palabras ás veces actúan como pronomes indefinidos ou adverbios; habería que estudar se usar esta mesma cabeceira ou crear outra nova.
Sobre o modelo {{-substn-}} que usaches por exemplo en instrumentista, normalmente dise que estas palabras son de xénero común ou invariable, non neutro. Novamente teremos que decidir como encabezar entradas con xénero común (o/a instrumentista, atleta,...), ambiguo (fin), ¿epiceno (a pantera macho/femia)?, incluso os heterónimos (home/muller). ¿Algunha idea? 18:17, 10 xaneiro 2010 (UTC)
Grazas por actualizalo ^^.
Respecto ao dos indefinidos, realmente fóiseme a cabeza, non reparei no que significaba ata que mo dixeches :S Pero en xeral, tanto para o caso este como para o dos substantivos de xénero común, etc. imaxino que haberá que facer modelos para cada caso. De todas formas, quizais antes de facer os modelos compra pensar no futuro estilo e como van encaixar eses modelos no estilo. O digo máis que nada porque se ben estiven usando os modelos para substantivos masculinos e femininos, non se discutiu aínda a posibilidade de que iso se expoña noutro lugar e, por exemplo, que a cabeceira sexa substantivo en todos os casos. De primeiras podemos simplemente facer modelos para cada caso. Ti como o ves? (nota: podes contestarme aquí que teño a páxina controlada por RSS) ─ GallaecioE logo? 19:32, 10 xaneiro 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Para os indefinidos penso que o mellor será cambiar o modelo {{-indef-}} por outro específico para adxectivos indefinidos (p.ex. {{-indef-}} ou {{-adxind-}}) o outro para pronomes indefinidos (p.ex. {{-indef-}} ou {{-pronind-}}).
Para os substantivos supoño (non o teño claro de todo) que a mellor solución (polo menos para saír do paso) será usar só a cabeceira con xénero cando esa acepción só poida ter un xénero (o galego (lingua), a pantera (macho/femia),...), incluídos os heterónimos. Para o xénero ambiguo si se podería crear unha cabeceira {{-substa-}}, pero teño medo que dea lugar a malos entendidos. No resto dos casos usaríase a correspondente flexión de xénero e número ({{varxn}} ou {{cvarxn}}). Outras solucións poderían ser indicalo a carón do lema ({{PAGENAME}}), en Observacións, crear caixas de flexión especiais,...
¿Que che parecen estas solucións, aínda que só sexa provisionalmente? 20:39, 10 xaneiro 2010 (UTC)
Gústanme. Teño que botarlle unha ollada xeral á axuda actual para ver se se poden clarificar as cousas, pero podemos ir creando xa os modelos. Eu deixaría o "indef" como está, o erro foi meu, creo que está aínda máis claro o seu cometido do que estaría como "adxind", porque os adxectivos estes son os que algúns chamaban "determinantes outrora", ou "adxectivos determinativos", e xeralmente aos adxectivos indefinidos se lles chama directamente "indefinidos". O resto dos modelos que propuxeches parécenme boa idea. A ver se esta semana teño algo de tempo (mañá dan comezo as clases :S), un saúdo! ─ GallaecioE logo? 21:07, 10 xaneiro 2010 (UTC)
Vou crear o modelo Modelo:-substa- para os substantivos de xénero ambiguo agora mesmo. De acordo co que me escribiches, creo que con este polo de agora abonda :) Un saúdo! ─ GallaecioE logo? 19:05, 15 xaneiro 2010 (UTC)


chapeu vs chapeo[editar]

Furagaitas dixo: Boas. Ei, noraboa polos arquivos de son que conseguiches. Unha cousiña: a forma normativa é chapeu (que é o que parece que di na gravación), non chapeo. Coméntocho por se o queres cambiar. Por outro lado, grazas por encargarte das cuestións de Axuda e Políticas, un tema no que se ten traballado pouco e que facía moita falta. 20:11, 21 xaneiro 2010 (UTC)

Manda c*r*ll*. Mira que eu xa pensara que «chapeu» era correcto, e que a nena o dicía, e que os que se encargaron da gravación son tradutores, digamos, profesionais... Pero tras comprobalo no DRAG, decidín poñer chapeo. E efectivamente, como dixeches, na normativa do 2003 o válido é chapeu (onde todo apuntava menos o DRAG vello). Creo que vou deixar de consultar estas cuestións no DRAG, e facelo só no VolGa... Gracias por avisar, cámbioo agora mesmiño :) Respecto ao da Axuda, vou moi a modo, pero é algo necesario. A ver se nunhas vacacións lle meto man máis en serio de novo. Un saúdo! ─ GallaecioE logo? 21:36, 21 xaneiro 2010 (UTC)


Einstenio / Einsteinio[editar]

ola, Furagaitas; deixeiche unha mensaxe na galipedia. Un saúdo. --Estevoaei 19:11, 25 xaneiro 2010 (UTC)


vandalismo[editar]

Furagaitas dixo: Boas Pedro. Oe, ¿andaches a facer cambios na túa páxina de usuario do Galizionario? Se non é así, bótalle unha ollada. 20:58, 28 xaneiro 2010 (UTC)

Grazas polo aviso. Efectivamente, o baleirado da miña páxina foi unha "graza" dun anónimo que debía estar aburrido e só se lle ocorreu isto para entreterse. Xa está desfeita. Un saúdo, Pedro --Lameiro 23:23, 28 xaneiro 2010 (UTC)


Modelos de lingua[editar]

Furagaitas dixo: Boas Norrin. Oe, se non che importa, cando incorpores novas linguas a {{nomelingua}}, incorpóraas tamén a {{nomelingua2}}. Este segundo modelo úsase no modelo {{orixe}} para interpretar adxectivos como "latino", "inglesas",... Un saúdo. 21:36, 30 xaneiro 2010 (UTC)

De acordo. --Norrin strange 10:30, 31 xaneiro 2010 (UTC)


Caixa de contribucións[editar]

Furagaitas dixo: Ola, boas. ¿Que che parece se enchemos isto con isto? É unha mensaxe do sistema, que existe na Galipedia, pero que non se chegou a traducir no Galizionario. Pode aforrarnos traballo á hora de seguirlle a pista a outros usuarios (especialmente ós descoñecidos). Coméntocho a ti porque só un administrador o pode facer. Un saúdo. 16:49, 29 xaneiro 2010 (UTC)

Ola, Furagaitas, tentei facer a túa proposta. Comproba se era así como había que facelo. E nada, por aquí seguimos. Un saúdo. --Xoán Carlos Fraga 16:08, 3 febreiro 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Moitas grazas. Hai un pequeno erro: habería que cambiar as tres veces que aparece a palabra "wikipedia" por "wiktionary". Desculpa, non me dei conta antes. Un saúdo. 17:41, 3 febreiro 2010 (UTC)
Ola de novo. Xa puxen "wiktionary", claro que era verdade, pois mira como estaba que nin me daba conta. Traballar en equipo ten que ter as súas vantaxes. Máis nada, para calquera cousa deixas aviso e procuro arranxalo. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 20:57, 3 febreiro 2010 (UTC)


RE: Cabeceiros[editar]

Furagaitas dixo: Ola! Quería modificar xa os modelos das cabeceiras de lingua, pero non sei se facer que sexan seccións editables. Creo que ti probaras e desistiches... ¿Que me podes contar? Un saúdo. 18:21, 3 febreiro 2010 (UTC)

O problema que atopei era que, ao ser un modelo, cando quitabas o de
__NOEDITSECTION__
, as seccións non se convertían en editábeis, senón que se premías en "editar" ías a editar o modelo, non a sección. Seica lle podes preguntar a Gallaecio, el sabe bastante de informatica. E creo que na Galipedia, Banjo tamén. Eu a verdade non faría as seccións editábeis, aínda que ollarei noutros wiktionaries. --Norrin strange 11:35, 4 febreiro 2010 (UTC)


Grazas[editar]

Só quero que quede claro que vou manexándome cada vez mellor no Galicionario (a modo, iso si) grazas ás túas correccións dos artigos que edito :) Grazas por todo! ─ GallaecioE logo? 11:11, 13 febreiro 2010 (UTC)


Latín vulgar[editar]

Desfixen as edicións porque dixo Norrin strange que é o mesmo que o latín clásico. De todos xeitos, de latín non teño nin idea. ─ GallaecioE logo? 16:35, 13 febreiro 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Íache escribir antes para comentarche os cambios pero hoxe ando algo ocupado. O latín vulgar digamos que é unha modalidade de latín (como o galego fisterrán o pode ser do galego). Os cambios que fixen consisten en pendurar as categorías "...latín vulgar" das categorías "...latín" (así Categoría:Entradas derivadas do latín vulgar pertence a Categoría:Entradas derivadas do latín). O mesmo fan, por exempo, na edición electrónica do DRAE (en CD). Como non existe código de lingua para o latín vulgar, non podemos agregalo a {{nomelingua}}, senón que hai que usar o nome completo (latín vulgar) de cada vez. O mesmo se podería facer co nome científico na sección traducións ( {{T:|nome científico}} ).
Con respecto ó que me dixeches na mensaxe anterior, non hai por que dar as grazas. Somos un equipo. Só espero que a ninguén lle pareza mal que ande a corrixir o traballo dos máis. Tes feito un traballo estupendo no Galizionario, e creo que no futuro será aínda mellor. Ánimo e noraboa. 20:47, 13 febreiro 2010 (UTC)


Privilexios a usuarios autoconfirmados[editar]

Furagaitas dixo: Boas Carlos. Tiña unhas tarefas para un administrador, a ver se te podes encargar ti:

{{lingua|[[galego|Galego]]}}
<includeonly>[[Categoría:Galego]]</includeonly><noinclude>[[Categoría:Wiktionary:Modelos para o galego]]
[[Categoría:Wiktionary:Modelos de sección de lingua|gl]]
[[an:Plantilla:-gl-]]
[[ast:Plantía:-gl-]]
[[da:Skabelon:-gl-]]
[[es:Plantilla:GL-ES]]
[[eu:Txantiloi:-gl-]]
[[it:Template:-gl-]]
[[oc:Modèl:=gl=]]
[[ru:Шаблон:-gl-]]</noinclude>

Graciñas. Se non estás de acordo con algún dos cambios dimo. Ata loguiño. 01:39, 25 febreiro 2010 (UTC)

  • Ola Furagaitas, estiven facendo algunha tarefa que me indicache, mais non sei como cambiar os privilexios a usuarios autoconfirmados. Se mo indicas, non hai problema na mudanza. --Xoán Carlos Fraga 22:45, 25 febreiro 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Pois non che sei como se fai. É unha opción que debedes ter os administradores. Refírome a bloquear as páxinas que mencionei para que só as poidan editar os usuarios autoconfirmados (que me parece que son os que levan máis de catro días rexistrados). 23:08, 25 febreiro 2010 (UTC)
  • Pois os modelos quedan autoconfirmados. Era na pestana "protexer", é que non me lembraba, penso que só o fixera unha vez. Pois espero que quedara ben. Pois mais nada, cando teñas traballiños así tan pequerrechos, non hai problema en amañalos. Saúdos e saúde.--Xoán Carlos Fraga 23:15, 25 febreiro 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Moitas grazas!! 23:22, 25 febreiro 2010 (UTC)


africáner / afrikaans[editar]

Que che parece se mudamos nos modelos, categorías e cabeceiras de lingua "afrikaans" por "africáner", que semella unha forma máis galega e que ven no Ir Indo? Alí, por certo, afrikaans aparece como incorrecta [1]. É traballo, pero penso que é mellor ter as cousas ben. --Norrin strange 22:31, 26 febreiro 2010 (UTC)

  • Ola, perdoade por ser tan curioso e meterme na conversa. A verdade é que o VOLGA recolle africáner e afrikaans non vén, polo que africáner é o correcto en lingua galega. Xa movín as entradas na galipedia e no galizionario; os modelos e categorías quedan para vós, máis expertos no tema. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 22:37, 26 febreiro 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Boas! Feito, xa pouco queda como afrikaans. O certo é que xa reparara nisto, pero ó ter referencias que avalan afrikaans como nome da lingua non quería ser demasiado purista, máxime cando afectaba a categorías e modelos. Agora falta por recategorizar as páxinas de Toponimia en afrikaans en Toponimia en africáner, pero antes quería saber a opinión do resto: estaba pensando en modificar as cabeceiras de topónimos para poder categorizar as páxinas a través delas (engadindo código de lingua. P.ex.: {{-topon-|fr}}). Como temos dúas cabeceiras ({{-topon-}} e {{topon}}) unha categorizaría e a outra non, segundo a necesidade (por exempo, as que xa estean en Toponimia de Galicia (a través de {{sem}}) non teñen por que estar en Toponimia / Toponimia en galego).
Por outro lado, e casualmente, mentres modificaba as cabeceiras de lingua atopei algún outro nome de lingua que conviría cambiar (incluíndo categorías,...); son os seguintes:
  • ak: akán > akan
  • frp: arpitano > francoprovenzal
  • ruo: istrio-romanés > istrorromanés
  • xcb: cúmbrico > cimbro
  • syc: siríaco (¿non ten outro nome?)
¿Que che parecen estas propostas? 02:52, 27 febreiro 2010 (UTC)
    • Ben, creo que co que di Xoán Carlos o debate de africáner / afrikaans queda resolto a favor da primeira forma. Sobre o resto:
ak: akán > akan --- A verdade é que si, so atopo "akan".
frp: arpitano > francoprovenzal --- Son sinónimos, aínda que eu prefiro "arpitano" porque lle da exclusividade á lingua. O nome "francoprovenzal" semella expresar que é unha mestura das linguas francas (oil) e da lingua provenzal (oc), cando é unha lingua de seu.
ruo: istrio-romanés > istrorromanés --- Non sei como vai a normativa cos nomes compostos.
xcb: cúmbrico > cimbro --- No Volga aparece cimbro como pertencente á Cimbria (Dinamarca), cúmbrico é pertencente a Cumbria, hoxendía en Inglaterra.
syc: siríaco (¿non ten outro nome?) --- Non. Hai outras linguas do conxunto siríaco, pero os seus nomes e códigos son outros. Siríaco (syc) refírese ao siríaco clásico, o conxunto moderno de "linguas siríacas" englóbase no código ISO 2 (para grupos de linguas) syr. --Norrin strange 11:30, 27 febreiro 2010 (UTC)
      • Outra cousa: non esotu moi de acordo co troco de "francés cadián" por "francés de Louisiana". Ethnologue clasifica polo código frc ao "Acadian, Cadien, Cajan, Cajun, Français Acadien" . Isto é, ao francés de Acadia, ou francés cadián (sobre os cadiáns). --80.58.205.55 11:49, 27 febreiro 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Velaquí as miñas razóns:
  • cúmbrico / cimbro: guieime polo Digalego, que relaciona a antiga lingua de Cumbria coa dos cimbri. Pero polo que lin na Wikipedia inglesa, é unha interpretación errónea
  • istrio-romanés / istrorromanés: non me baso na normativa, senón nas fontes. Non sei se tes algunha referencia de istrio-romanés, pero no Digalego ven como istrorromanés.
  • arpitano / francoprovenzal: non encontrei a palabra arpitano nin en dicionarios en galego, nin en español, nin en portugués. En cambio, a palabra francoprovenzal aparece recolleita no VOLGa, ademais de ser o nome que se lle da a esa lingua no Ethnologue. O de "francoprovenzal semella expresar que é unha mestura das linguas francas (oil) e da lingua provenzal" semella unha interpretación persoal; cabería tamén pensar que o galego-portugués é unha mestura de galego e portugués.
  • O Ethnologue localiza a lingua frc no estado de Luisiana (cadien na Wikipedia), e di que descende do francés de Canadá (de Acadia)(acadien na Wikipedia). Non atopei un termo galego para denominar ningunha das dúas modalidades; tampouco o atopei no DRAG. En dicionarios portugueses acadiano fai referencia a Acadia, polo que non nos valería. Nas wikipedias vese moito cajun/cajún, tomado do inglés, pero novamente non temos referencias fóra da Wikipedia. Polo tanto pareceume boa solución a de Francés de Luisiana, pero tamén barallei a opción Cajun/Francés cajun.
03:44, 1 marzo 2010 (UTC)

Entón, polo de agora a cousa queda:

  • ak: akán > akan Queda a segunda forma.
  • xcb: cúmbrico > cimbro Quedamos con cúmbrico.
  • syc: siríaco
  • En canto ao demais. Acordo co troco "istrio-romanés" por "istrorromanés", en realidade o problema non é a denominación senón a grafía, e se a segunda ten referencias, pois adiante. en canto ao de "francoprovenzal / arpitano", pode ser interesante que lle botes unha ollada a isto, que menciona a tese da "mestura" que che dixen. Porén, se tes moitos reparos, trocámolo e listos, por certo que en Ethnologue "Arpitan" aparece como un nome alternativo.
  • En canto ao francés cadián: o que eu fixen foi adaptar (penso que con certa lóxica) o termo Français cadien do francés, porque tampouco pódese pretender que estean tódolos nomes das linguas do mundo en galego, algunha adaptación haberá que facer. O de francés de Luisiana.... e que ese é un nome con moi pouco uso (31 000), os dous empregados son "Cajun French" (180 000 resultados en Google) e "Français cadien" (264 000 resultados). O máis lóxico será adaptar un destes nomes, e o que máis uso ten e o segundo, que ademáis é máis doado de adaptar. --Norrin strange 11:48, 1 marzo 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Ola Norrin. Sobre o tema dos nomes de lingua:
  • Non quero facerme pesado, simplemente pretendo que da nosa inventiva saia o menos posible. No caso de arpitano / francoprovenzal entendo que hai no galego (enténdase que se documanta) o segundo dos nomes desa lingua, mentres a primeira apenas se documenta tanto no galego como noutras linguas próximas. Non é un antollo persoal, non lle quero dar máis voltas. Se pensas que está máis correcto como arpitano deixámolo estar.
  • A forma francés de Luisiana pareceume a máis intelixible (ademais parece que ten certo uso noutras linguas). Non me parece moi lóxico que inventemos un cadián. Se non che gusta a miña primeira alternativa, ¿que che parece se o poñemos como (Francés) cadien ou (Francés) cajun?
17:37, 4 marzo 2010 (UTC)


Tarefas pendentes e demais[editar]

Furagaitas dixo: Boas Gallaecio. Por se non a coñeces, preséntoche a páxina de Tarefas pendentes; estaría ben darlle un pouco de vida e actualizala cos temas nos que andas a traballar (estilo, políticas,...). Á primeira vista pareceume ver unha páxina que quizá estea duplicada (Wiktionary:Guía de estilo / Axuda:Libro de estilo). ¿Impórtache botarlle unha ollada? Igual hai temas que xa se poden tirar da lista e outros a incluír...
Por outro lado, unha pequena anotación. Vexo que estás creando artigos que poden ser considerados participios (esfolado, afumado,...). Só quería dicirche que teñas coidado, xa que algún pode ser unha forma flexionada do verbo.
Un saúdo. 17:23, 4 marzo 2010 (UTC)

Boas!
Pois non coñecía a páxina de tarefas pendentes. A ver se lle boto man cando me poña a traballar coas páxinas de axuda. E tamén lle botarei unha ollada a Wiktionary:Guía de estilo.
Respecto ao dos participios/adxectivos, xa procurei que fosen adxectivos ademais de participios. O que non teño claro é como diferencialos cando o significado como participio e como adxectivo é similar. Por exemplo, pregúntome se os participios poden mudar, se ben creo que non. Procurarei ter coidado coas entradas deste tipo de todos xeitos. ─ GallaecioE logo? 18:17, 4 marzo 2010 (UTC)


Ligazón externa[editar]

Furagaitas dixo: Ola! Proba con isto:

*[http://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Xoán_Carlos_Fraga Eu na Galipedia]

ou con isto:

*[[w:Usuario:Xoán_Carlos_Fraga|Eu na Galipedia]]

23:05, 17 de abril de 2010 (UTC)


El link no funciona[editar]

Hola amigo meo, en la tuya pagina de usuario, no funciona mas el enlace "Palabras con memoria", no séc por qué. Ban diya! 'Sta logo! --82.238.78.177 06:07, 28 de maio de 2010 (UTC)

Moitas grazas. Xa está arranxado. [ Furagaitas * ] 11:07, 28 de maio de 2010 (UTC)


Femininos[editar]

Furagaitas dixo: Ben, polo que vin xa deches resolto o problema da categorización das entradas. Ás veces pode tardar en aparecer (ou desaparecer) unha entrada dunha categoría (incluso o contador de artigos pode marcar de menos); son pormenores da actualización do sistema, pero antes ou despois aparecerán.
Na páxina sokna cambiei {{refcategoria|sokna}} por {{refcategoria|sokna}} ({{refcategoria}} require o nome de lingua en maiúscula).
Polo demais, vexo que soubeches dar co modelo de artigo básico (bodega, semana, tella, venres,... son bos exemplos). Como ves de traballar noutro proxecto non vou entrar no dos Piares Básicos (política sobre dereitos de autor, traballos orixinais,...). Aquí podes atopar máis información sobre como funciona o Galizionario.
Ultimamente non apararecen con moita frecuencia, pero son colaboradores habituais Xoán Carlos Fraga (o único administrador máis ou menos activo que temos), Elvire, Gallaecio e Norrin strange. De seguro que calquera deles, igual que min, non tería inconveniente en botar unha man se o precisas. Entre os ausentes cabe mencionar a Sobreira, Prevert, Aricum e Rabalde.
Máis nada. Se precisas axuda sobre algún tema concreto ou se queres saber en que podes colaborar, pregunta sen problema. Un cordial saúdo. 17:16, 31 de maio de 2010 (UTC)

Grazas pola túa axuda, así para empezar teño unha pregunta, como resolvedes as formas femininas, así rapaza, que aparece nunha das palabras sokna que fixen, non sei se crear a entrada ou remitila a rapaz onde xa aparece a forma feminina.--Kamakic 18:20, 31 de maio de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Pois o máis correcto, conforme a como se ven traballando no Galizionario, sería remitila a rapaz. Fixen cambios en temuzzeet e en rapaz, a ver que che parece como resolvín o caso. 18:40, 31 de maio de 2010 (UTC)


Cousas[editar]

Furagaitas dixo: Boas meu. Xa deixei a miña opinión sobre o caso patumeira na páxina de conversa. A verdade é que nunca me decidín a arranxar ese tema porque non sei cal é a mellor solución, e ademais por que me parece un traballo (aínda que necesario) pouco rendible. Toda idea é benvida.
Despois, sobre as túas últimas contribucións, unhas meras reflexións:

Quede claro que non son críticas, senón dúbidas existenciais que quería compartir.
Aproveitando, avánzoche algunha cousa que teño entre mans:

  • Xa solicitei en Bugzilla a creación do espazo de nomes Apéndice. Espero que nos próximos días teñamos novas ó respecto.
  • Estiven intentando crear caixas despregables con NavFrame (toccolours collapsible dábame problemas de colocación) para usar con traducións, conxugacións,... Descubrín que a falta de bordes era debida a que non ten estilo definido en Common.css, pero falta un detalle, a ver se ti sabes a que é debido: o botón de amosar / agochar aparece pegado ó título da caixa, en vez de aparecer á dereita.

Máis nada, non te quero agoniar. Como sempre, é un pracer verte por aquí. Un saúdo. 00:17, 28 de xuño de 2010 (UTC)

Paréceme ben o que propós para patumeira ─xa che contestei alí tamén ao respecto─.
Sobre o uso de {{sem}}, realmente creo que lle dá ao wiktionary un potencial que os dicionarios normais non teñen. Eu por exemplo utilízoo, como no caso de papallona, para indicar o contexto dos distintos significados, para o que creo que resulta moi útil. Pero é que ademais o de clasificar as palabras pola súa semántica paréceme algo marabilloso. Ou sexa, que realmente creo que o seu uso no wiktionary é unha vantaxe que os dicionarios “normais” (xa sexan dixitais ou de papel) non poden ou non saben aproveitar. Pero isto non deixa de ser unha opinión persoal, conste.
Respecto ás etimoloxías de palabras que veñen dunha palabra da mesma lingua, creo que a etimoloxía de por si fai falla ─con esto quero dicir que, no artigo, cómpre indicar que a palabra mamporrero ven da palabra tamén castelá mamporro─. Agora, respecto da categoría, xa non estou tan seguro. Quero dicir que, pode que si que estea de máis a categoría ─pódese considerar que, “por defecto”, unha palabra ven dunha da súa mesma lingua─, pero dada a facilidade para facer esta clasificación ─{{orixe|es|es}} son poucos máis caracteres que «castelán»─, non vexo inconveniente en facelo. Pode que alguén lle atope utilidade un día.
E por último, o do botón de amosar/agochar, necesitaría ver en acción o problema. Podes facerche unha páxina baixo a túa páxina persoal cos cambios aplicados?
E coido que máis nada, un pracer falar contigo. O traballo que estás facendo co proxecto é impresionante. Pásome a meter un par de palabras “raras” que tiña apuntadas para meter algún día, e atópome todo ligazóns azuis :) ─ GallaecioE logo? 14:18, 28 de xuño de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: No tocante ó {{sem}} referíame a que moitas veces podemos categorizar por campo semántico ó xeito tradicional (é dicir, de xeito non explícito), e en cambio facémolo co {{sem}}. Por exemplo: farfalla non é exclusivo da zooloxía. Non sei se entendes por onde vou.
Sobre o das entradas non normativas, persoalmente non teño intención buscarlle solución definitiva agora; supoño que cos modelos que che mencionei e coa etiqueta {{sem|Dialectal}} podemos saír do paso polo momento. Vou modificar patumeira, a ver que che parece.
En canto ó NavFrame, mira isto. Como podes ver o botón aparece pegado ó título, e co mesmo tamaño de letra. Se non lle atopamos solución posiblemente o comente en Bugzilla, aínda que quizá precise apoios. 15:14, 28 de xuño de 2010 (UTC)
Creo que xa entendo por onde vas co do modelo {{sem}}. Supoño que no caso de algo que estea en 10 campos semánticos, non ten sentido poñer os 10 co modelo, e sería preferible poñelos directamente como categorías. E creo que ter toda a razón. Procurarei utilizalo só para distinguir algunhas acepcións.
A solución de patumeira paréceme ben ─polo menos ata que apareza unha mellor─.
Respecto ao do amosar/agochar, supoño (tras ver isto) que hai que editar o Mediawiki:Common.css e xogar co NavToggle (eu non teño permisos). Proba o que hai aquí (busca «NavToggle»), parece que debería valer. ─ GallaecioE logo? 18:44, 29 de xuño de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Xa lle botei unha ollada ás páxinas que dixeches. Por casualidade atopei outro modelo en Meta que probablemente adapte ó Galizionario (creo que este non vai dar os problemas de colocación do {{1}}/{{2}}/{{3}} actual). Se vai ben con este, deixarei de momento o NavFrame para cando haxa máis xente (e ganas). Moitas grazas por todo. 17:22, 30 de xuño de 2010 (UTC)


Grazas por “darme o coñazo” :)[editar]

Furagaitas dixo: Ola Gallaecio. Corrixín algunha das túas últimas creacións, basicamente nestes puntos:

  • Varias traducións alemás que non atopei en dous dicionarios.
  • Nas etimoloxías, ligazóns a palabras flexionadas ou hipotéticas do latín. As entradas latinas lematízanse coa forma do nominativo masculino singular, e sen marcas de cantidade vocálica (aínda que non sexa iso o que se visualice na ligazón); nos outros wiktionaries creo que están lematizando os verbos pola primeira persoa singular do presente de indicativo.

Por outro lado, supoño que xa saberás por qué a cabeceira {{-conx-}} ten (tiña) o mesmo nivel que as categorías gramaticais: para non repetir a conxugación para cada función do verbo (transitivo, intransitivo,...). A min tampouco me convencía, pero non lle vexo outra mellor solución.
Póñote ó día: xa temos espazo de nomes Apéndice. Estou preparando unha proposta para mover os apéndices que temos para el. Cando a presente irá acompañada de dous modelos (basicamente para cambiar o deseño de dous existentes 1 2). Para máis adiante teño 3 ou 4 modelos máis en mente, entre eles o cadro de flexión verbal despregable.
Vin que creaches un Sabías que...; gustoume! Hai uns meses estiven recompilando "sabías-queses" da es.wiki pero deixeino aparcado. Vou subir a listaxe por se ti ou outro queredes retomalo.
Iso é todo. Sinto darche o coñazo sempre que apareces. Un saúdo! 01:20, 15 de xullo de 2010 (UTC)

En serio, agradécese, que de non editar con regularidade cando veño sempre teño medo de estar “escacharrando” algo e ti me aclaras o que :) Agora por puntos:
  • As traducións alemás estívenas sacando do DiGalego, pero polo que dis e dados os meus nulos coñecementos de alemán, mellor será que non engada esas traducións (mellor non poñer nada que poñelo mal).
  • As etimoloxías tamén as estiven consultando no DiGalego, e dado que está claro que non seguen os criterios dos wiktionaries, o mellor será que me aforre tamén as etimoloxías latinas ─coido ademais que xa é (polo menos) a segunda vez que me comentas e corrixes neste aspecto─.
  • Xa deixei o modelo {{conx}} como estaba, aínda que habería que buscar unha mellor solución. De todas formas non teño moita experiencia escribindo artigos sobre verbos, así que non sabería moi ben como atacar o problema. Nos que teñen varias posibilidades (transitivo e intransitivo) quizais se podería indicar o modo de uso ao principio da definición, ou nunha subcategoría, pero certamente ningunha das solucións me convencen tampouco de todo.
  • Boa nova o dos apéndices.
  • Nin te imaxinas o que estou desexando os despregables eses :) (hai certas cousas que ocupan demasiado ─conxugacións, traducións, etc.─).
  • O do Sabías que..., lino nun artigo sobre videoxogos1 e pareceume interesante. Foi ver que o Sabías que do días faltaba e sentín que había que poñelo. O do esloveno descubrino ao buscar kot no Galicionario. En canto subas a listaxe “pega un toque” Vista!.
E coido que máis nada de momento. Vou botarlle unha ollada aos cambios para familiarizarme. Por certo, os sinónimos púxenos cada vez dunha forma distinta :S Algún método preferido para proceder? ─ GallaecioE logo? 12:01, 15 de xullo de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Ola ola. A ver se presento dunha vez as propostas das que che falei, pero a verdade é que levaba unha tempada bastante activo e estou algo desgastado, e ademais no verán non é cando máis colaboro.
O que me preguntas dos sinónimos non cho sei contestar. Véñenme á mente unhas 5 formas 1, 2, 3, 4, 5 de ligar o sinónimo á definición, pero non son defensor de ningunha en concreto. Como saberás, hai tempo andei a traballar nun modelo de artigo semantista, no que cada definición ía seguida dos seus sinónimos, traducións,... pero por varios motivos (o principal, o mal funcionamento dos cadros despregables) deixeino aparcado.
Bueno, vou ver se edito un pouco. 14:17, 15 de xullo de 2010 (UTC)


Adxectivos alemáns[editar]

Pensei que se che fora o santo ao ceo a ti, e foi a min :) Unha cousa, hai unha forma establecida para poñer o nome científico? Vin de poñer o modelo {{t^}} a funcionar con el, pero a verdade é que non sei se hai xa un modo (os que vin utilizan unha sección aparte, sen modelo). ─ GallaecioE logo? 16:03, 16 de xullo de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Eu poucas veces o usei. O tradicional era facer unha sección á parte; o de poñelo coas traducións é unha proposta recente que non me desagrada. Por certo, nome científico pódese abreviar en nc, como no {{T:}}. Vou adaptar o {{t^}}. 16:30, 16 de xullo de 2010 (UTC)
Esquéce o que escribín, estou probando e non o dou posto a andar. ─ GallaecioE logo? 16:43, 16 de xullo de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Estaba aproveitando para simplificar o modelo, pero non sei por qué non funcionou: nunha función #if estame interpretando a terceira variable de {{t^}} como unha cadea {{{3}}}. Vou investigar un pouco, e se non me sae déixoo como dis ti. [ Furagaitas * ] 16:56, 16 de xullo de 2010 (UTC)
Vale, de momento deixo gravada a forma complexa. Grava por riba en canto o teñas. ─ GallaecioE logo? 16:59, 16 de xullo de 2010 (UTC)


Dicionario fora de liña[editar]

Furagaitas dixo: Para consultar fóra de liña o Galizionario as únicas opcións que coñezo son ou gravar páxina a páxina nun disco (opción do navegador), ou ben imprimir páxina a páxina coa opción do menú da esquerda (a segunda comezando por abaixo). É dicir, é complicado ter todo o Galizionario fóra de liña. Ten en conta, de todas formas, que toda a información que se copie dun artigo do Wiktionary ou da Wikipedia para publicalo tanto dentro como fóra dos respectivos proxectos, debe facer alusión á súa orixe.
Espero que che valla toda esta información e que en breve nos deleites con grandes entradas. Un cordial saúdo. 23:14, 4 de agosto de 2010 (UTC)

Boas sobre o comentario que me fixeches: "Para consultar fóra de liña o Galizionario as únicas opcións que coñezo son ou gravar páxina a páxina nun disco (opción do navegador), ou ben imprimir páxina a páxina coa opción do menú da esquerda (a segunda comezando por abaixo). É dicir, é complicado ter todo o Galizionario fóra de liña."
A cuestión é reutilizar todo o traballo feito feito por todos, estou a pensar en que o día de mañá se poida pór o contido do galizionario no formato de dicionario DICT para usar co stardict por exemplo. Por outra banda, supoño que alguén ten copia de seguranza do galizinoario, non?.
Grazas! --damufo 18:33, 9 de agosto de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Non coñezo o StarDict, sinto non poderche axudar nisto; non sei se Gallaecio sabe algo ó respecto (anda metido en proxectos de software libre). Sobre o de ter unha copia de seguranza do Galizionario, os únicos que vexo posible que a puidesen ter son os que teñen utilizado un bot (Sobreira, Prevert, Aricum,...) pero hai moito tempo que non pasan por aquí, polo que aínda que a tivesen, seguramente estaría desactualizada. 20:22, 9 de agosto de 2010 (UTC)


promocionar e cuatrimestre[editar]

Furagaitas dixo: Boas compi. Non quería tocarlles sen saber a túa opinión / os teus motivos. A primeira recóllea o DRAE e a segunda non vén no VOLGa. Un saúdo. 16:51, 25 de agosto de 2010 (UTC)

O de “cuatrimestre” foi un erro (quería poñer castelán). O de promocionar non me parei a investigar, como non a atopei nun Castelán-Galego de Xerais asumín que non existía, pero se existe tócalle canto queiras :). Por certo, vaia traballo que estás levando. Xa rematastes as vacacións? ;) ─ GallaecioE logo? 16:56, 25 de agosto de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Acabei, acabei XD. É curioso que canto máis tempo libre teño, menos tempo teño para galizionariear XD. De todas formas, mentres non veña o frío a miña colaboración será máis inconstante do habitual.
Por certo, non sei se viches que fixen cambios no modelo {{Mai}}.
Boa tarde. 17:17, 25 de agosto de 2010 (UTC)
Xenial, con eses cambios podo empregar {{Gl|cuadrimestre}} en vez de {{t^|gl|cuadrimestre|Cuadrimestre}}. ─ GallaecioE logo? 17:25, 25 de agosto de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Exacto. Ese era o problema que pretendía resolver. Vexo que logo atopaches onde aplicalo :). Bueno, voume airear un pouco. Ata outra. 17:31, 25 de agosto de 2010 (UTC)


Fontes++[editar]

Atopei isto de casualidade, quizais que sirva: http://www.realacademiagalega.org/galicianvocabulary/FindByWord.doGallaecioE logo? 01:38, 14 de setembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Si, xa o teño usado en algunha ocasión, pero penso que é o mesmo vocabulario que o do VOLGa. Eu normalmente uso este último.
¿Coñeces o DDD? Non é normativo, pero para formas raras está ben. 10:45, 14 de setembro de 2010 (UTC)
Coñezo todos os que tes nas túas fontes para o galego :) Son os que uso (salvo algúns que non dou visto en Internet). ─ GallaecioE logo? 23:46, 20 de setembro de 2010 (UTC)


Graos dos adxectivos[editar]

Deberiamos crear cabeceiras para os adxectivos comparativos e os superlativos? ─ GallaecioE logo? 23:46, 20 de setembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Pois para o galego existen os modelos {{Grao.reg}} e {{Grao.esdr}} de vello, aínda sen uso, e que quizá precisen revisión. O certo é que nunca me parei moito con isto, pero sería interesante contar con cadros deste tipo, incluso cadros de aumentativos/diminutivos. 15:18, 21 de setembro de 2010 (UTC)
Home, está ben, pero non me refería a iso, refírome a cabeceiras, coma a de «substantivo feminino», etc. ─ GallaecioE logo? 10:23, 22 de setembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Pois si, dixeches cabeceira :). No VOLGa só atopei algunha forma irregular (paupérrimo), polo que en principio creo que o correcto sería que non tivesen entrada propia, e no caso de creala... pois supoño que coa cabeceira {{-adx-}} chegará abondo. Pero agora, así de sopetón... :) 10:57, 22 de setembro de 2010 (UTC)
Bueno, pois xa se verá. Pero hai varias: bo, mellor, malo, peor (e nunca se me deron ben as superlativas, pero habelas hainas). Mínimo dez grupos de adxectivos con graos irregulares ha haber. ─ GallaecioE logo? 11:02, 22 de setembro de 2010 (UTC)


30.000[editar]

Furagaitas dixo: Aproveitando... Estamos a nada das 30.000 entradas, supoño que antes do remate do mes chegaremos a elas. Gustaríame que crearas ti a que fai o número redondo; pedinlle permiso a Toliño para escribir un artigo sobre o asunto no Xornal da Galipedia, así que faime un 30.000 bonito! :) 10:57, 22 de setembro de 2010 (UTC)

Un carallo! A 30.000 fala ti, que es o que máis traballou!!! E xa que escribes o artigo no Xornal da Galipedia, quizá poderías mencionar o bo alternativa que pode ser o Galicionario galegos aos dicionarios en liña actuais. En Trasno estívose esta mañá a falar do Galicionario como alternativa a outros coma o DiGalego (que vai pasar a ser de pago) ou outros que están aínda en vellas normativas (1997). ─ GallaecioE logo? 11:02, 22 de setembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Ben. Irei pensando no artigo 30.000 e no artigo do Xornal. Tamén hai que actualizar o artigo w:Galizionario. Todas as ideas son benvidas. 11:26, 22 de setembro de 2010 (UTC)

Oe, sabes algunha forma de ver as estatísticas do Galicionario en tempo real? Porque as que liga a portada... nanai. Creo que vou editar en local xa e subir cando teñas a 30.000. E vou ver se escribo algo na entrada da Galipedia. ─ GallaecioE logo? 11:31, 22 de setembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Non che sei, pero gustaríame sabelo. Hai veces que o contador vai retrasado, outras veces adiantado. E penso que todas as páxinas que coñezo usan o mesmo valor. O que fago eu é esperar uns días ata que estabilice. Hoxe mireino ás 2:22 e tiña 29.944; uns minutos despois tiña 29.945, as mesma que agora mesmo, cando xa se crearon 3 entradas novas. 11:45, 22 de setembro de 2010 (UTC)
Pois nada, a agardar. ─ GallaecioE logo? 11:47, 22 de setembro de 2010 (UTC)
Vale, parece que vai por día, así que podo subir as que fixen onte e contar. ─ GallaecioE logo? 11:02, 23 de setembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Creei vinte entradas toponímicas para aproximarse un pouco máis. Saúdos. 18:12, 23 de setembro de 2010 (UTC)

Ale, o seguinte artigo será o número 30.000, así que pénsao ben :P ─ GallaecioE logo? 11:37, 26 de setembro de 2010 (UTC)
Gran elección :) ─ GallaecioE logo? 22:12, 26 de setembro de 2010 (UTC)


Modelo homo[editar]

Furagaitas dixo: Vin que fixeches probas no modelo {{homo2}}; a min gústame máis con comas, pero se a ti che gusta máis así déixao, que era como estaba antes de lle eu meter man. Saúdos. 18:12, 23 de setembro de 2010 (UTC)

A min tamén me gusta máis con comas, pero non tanto como me desgusta ver comas ao final en vez de puntos (ou nada). Podemos intentar unha adaptación ao modelo inglés, que se ben parece complicado de carallo (moito código, aínda creo que moitas repeticións tamén), o resultado paréceme bastante bo. Que dis? ─ GallaecioE logo? 11:20, 24 de setembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Foi a mellor alternativa que atopei a deixalo con espazos só. No Wiktionary en francés usan outra solución que non me gustou moito. ¿A que te refires con "modelo inglés"? ¿a apéndices? 14:58, 24 de setembro de 2010 (UTC)
Refírome a en:Template:also. Podemos importalo e adaptalo, aínda que o código parece un verdadeiro coñazo. De todos xeitos, se hai que adaptalo adáptase (podo facelo eu). ─ GallaecioE logo? 22:03, 24 de setembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Co also inglés teriamos o mesmo problema que co voir francés. O problema é que ámbolos dous amosan as ligazóns vermellas, cousa que o noso homo non fai. Se queremos seguir como se fixo ata agora, para evitar a coma ó final só se me ocorre unha cousa como esta, o que daría un modelo moi pesado. Como che pinta a cousa? 19:21, 28 de setembro de 2010 (UTC)
Pois se podemos separar a parte “pesada” noutro modelo (só para que o código sexa máis lexible), eu diría que adiante con esa alternativa. O que importa é que funcione. ─ GallaecioE logo? 15:51, 29 de setembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Ola. Xa teño repensado o modelo {{homo}}. A falta de probalo, este é o resultado (require estes cambios en homo2). Non o dei simplificado máis. Que me dis? Dámoslle? E xa postos, ¿que deseño que gusta máis? ¿este ou estoutro? 11:50, 21 de outubro de 2010 (UTC)

Xenial, gran traballo. Con respecto ao deseño, [2] (creo que é a actual) paréceme a máis elegante. ─ GallaecioE logo? 15:08, 21 de outubro de 2010 (UTC)


Xornal da Galipedia[editar]

Furagaitas dixo: Comentoume Toliño que non ten máis artigos que este para unha nova edición do Xornal. ¿Algunha idea desde Galilibros, Trasno, etc? Saúdos. 18:12, 23 de setembro de 2010 (UTC)

Dende Galilibros, xa hai tempo que non edito, e a miña intención a partires de agora é deixalo un pouco de lado (quizais con algunha edición puntual) para poñerme as pilas noutros proxectos que teño atrasados (a de vocabulario que teño apuntado para meter no Galicionario...).
Sobre Trasno, novas hai, pero no Xornal da Galipedia non creo que houbese que meter cousas específicas de Trasno. Si che podo dicir que dentro da comunidade de tradutores estívose comentando que ante a situación actual, en que «o mellor dicionario de galego que hai na rede» (O DiGalego) vai pasar a ser de pago, o Galicionario é unha importante alternativa, por non dicir a alternativa. O Galizionario é de contido libre, polo que os ideais que o moven son os mesmos que moven aos tradutores do proxecto. Así que estase intentando darlle pulo dende a rolda de correo de Trasno ao proxecto, a ver se máis trasnegos se suman á edición (de momento coido que somo só eu e máis “damufo”).
Se cadra podería escribirse unha nova sobre o “peche” do DiGalego, e se cadra comentar de pasada como a comunidade do software libre está decidida a apoiar e colaborar no Galicionario. Pero non che son moi dado a escribir artigos xornalísticos, así que non sei ata que punto iso pode dar para un. ─ GallaecioE logo? 11:28, 24 de setembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Eu tampouco non vexo moito de que falar no caso do DiGalego. Boa nova que en Trasno se interesen polo Galizionario. 14:58, 24 de setembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Xa está feito o artigo do Xornal da Galipedia. Bótalle unha ollada a ver que che parece. 10:51, 27 de setembro de 2010 (UTC)
Gustoume :) ─ GallaecioE logo? 15:56, 29 de setembro de 2010 (UTC)


Rolda de correo[editar]

Bótalle unha ollada e dime como o ves, que cambiarías, etc. :) ─ GallaecioE logo? 13:36, 11 de outubro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Eu véxoo ben, por min vale. 14:13, 11 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Por certo, avisa cando estea listo. 15:09, 11 de outubro de 2010 (UTC)
Está, xa podes rexistrar. ─ GallaecioE logo? 15:31, 11 de outubro de 2010 (UTC)


{{definicionimpropia}}[editar]

Furagaitas dixo: Seguro que hai moitos artigos afectados por eliminarlle o "*" a ese modelo. ¿Ocórreseche algún xeito de amañalo? 15:09, 11 de outubro de 2010 (UTC)

Esperaba que non (que polo menos usasen un *), pero estás no certo. Dado que non sei usar guións/scripts en Mediawiki (e non sei se me paga a pena aprendelo só para este uso), irei manualmente revisando. Vémonos o ano que ven! ;) ─ GallaecioE logo? 15:31, 11 de outubro de 2010 (UTC)
Arranxei os que non tiñan nin * nin #, e púxenlles #. ─ GallaecioE logo? 16:08, 11 de outubro de 2010 (UTC)


Títulos de locucións e expresións con partes variables[editar]

Bótalle unha ollada a «de ... a esta parte». Creo que a forma de presentar o artigo está máis ou menos ben, pero o título non estou seguro de se deixalo como está ou enfocalo doutro xeito. Pensei en alternativas como:

  • Poñer o «[noción de tempo]» en vez de o «...» no título directamente. Pero en caso de que a locución ou expresión puidese usarse con distintos contidos dando lugar a distintos significados (non teño exemplos a man, nin podo asegurar que existan) crearíamos entradas duplicadas inutilmente.
  • O mesmo ocorre co que utiliza o DRAG do 97, «(+ noción de tempo)».
  • Creado xa o artigo ocorréuseme «[...]» en vez de «...», que me parece a mellor alternativa nestes momentos, pero non o teño claro de todo.

En calquera caso, ideas? Opinións? ─ GallaecioE logo? 16:47, 11 de outubro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Bravo, compañeiro. Non só estás a crear unha morea de artigos novos senón que te atreves a remexer nos temas máis tediosos do Galizionario, na maioría dos cales xa remexera eu e desistira. Ben, vaiamos por partes:
  • 'de parte: eu prefiro de parte de, e se acaso xa se indicará dentro do artigo como se comporta cos pronomes persoais.
  • 'de ... a esta parte: é das tres que propós a que menos me gusta. O de usar corchetes gústame (é algo no que xa pensara eu). De todas formas, aínda que estarán categorizadas en Locucións posiblemente sexa boa idea crear unha categoría auxiliar oculta por se algún día descubrimos que a opción que escollemos («[noción de tempo]» ou «[...]», a que máis che guste a ti, que eu estou indeciso) non é a máis adecuada.
E por certo:
  • os corchetes ¿só cando o termo que varía está no interior da locución? ¿Ou tamén «de parte de [alguén]»?
  • ¿como se lematizaría «pola conta que [me/che/...] [ten/tiña/...]»? ¿«pola conta que [dativo do pronome persoal] [terceira persoa de ter]»?
21:42, 11 de outubro de 2010 (UTC)
Vexamos:
  • Sobre «de partede parte de», non me poño ao cambio. De feito, como dis é como adoita recollerse nos dicionarios. Pero si, habería que engadir unha {{-obs-}} ou similar para comentar iso.
  • Dado que ti estás entre A e B, e eu entre B e C, que sexa B, «de ... a esta parte → [[de [...] a esta parte]]». Non se pode crear un artigo con corchetes. A opción que usei tampouco me convence a min, así que se me ocorre substituír os corchetes por parénteses. Non estou seguro de todos xeitos.
  • Moi boa idea ─especialmente tras o visto no anterior punto─ o de engadirlles unha categoría oculta. É moi difícil ou é coma unha categoría normal?
  • En principio pensei en poñer os corchetes ─ou parénteses ou o que sexa─ só nas que o tivesen polo medio. Pero non me importa se llo engadimos a todas.
  • Respecto ao exemplo de «pola conta que [me/che/...] [ten/tiña/...]», eu persoalmente usaría «pola conta que [...] ter» ou «pola conta que [...]» no título, «pola conta que [dativo do pronome persoal] ter» no artigo, e unha observación sobre a flexión do verbo. En todo caso o «pola conta que [dativo do pronome persoal] [terceira persoa de ter]» dentro do artigo, pero no título prefiro que non se dean detalles, que non estea demasiado cargado.
Definitivamente o de non poder usar corchetes nos títulos é unha verdadeira ******. ─ GallaecioE logo? 18:37, 12 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Si que é mala sorte ho. O de pórlle parénteses non me gusta tanto, ademais pode dar a entender que o que falta é opcional. ¿Que che parece se o deixamos cos puntos suspensivos de momento? Se máis adiante aparece outra solución máis convincente terémolos categorizados. Para que unha categoría sexa oculta só hai que engadirlle __HIDDENCAT__; mira por exemplo esta.
En locucións nas que a parte variable non estea no interior (como en de parte de) inclínome por non facer referencia a dita parte no nome do artigo.
E para o caso «pola conta que [me/che/...] [ten/tiña/...]» outras opcións viables poderían ser «pola conta que ... ten» ou «pola conta que ten [a alguén]», indicando en Observacións o que vai no espazo baleiro e os tempos nos que pode ir o verbo.
11:49, 13 de outubro de 2010 (UTC)


Como podo inscribirme como usuario?[editar]

Prezado Furagaitas. Se es tan amábel, poderías indicarme cómo podo inscribirme como usuario? Xa o son da Galipedia, e non sei se iso tamén inclúe o Galizionario. De antemán, grazas. -- Xoio 91.117.35.139 19:49, 14 de outubro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Boas, benvido ó Galizionario. En referencia á mensaxe deixada por esta IP na miña páxina de conversa: se queres contribuír en todos os proxectos da Wikimedia (Galipedia, Galizionario,...) co mesmo nome de usuario recoméndoche que lle botes unha ollada a esta páxina, na que che explican como facelo. Para rexistrarte con outro nome de usuario (ou co mesmo, unha vez creado) vai á opción Rexistro da esquina superior dereita. Se che da problemas vólveme preguntar ou expono na Taberna.
Por certo, corrixín os artigos que creaches/editaches. Éme moi laborioso comentarche todos os cambios que fixen, polo que por favor, revisa os artigos que editaches ata agora para saber cales foron as cousas que corrixín. Se non entendes a que se deben os cambios ou non estás de acordo con eles, por favor coméntamo. Un cordial saúdo. 23:20, 15 de outubro de 2010 (UTC)


Agradezo a proposición pero...[editar]

Furagaitas dixo: Oe Gallaecio, levo algún tempo dándolle voltas e cada vez estou máis convencido de que es un bo candidato para a administración. Sei que tes fe no proxecto, e que o proxecto é merecedor de ter un administrador que se pase con certa frecuencia por aquí. Ademais, temos algún choio pendentes para un que poida. Que me dis? Encargaríame eu de facer campaña. 16:51, 13 de outubro de 2010 (UTC)

...non son unha persoa capaz de centrarse nun proxecto, e non valgo para administrador. Hai uns anos era colaborador activo da Galipedia, e a día de hoxe apenas fago algunha contribución esporádica. Calquera axuda que necesites para as tarefas administrativas que estea nas miñas mans, conta comigo. Pero prefiro seguir co meu status. Espero que o comprendas. ─ GallaecioE logo? 15:33, 17 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Tiña que intentalo :). Pareceume unha boa oportunidade para solucionar unha (desde o meu punto de vista) eiva do Galizionario. Co tempo vanse acumulando tarefas propias de administrador (adaptar a Páxina Principal a Vector, traballo con páxinas protexidas, importación de páxinas desde a Galipedia,...) sen que se saiba nada dos noutrora activos administradores. Ocórreseme que se podería convidar a algún dos administradores da Galipedia a que exercese tamén no Galizionario. Por exemplo Albert galiza, que ademais de ser un administrador e burócrata bastante activo na Galipedia, foi o promotor do noso Proxecto de Portada. Que che parece? 16:22, 18 de outubro de 2010 (UTC)
Pois a verdade é que estaría moi ben. O potencial deste proxecto é moi grande, e a medida que se acheguen novos usuarios vai ser máis importante que a «infraestrutura administrativa» funcione de maneira fluída. De todos xeitos, gran parte das tarefas que popularmente se consideran de administrador adoita poder facelas un usuario calquera, así que procurarei axudar en todo canto poida. Por exemplo, de cando en vez irei reducindo a lista de artigos por completar (de cen en cen seguidos, a intervalos aleatorios). Procurarei ter en conta as túas tarefas :) ─ GallaecioE logo? 16:49, 18 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: De cen en cen seguidos?? Vaia reto. Ánimo.
A miña páxina de tarefas está para traballarmos todos, así que se queres pórte con algún tema en concreto, adiante. Avísame se o cres necesario, por se tivese eu algo feito xa offline, ou por borralo da lista,...
A ver se un día desta semana fago a proposta de administrador. En principio será a Albert galiza. 17:34, 18 de outubro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Mira isto. Ti que dis? Comentámolo no Taboleiro dos administradores ou propomos a Albert galiza igual? 18:08, 21 de outubro de 2010 (UTC)

Sempre podemos facer ambas. Quero dicir, podemos propor a Albert e comentalo ademais no taboleiro dos administradores por se alguén máis estaría disposto ─tres son mellor que dous ;)─. ─ GallaecioE logo? 18:47, 21 de outubro de 2010 (UTC)
Oe, ti non es administrador? oO Acabo de visitar Especial:Lista_de_usuarios/sysop e non te vexo :? ─ GallaecioE logo? 20:13, 21 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: E se o fose para que te había querer de competidor? :) Non, non son. Propuxéramo unha vez Elvire, pero quedara en nada. E despois viñeron acusándome de que quería selo a toda costa, así que non debería aceptar ningunha proposta ó respecto :) 20:21, 21 de outubro de 2010 (UTC)
Eu pensaba que o que pasaba era que as tarefas de administrador che tiñan moi liado e querías axuda... Cres que se se che volven presentar (podo facelo eu, só necesito coñecer o «protocolo») haberá problemas de novo? Porque na situación en que estamos non creo que podamos permitirnos que non sexas administrador. ─ GallaecioE logo? 20:27, 21 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Problemas non creo que houbese, pero eu simplemente quero demostrar que aquelas acusacións son infundadas. Por iso debo rexeitar o posto. 20:34, 21 de outubro de 2010 (UTC)
Pois nada, a ver se algún da Galipedia se anima a pasarse por aquí de cando en vez. ─ GallaecioE logo? 20:37, 21 de outubro de 2010 (UTC)


Graciñas[editar]

Furagaitas dixo: Boas Elisardojm, benvido ó Galizionario. Como sei que vés de traballar noutros proxectos da Wikimedia escuso explicarche as normas básicas. Simplemente ofrézome para aclararche as dúbidas que poidas ter.
Andei a mirar as túas primeiras edicións e tiven que facer algúns cambios, xa que traían o formato que lle dan no Wiktionary en castelán, ademais de definicións superfluas. Un conselliño: dos interwikis encárgase un bot e, a diferenza da Wikipedia, nos wiktionaries ligan con páxinas homónimas doutros proxectos (e non con traducións).
Máis nada. Que teñas unha boa estadía, e grazas por colaborar connosco. Un cordial saúdo. 06:37, 17 de outubro de 2010 (UTC)

Graciñas pola benvida e por amañar as miñas edicións. A verdade é que esta wiki ten bastantes cousas raras comparada coa Galipedia pero tentarei facer algunhas cousas sinxelas para non meter moito a zoca. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:52, 17 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Vexo que lle vas collendo o tranganillo; noraboa! :). Por certo, vin que presentaches unha petición de aprobación de bot na Galipedia. ¿Interesaríache usalo tamén no Galizionario? En principio trataríase de reemplazar cadeas de texto... 16:31, 18 de outubro de 2010 (UTC)
Si, estou tentando facer algunhas das verbas da lista básica do galego, logo xa veremos o que pasa. Metinme eiquí estes días por culpa de que o dicionario Ir Indo vai ser de pago a partir do 20 de outubro, e coido que fai falta outro dicionario decente en internete para calquera consulta. Xa sei que ti es un dos donos ;) do Galizionario así que ahí che van unhas preguntiñas ó chou xa que estou comezando e non controlo moito aínda:
  • ¿Cómo hai que definir agora tapabocas?, ¿non é o mesmo que bufanda?. No Ir Indo pon o mesmo, a única diferencia é que tapabocas non ven do francés, claro... ¿Poño o mesmo texto quitando a etimoloxía do francés?. E amañando o das traducións e interwikis claro.
  • ¿Por qué puxeches Peza e non simplemente Peza?
  • ¿Hai algunha páxina na que a xente poda pedir definicións de palabras concretas?
  • ¿Pero que pasa eiqui?. ¿Neste proxecto poden estar tódalas palabras de tódolos idiomas?. Aínda que eu puxera incorrectamente, non sabía que era sen til, ¿cómo é que sae unha palabra en irlandés?.
Eu como non teño ningún dicionario decente de galego en casa tiña pensado adicarme a traducir as verbas que sexan igual que en castelán traducindo de wk:es como fixen neses artigos, así outra xente con outros medios poderán adicarse ás partes máis específicas. Ademáis que esta parte é moito máis doada porque só hai que traducir e ter un pouco de tino.
Sobre o bot non tería problema en darlle unhas voltas tamén por eiqui pero aínda non ten permisos así que ata que mo den non podo facer nada. ¿Eiquí tamén hai que facer a petición de permiso para o bot?, ¿onde?. Supoño que saberás cómo funciona o bot, en principio, o que fai é correxir coa miña axuda os erros ortográficos que atopa na lista da Galipedia. Digo en principio porque penso que tamén pode adaptarse para facer sustitucións de texto nos artigos, en caso que fose necesario. É dicir, por exemplo, si queres que tódolos artigos que teñan a palabra camión teñan un enlace a camión, isto tamén pode facelo (pero isto habería que meterllo e probalo porque polo momento aínda non o ten). Vamos, que fai sustitucións en xeral. Coméntoche isto porque ti me dicías na miña discusión que reemplazaba texto e non sei si te referías ás sustitucións ortográficas ou a outras.
¡¡¡Perdón polo tocho!!!, é que ás veces me lío de mala maneira... Xa che deixo tranquiliño e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 12:38, 19 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Ti tranquilo, pregunta o que che faga falta, para iso estamos. Pero non me chames dono do Galizionario, prefiro usuario experimentado. Punto por punto:
  • tapabocas: pois si, unha opción sería copiar o contido de bufanda (sempre que realmente sexan sinónimos; eu, á verdade, non coñecía esta palabra).
  • Peza vs. Peza: a primeira visualiza o texto con inicial maiúscula, pero realmente liga con peza#Galego. A segunda visualiza o mesmo co que liga, e non hai ningunha palabra Peza con maiúscula no Galizionario (os Wiktionaries, a diferenza das Wikipedias, distinguen entre iniciais maiúsculas e minúsculas, e así, non é o mesmo carballo que Carballo).
  • Non, non hai ningunha páxina polo momento para pedir definicións. As entradas que se crean sen definición pónselles a etiqueta {{completar}}, pero desde o meu punto de vista houbo algún día un uso abusivo do modelo, e chegamos a ter máis de 7.000 entradas sen definición (hoxe andamos polas 5.500).
  • Si, o Galizionario é un dicionario multilingüe (por iso fan falta cabeceiras de lingua). Porén, as definicións e listas de traducións van sempre nas entradas galegas. Nun primeiro momento practicamente só tiñamos palabras en galego e en castelán, polo que aínda non estamos plenamente adaptados a esta realidade.
  • Como ben dis, hai que ter tino á hora de adaptar artigos do es.wikt ó Galizionario. Non todas as acepcións son compartidas polas dúas linguas. Pero hai que recoñecer que nos aforran moito traballo :)
  • Sobre o bot: espero que ti saibas mellor que min como funciona :). Teño en mente varias tarefas nas que un bot nos aforraría moito traballo. Penso que a maior parte serían facilmente programables (por exemplo: cambiar {{sem|Filosofía en francés}} por {{sem|Filosofía|fr}}). Se estás interesado, nos próximos días explícoche algo máis. As peticións de aprobación fanse aquí.
Un saúdo. 15:30, 19 de outubro de 2010 (UTC)

Imos ver, imos por partes como dicía Jack o destripador ;):

  • eu tapabocas escoiteino algunhas veces e no dicionario Ir Indo ten a mesma acepción, e no dicionario da RAG da xunta tamén, e poñen que son sinónimos así que, polo momento vouno poñer así, ¿vale?.
  • Xa entendín o de Mai
  • Sobre o das palabras sen definición penso que non é demasiado adecuado porque desa forma as palabras sen definición aparecen en azul e penso que vai ser máis complicado que se enchan con significado..., pero é só a miña idea. O que si penso que se podería facer é unha páxina de solicitude de artigos como se fai nas outras wikis, non sei cómo o vedes vós.
  • Si este dicionario é multilingue..., entón, ¿cantas definicións ten realmente o proxecto?. Porque si se contabilizan as palabras noutros idiomas vai resultar que hai moitísimas menos palabras que as que se indican na portada... E este funcionamento é realmente estrano pero boeno, éche así :).
  • Tento ter coidado co wk:es e só traio as acepcións das que estou seguro, ademáis teño pensado usar máis o dicionario da RAG para confirmar as acepcións.
  • Vou facer a petición do bot pero antes teño que facer algunha proba de si me funciona a conexión porque éste é un proxecto un tanto distinto dos das wikis normais e non sei si tirará ben. Xa che contarei si vai ou non. Os cambios que queres facer non hai problema con eles, pero serán cambios literais, é dicir se nun sitio hai, por exemplo, {{sem|Filosofía '''em''' frances}} (cun erro tipográfico en em) o bot non o vai a cambiar porque non lle coincide. É un exemplo que non sei si pode ser real pero espero que se entenda. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:12, 20 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Como diría Jack...:
  • Polo de tapabocas: vale.
  • Eu xa hai tempo que estou consagrado á revisión e actualización de artigos xa existentes. Os artigos que creo son normalmente sinxelos. Polo tanto, aínda que se crease unha páxina para pedir definicións non creo que lle fixese moito caso; penso que coas entradas marcadas para completar temos de sobra. De todas formas, Gallaecio crea bastantes artigos novos; igual lle gusta a idea.
  • Entradas en galego temos máis de 15.000, contando tanto léxico común (substantivos, pronomes, verbos,...) como nomes propios (topónimos, antropónimos, nomes de corpos celestes,...). Así é como funcionan os Wiktionaries. De feito, o Galizionario aínda é máis restritivo que outros wiktionaries, xa que non admite formas flexionadas (salvo desambiguacións ou casos especiais).
  • Estou impaciente por ver funcionar o bot :)
Un saúdo. 15:20, 20 de outubro de 2010 (UTC)


t^[editar]

Furagaitas dixo: Mi ma! Vaia traballo estás a facer! Con cinco coma ti, nun mes superabamos o en.wikt :). Mira unha cousiña: a min tamén me parecían un incordio os interwikis de {{t^}} fóra da listaxe de traducións, polo que pensara nisto: {{es|gallego}} = [[gallego#Castelán|gallego]]; {{Es|gallego}} = [[gallego#Castelán|Gallego]]. Non só aforraría caracteres, senón que sería máis intuitivo (sobre todo pensando nos noveis). ¿Que che parece? 15:39, 19 de outubro de 2010 (UTC)

Persoalmente xa me afixen, pero é certo que son un coñazo (xa mo comentou alguén que intentou/pretende unirse), especialmente se se usan masivamente como procuro facer (por iso das ligazóns internas, que a medida que os artigos teñan entradas en varias linguas coido que van gañar importancia). Paréceme boa idea o que propós, salvo pola parte de que unha mesma función a desempeñen varios modelos. Nese sentido, creo que o paso dos modelos que había ao {{Mai}} foi todo un acerto. Así que eu optaría por unha palabra clave sinxela e curta e o resto o mesmo método. Por exemplo: {{l|En|palabra}}. Ou quizais poderíamos ter dous, {{l}} e {{L}}, así non fai falla ter dúas variables por lingua («Es» e «es») e non temos que ademais ter un modelo por lingua. É dicir, {{l|es|gallego}} = {{t^|es|gallego||}} e {{L|es|gallego}} = {{Mai|gallego|es}}. A verdade é que non o teño claro de todo, pero si que en todo caso evitaría crear un modelo por lingua. ─ GallaecioE logo? 15:52, 19 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Non é mala idea a túa. De todas formas os modelos de lingua xa están creados, simplemente consistiría en reutilizalos. O modelo {{t^}} (ou {{l}} / {{L}}) son menos intuitivos, complican a lectura do artigo á hora de editalo, e non estariamos libres (igual que cos modelos de lingua) que ter sempre actualizados os modelos {{nomelingua}} e {{nomelingua2}}. 16:08, 19 de outubro de 2010 (UTC)
A diferencia estaría en que cunha soa corrección nun nomelingua poderíamos corrixir todos os modelos. Pero se hai que corrixir todos os modelos probablemente podamos facelo cun bot. Por min adiante! :) ─ GallaecioE logo? 21:32, 19 de outubro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Boas. ¿Eliminaches todos os casos de {{t^||xxxxx}}? Igual era ben deixar de tomar o galego por defecto nese modelo. Incluso se podería crear unha categoría oculta para páxinas con modelos mal usados ou sen código de lingua recoñecible. 16:36, 20 de novembro de 2010 (UTC)

En principio si (salvo nun artigo sobre o tema dalgunha conversa), pero non me pidas que estea seguro ao 100% :S ─ GallaecioE logo? 21:53, 20 de novembro de 2010 (UTC)


Corribot[editar]

Xa está creada a páxina do bot, teño que facer unhas probas de conexión pola noitiña e si todo vai ben despois fago a petición. Saúdos, --Corribot 10:37, 20 de outubro de 2010 (UTC)

Por fin conseguín meter a expresión que me dixeras. Aínda estou comezando co bot e non o controlo a fondo, pero ó final saleu. Por iso acabo de facer a petición do permiso para o bot. Agora a esperar e logo, a traballar! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:48, 21 de outubro de 2010 (UTC)
Por certo, si queres avisarme dalgo un pouco máis urxente podes apuntarmo na miña páxina da Galipedia que por alí ando máis tempo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:51, 21 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Alégrome de que esteas preparado. Antes de comezar a votación debes facer algunha edición con Corribot para que vexamos que o resultado é o esperado. Podes, por exemplo, facer a substitución que che comentei. 21:52, 21 de outubro de 2010 (UTC)
Eu non fixen ningunha edición co bot porque a páxina de peticións creo que está un pouco liada. Di que primeiro pidas permiso e que cando che den a autorización podes facer unhas poucas edicións que se van monitorizar, e que despois danche a marca de bot. ¿Teñen que darme permiso primeiro para facer as probas ou non?. Eu empezo cando me digas. Saudiños, --Elisardojm (conversa) 22:54, 21 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Normalmente faciamos así: un bot chegaba, facía algunha edición, presentaba a petición, e se criamos suficientemente demostrado que podía acadar o status, comenzabamos a votación. Cando queiras! Despois xa che direi por onde podes continuar. :) Abur! 23:00, 21 de outubro de 2010 (UTC)
Ok, entón mañá a ver si podo dar unha pasada co cambio que me dixeches. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:42, 22 de outubro de 2010 (UTC)
Xa está feito o cambio, tiven que facelo dúas veces porque a primeira vez púxenlle un ) de máis pero non foi nada, cada pasada tardou 15 minutos... :) (foron sobre 50 cambios de cada vez). Este cambio foi tan rápido porque só tivo que buscar nas páxinas que usan a plantilla sem, outros cambios tardará máis en facelos xa que terá que revisar tódolos artigos do dicionario pero vale ben a pena. Agora estou revisando si hai casos de ademáis->ademais para ver qué tal lle vai con iso pero só vou a mandarlle unhas pocas páxinas nas que sei que pode atopar algo. E nesta tarefa acabo de atopar un falliño pequeno, no resume de edición pon mal o enlace á lista da galipedia, a ver si o amaño, ademáis esta debe tardar sobre un par de horiñas así que hoxe quedará a medias. Saúdos e xa me contarás como o ves ou si queres que faga algunha proba máis, --Elisardojm (conversa) 01:19, 23 de outubro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Moi ben. Pola miña parte tes a aprobación. Agora terás que esperar a opinión dos demais. Podes ter que facer algunha proba máis para convencelos...
Polo que vin, Gallaecio tamén ten agora un bot, polo que deixarei na Taberna as tarefas que crea necesarias para que repartades o traballo.
Un saúdo. 01:45, 25 de outubro de 2010 (UTC)

Moi ben e graciñas, vou deixar unha nota na petición de que si queren que faga algunha proba concreta me avisen. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:22, 25 de outubro de 2010 (UTC)


Campos invisibles[editar]

Que che parece se facemos que {{-etim-}}, {{-pronuncia-}} e {{-son-}}, cando non se lles pase información, queden ocultos engadindo unicamente categorías invisibles de «Non ten etimoloxía» e similares? Así non molestan á visualización cando están baleiros pero permiten buscar facilmente os artigos carentes deste tipo de información (por se a alguén atopa unha boa fonte para algún destes campos e lle dá por matarse a cubrila). ─ GallaecioE logo? 14:29, 20 de outubro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Igual ó que os puxo como están agora interesáballe que se visen, pero eu non teño inconveniente en facer o que propós. Encárgaste ti? Recorda que hai varios modelos de etimoloxía, e a ver se se pode facer con -son-. 15:27, 20 de outubro de 2010 (UTC)
Vale, creo que xa din feito :) ─ GallaecioE logo? 16:43, 20 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Ok. Mañá espero ter máis tempo que estes días e a ver se lle boto miro que tal quedou. Tamén che quero presentar o novo homo e falar con Alberte. Lémonos. 16:49, 20 de outubro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Aínda non che dixen nada; gústame moito como quedou o choio este. Estaría ben que se puidesen categorizar por lingua (Entradas en galego sen etimoloxía, Entradas en inglés con son,...). Non sei se sería mellor con modelos independentes (p.ex. {{etim.gl}}) ou cun novo parámetro ({{pronuncia}} e {{son}} xa teñen segundos parámetros, o que quizá complique a cousa). Tamén estaría ben un modelo {{son}} que permita reproducir, como o do Wiktionary en inglés ou en francés. Que che parecen as ideas? De gustarche, interesaríache facelo a ti? 22:32, 29 de outubro de 2010 (UTC)

A verdade é que sería moi interesante e útil (xa podo ver a algún futuro colaborador gravando os termos da categoría «Entradas en galego sen etimoloxía» :). Eu ─como xa deduciría─ sonche persoa dun só modelo, así que en principio pensaría na posibilidade de pasar a lingua como parámetro. O que me pregunto é se estaría ben meterlles a todos os modelos a lingua coma primeiro parámetro (supoñendo que cun bot nun par de noites se poida facer o cambio para todos os modelos, modelos redirixidos incluídos) ou mellor facer como dis modelos á parte. Certo é que moitos parámetros non son recomendables, especialmente para usuarios novos. O que non teño claro é, en caso de facer modelos específicos para cada lingua (o que nos libraría da parte do bot, que coido sería complicada), se facelo para os tres modelos ou non. Ti que dis? ─ GallaecioE logo? 11:48, 30 de outubro de 2010 (UTC)
A verdade é que para o de son, de contarmos cun parámetro para a lingua, poderiamos poñer o nome predeterminado do ficheiro a {{UCFIRST|lingua}}-{{PAGENAME}}.ogg, e o modelo quedaría ben sinxelo en case todas as páxinas: {{son|lingua}}. ─ GallaecioE logo? 12:10, 30 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: É sorprendente como chegamos ás mesmas conclusións :). Concordo en todo o que dixeches (agás no nome predeterminado que se lle poñería a {{son}}, que non sería {{UCFIRST|lingua}}-{{PAGENAME}}.ogg senón <codigo de lingua>-{{PAGENAME}}.ogg, xa que coa minúscula penso que funciona igual). Eu non pensaba en cambiar todo o feito (sempre pretendo que cando se fagan cambios nos modelos os historiais das páxinas sufran as mínimas alteracións posibles); é dicir, creo que o novo parámetro debería ir a continuación dos xa existentes (deste xeito, o {{son}} máis sinxelo sería do tipo {{son|||gl}}, o cal non me gusta moito). Pero tampouco me convence crear un modelo para cada lingua (cos modelos de lingua tíñao máis claro); nese momento temos entradas en 102 linguas, o que nos daría 306 modelos para o que hoxe facemos (ou algo parecido) con 3 modelos. Estou nun dilema. ¿Que dis? ¿Farémolo poñendo un novo parámetro ó final?
Outra cousa: non sei se é o mellor, pero o {{audio}} do en.wikt (o modelo que reproduce o son) é creo que é perfectamente compatible co noso {{son}}.
E outra cousa máis: xa presentei en Meta a petición para outorgarlle a Albert galiza o status. Así que a esperar :)
14:56, 30 de outubro de 2010 (UTC)
Pois veña logo, modelo de lingua ao final. Vou ver de facelo co de {{son}}, incorporando o que teñan no Wiktionary en inglés. E logo a metelo nos outros dous. ─ GallaecioE logo? 15:16, 30 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: E eu case propoñía tamén probar a ver como queda quitándolles ou ben o punto de lista ("*", e quizá poñerlles unha tabulación ":") ou ben a icona. 15:24, 30 de outubro de 2010 (UTC)

{{son-probas}} xa funciona. Dúas cousas a ter en conta: engadín, ademais da lingua coma terceiro parámetro, un cuarto parámetro mediante o cal especificar o lugar, así podemos utilizar os códigos de país (se creamos un modelo nomepaís ou se xa existe algo similar) ou o lugar (Viana do Bolo, supoñendo que un ficheiro se chamaría «gl-Viana do Bolo-lazo.ogg»). Asemade, agora non leva nin lista nin sangrado, de xeito que poden utilizarse tres sons nunha mesma liña (por exemplo, sons estadounidense, inglés e australiano para un termo). Isto significa que de aplicar os cambios habería que pasar un bot para engadir ben «*» ben «:». Persoalmente gústame como está a quedar «*», pero dáme igual. Agora teño que saír da casa, a ver se esta noite analizo as cousas un pouco máis (gustaríame cambiar o deseño, que polo menos a icona sexa a que temos agora e poida empequenecerse un chisco, ou que vaia todo nunha liña en vez de ser unha táboa). Un saúdo! ─ GallaecioE logo? 16:46, 30 de outubro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: A aparecia actual non me desagrada nada, o malo é cando se desprega verticalmente (en "Máis..."). Poñer 3 sons nunha mesma liña pode ser conflitivo (polo ancho da pantalla). Polo que vexo non categorizas por lingua cando non hai son. E penso que non funciona cos arquivos de son locais (como Ficheiro:Marzo.ogg). Polo demais... noraboa, traballo costoucho :). Non sei se o que usan no fr.wikt sería aplicable aquí. Parece máis atractivo visualmente.
Bueno, eu tamén teño que saír. A ver se me podo conectar algo a fin de semana para darche ánimos ;). 17:00, 30 de outubro de 2010 (UTC)
Restaurei a aparencia vella, desta vez quitando as ligazóns á axuda e mailo ficheiro, este último sendo agora accesible ao premer na imaxe. Isto simplifica as cousas, vai a xogo cos actuais {{etim}} e {{pronuncia}} e acaba co problema do menú despregable. Os que queiran descargar ou reproducir o son, deberán darlle ao «Son», e para cousas máis avanzadas á icona (páxina do ficheiro).
Asemade, agora volve ser necesario ter un de son por liña. En fin, non me queixo, especialmente se no futuro empregamos algún tipo de despregable para utilizar estes modelos. De feito, antes con {{pronuncia}}, ante varias pronuncias, repetía o modelo. Pero cambiei (agora meto todo no mesmo modelo), e non acabo de aclararme cal é mellor.
Agora xa engade categorías específicas para cando non hai son, e tamén funciona con ficheiros locais (se ben creo que estes deberían subirse á Commons nalgún momento dado). E máis nada. Con respecto ao modelo francés, agora mesmo é equivalente a este en aparencia (en funcionalidade este é mellor :) salvo porque o poñen á dereita (eu creo que por concordancia cos outros dous modelos nós facemos ven en poñelo á esquerda) e lle engaden un signo de interrogación que liga á axuda, algo isto último que quizais deberiamos facer nós tamén. Que dis? ─ GallaecioE logo? 21:11, 30 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Boas. Non sei se foi preferencia persoal túa, limitación á hora de aplicar o modelo, ou máis probablemente un malentendido. Cando dicía que a aparencia actual non me desagrada referíame á aparencia que nese momento tiña {{son-probas}}; preferiría que o ficheiro se puidese reproducir na páxina do artigo, aínda que se o deseño actual de {{son-probas}} foi por preferencia persoal, pois nada, deixámolo como queiras. Eu estaba pensando en algo así (só a aparencia), idea que pode ser facilmente mellorable.
Sobre o do código de país é complicado, xa que, por exemplo, para pronuncias de París teño visto usar varios guións, etc. Pero bueno, pode ser útil.
Sobre o modelo francés, non me refería a fr:Modèle:audio, senón á visualización que ten o reprodutor de audio nese wiktionary.
E nada máis polo momento, estes días ando liado, a ver se podo parar un pouco máis mañá e dou a miña opinión sobre o que expuxeches na Taberna. Un saúdo. 16:39, 1 de novembro de 2010 (UTC)
A verdade é que o estilo o cambiara ao ver o do modelo francés ─pensei que era o que querías imitar, se ben me estrañou por iso de que se asemellaba moito ao que xa estabamos a usar─. O inglés a verdade é que non me gusta nada na súa aparencia, pero non sei como demo fixeches co Usuario:Furagaitas/mod2 que sen ser moi distinto do inglés ten moito máis atractivo. Así que xa adaptei o {{son-probas}} para que utilice ese estilo. E o dos países, podería simplificar a sintaxe nalgúns casos concretos ({{son|||en|us}}). Estou a pensar en crear un equivalente a {{nomelingua}} que polo menos teña “us”, de xeito que podamos utilizalo coas pronuncia dos Estados Unidos, que hai moitas. ─ GallaecioE logo? 17:21, 1 de novembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Gústame como quedou. Se queres aplicámolo e seguimos cos outros. Ademais, estaba pensando nun novo apartado para sumar ós tres existentes, destinado ós homofonos; penso que entre eles é onde mellor encaixaría. 12:04, 3 de novembro de 2010 (UTC)

Cambios aplicados, e moi boa idea o do modelo para entradas homófonas. A por cal imos agora? ─ GallaecioE logo? 21:23, 3 de novembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Polo que queiras. Se queres crea ti o {{homofonos}}. Penso que non paga a pena liarse moito con el, xa que non haberá moitas entradas con homófonos (polo tanto non creo que faga falta nin que estean categorizadas nin que o leven todos os artigos). Supoño que cun modelo similar a {{sin}} teremos abondo.
Ó final vas ter razón ti. A {{son}} faille falta un {{UCFIRST}} (os ficheiros locais non funcionan con {{PAGENAME}}; proba en marzo).
Aproveito para ensinarche isto. Un saúdo. 16:11, 4 de novembro de 2010 (UTC)
{{homofonos}} creado seguindo o exemplo do {{sin}}. Respecto do UCFIRST cos artigos locais, creo que o mellor é mandalos á Commons para que estean dispoñibles para outros proxectos, e de ser posible seguindo o esquema que seguen o resto de pronuncias (gl-<termo>.ogg). Non sei se isto se pode facer dalgunha maneira que non sexa descargándoos localmente e subíndoos á Commons cos mesmos datos. Se ti tampouco sabes dun método, podo facelo desa forma. ─ GallaecioE logo? 08:08, 5 de novembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: O modelo {{homofonos}} está ben, pero boto en falta dúas cousas para igualalo cos outros 3 modelos: unha icona e un salto de liña.
Respecto os ficheiros de son, non che sei como se fai, faino como mellor saibas e poidas. 15:33, 5 de novembro de 2010 (UTC)
+ Mover os ficheiros de son do Galicionario á Wikimedia Commons.
+ Engadir o parámetro de lingua a {{etim}}.
+ Engadir o parámetro de lingua a {{pronuncia}}.
+ Completar {{homofonos}} coma etim e pronuncia: icona e salto de liña.

E engadinlle ao {{homofonos}} adicionalmente a posibilidade de pasarlle o parámetro de lingua para situar na categoría correspondente cando o modelo ten un primeiro parámetro (os termos homófonos). ─ GallaecioE logo? 00:34, 6 de novembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Só dous detalles (¡que repugnante son!): que che parece se lle poñemos un punto de lista a {{son}} e eliminamos o segundo parámetro de {{pronuncia}} para poñer nel o código de lingua? 16:47, 6 de novembro de 2010 (UTC)
Engadido o punto a {{son}}. Respecto do segundo campo de {{pronuncia}}, que che parece se o movemos para que o de lingua vaia primeiro (dado que é o que se debería incluír sempre) e que o do tipo de alfabeto fonético vaia de último? De todos xeitos, imaxino que habería que facer algo (quizais co bot) para asegurarse de que non hai xa algún uso do modelo co segundo parámetro actual. ─ GallaecioE logo? 19:01, 7 de novembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Entendo que o que propós é mover o código de lingua para o segundo parámetro e o de código de trascripción para o terceiro. Pois si, boa idea. Non creo que haxa ningún {{pronuncia}} con segundo ou terceiro parámetro (agás os que creases ti estes días), pero se o podes comprobar co bot, mellor aínda. 17:05, 8 de novembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Queda corrixido, no modelo e en todos os artigos categorizados por lingua; agora o segundo parámetro é o código de lingua e o terceiro o sistema de trascrición. 22:35, 15 de novembro de 2010 (UTC)


Administración[editar]

Furagaitas dixo: Boas Alberte. Acudo a ti para facerche unha propostiña (é dicir, pídoche axuda). Como sabes, o Galizionario é o segundo maior proxecto dos da Wikimedia en galego, e nas últimas semanas está collendo certa sona por que disque quedamos sen o dicionario que todos mirabamos... O caso é que certas tarefas de mantemento non poden ser levadas a cabo polos usuarios autoconfirmados. Falando claro: precisamos un administrador, e os que estamos non queremos ou non podemos coller o cargo. Os noutrora activos administradores deixaron de pasar por aquí ou abandonaron o cargo. Gallaecio e mais eu concordamos en que sería boa cousa outorgarlle os privilexios a un administrador activo da Galipedia para que nos bote unha man. Pensei en ti pola confianza que me inspiras en porque recordo que fuches o promotor do noso Proxecto de Portada.
Fóronse acumulando varias tarefas que só un administrador pode facer, polo que nun primeiro momento habería algo de traballo, pero quitando iso o Galizionario non adoita dar moito traballo, e nos encargariámonos de avisarte cando fixese falta. ¿Que me dis? ¿Podemos contar contigo? Un cordial saúdo. 17:16, 21 de outubro de 2010 (UTC)

Ola Furagaitas. Por min non hai problema que me nomeedes administrador, pero antes de nada avísovos que realmente a miña frecuencia editando vai ser escasa, como xa o é na propia Galipedia, por temas lectivos (a universidade, vamos, que hai que ir rematando a carreira). Algo podería axudar no que me mandedes, pero ó mellor hai algún outro mellor candidato. Valorádeo. --Albert galiza 17:56, 21 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Xa sei que é raro, pero ningún dos dous cremos ser os máis axeitados para o posto.
Xa presentei a votación. Pódela seguir aquí.
14:11, 22 de outubro de 2010 (UTC)
Ok, paréceme ben. Pero resúltame raro que nin ti nin Gallaecio sexades administradores, sendo as persoas máis activas. --Albert galiza 12:34, 22 de outubro de 2010 (UTC)


Chuleta[editar]

Furagaitas dixo: Aquí tes un esquema básico para redactar artigos. Espero que che valla. O texto en vermello é o que debe ser substituído.
Observa que hai dous xeitos de recoller os exemplos e os sinónimos: un dentro das definicións (con {{exemplo}}) e outro globalmente (con {{-exemplo-}} e {{-sin-}}). Para homógrafos usariamos {{lema}} para cada etimoloxía diferente, cunha soa cabeceira de lingua. Recorda que
gl é sempre o código de lingua do galego.


{{-gl-}}
{{etim|do {{orixe|código da lingua de orixe|gl}} ''[[étimo]]'' («[[tradución]]»).}}
{{pronuncia|/Pronuncia se a tes/}}
{{son}}
{{-adx-|gl}}
'''{{PAGENAME}}''' {{varn|raíz|o|os|a|as}}
# Definición.
{{-exemplo-}}
* ''Exemplo de uso da <u>palabra</u>.''
{{-sin-}}
* [[sinónimo]]

{{-substm-|gl}}
'''{{PAGENAME}}''' {{varn|raíz||s}}
# Primeira definición.
#:{{exemplo|Exemplo de uso da <u>definición</u>.
#:'''Sinónimos:''' [[sinónimo]].
# ({{sem|Campo semántico|gl}}) Segunda definición.
#:{{exemplo|Exemplo de uso da <u>definición</u>.


Copia esta mensaxe na túa páxina de usuario ou onde a teñas á man se cres que che pode facilitar as cousas. 23:29, 21 de outubro de 2010 (UTC)

Quosque tandem, Xoium, abutere patientia nostra?
Iso é o que debes dicir ti, e Gallaecio, e outros, á vista da incompetencia deste tan pouco aventaxado alumno.
Pero alumno agradecido porque, debido a que teño a impresora escarallada, e a pesares de (como din o señor presidente da Xunta e mais o señor director do meu ex-Instituto) que tomei algunha nota, non fun quen de seguir as túas recomendacións sobre a, para min, e de momento, complicada sintaxe do wiki. E por iso o meu agradecemento porque ma volveras mandar. Agora, xa a teño copiada na miña páxina de usuario, que creei con este obxectivo, e máis para desenmascararme, e que todos saiban quen é o Xoio. Item máis, copiena a man para tela enriba da mesa.
Moitas, moitas, moitas grazas por todo. E a ver se, dentro duns dous ou tres anos, xa no terás que corrixirme máis que alguna pequena cousa de cando en vez. Amén.--Xoio 16:47, 23 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: O certo é que a chuleta que puxeches na túa páxina de usuario é un pouco caótica. ¿Queres que cha poña como cha puxen aquí arriba na páxina de conversa?
E outra cousa: cando te enganes e poñas mal o nome do artigo, arriba á dereita, entre a estreliña e a caixa de busca hai unha opción oculta "Mover". Serve para renomear os artigos (para movelos para outro nome con todo o seu historial).
01:48, 25 de outubro de 2010 (UTC)


Esquema de artigo[editar]

Boas, ¿poderías dicirme ónde está o esquema xeral dos apartados que pode ter un artigo?. Graciñas, --Elisardojm (conversa) 08:40, 25 de outubro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: A ver se che vale isto. Non están todos todos, pero si os máis importantes. 10:14, 25 de outubro de 2010 (UTC)
Eu quería atopar algo semellante ó que teñen na galipedia eiqui. ¿Hai algo parecido no galizionario?. É para saber qué seccións se deben poñer, a orde e as plantillas que hai que usar en cada sección.... E si non existe, ¿non podería facerse algo sinxelo para axudar ós novatos coma min? :). Graciñas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 23:29, 25 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Que eu recorde non temos un esquema como o que ti pides. O libro de estilo aínda está moi verde. Este día fíxenlle a Xoio unha chuleta. A ver se che podo facer unha versión ampliada mañá ou pasadomañá. 00:09, 26 de outubro de 2010 (UTC)
Vale, graciñas é unha boa chuleta para comezar :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:11, 26 de outubro de 2010 (UTC)

Mira fixen isto cando teñas un momento a ver si lle podes votar un vistazo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:29, 26 de outubro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Está bastante ben, aínda que faltan algunhas cousas. Aquí tes unha versión extendida. Faltan as explicacións. 00:06, 27 de outubro de 2010 (UTC)
Cambiei a miña páxina para usar os modelos do teu esquema que supoño que son máis actuais, espero que agora esté un pouco mellor, e si queres engadir ou amañar calquera cousa é toda túa que seguro que se pode mellorar bastante. Despois de ver o teu esquema teño algunhas dúbidas:
  • Non teño moi claro cómo debe usarse o modelo lema, sei que é unha cabeceira para separar, pero ¿cándo hai que poñela?.
  • Usas o modelo son en vez do que tiña eu de audio, supoño que será máis novo. ¿Habería que facer unha tarea do bot para cambiar isto?. O que se me fai raro é que audio ten o código de idioma e son non, ¿xa non lle fai falta?.
  • No teu exemplo vexo que a parte de traduccións está despois da parte do adxetivo, ¿ten que ir sempre ahí ou esa sección hai que poñela tanto na parte do adxetivo coma a do sustantivo, nos casos que sexa necesario?.
  • Tamén vin que usas o modelo ver, ¿iso é o mesmo que poñer glref?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:13, 27 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: O modelo {{lema}} úsase cando dentro dun idioma hai varias entradas cunha mesma forma gráfica pero con diferentes etimoloxías (homógrafos). Ponse sempre antes do modelo {{etim}}.
O modelo {{-audio-}} foi movido a {{son}} e logo modificado para que tomase por defecto o nome do artigo. Polo tanto, {{-audio-}} e {{son}} son o mesmo modelo, pero este último é o nome actual, e o primeiro é unha redirección. Non vexo preciso cambiar todos os {{-audio-}} cun bot, sobre todo porque penso que é un modelo que aínda precisa algún cambio. Por outro lado está o do código de lingua. En Commons identifícanse os arquivos de son dos Wiktionaries poñéndolles o código de lingua ó comezo do nome, polo que non é suficiente que o modelo tome o nome do artigo, tamén precisa o código de lingua.
A sección Traducións ten que ir sempre que sexa preciso. Olla que as cabeceiras de categoría gramatical (substantivo, adxectivo,...) son de nivel 3, mentres que a cabeceira {{-trad-}} é de nivel 4 (polo tanto está subordinada a unha categoría gramatical). Téñense feito probas para poñer as traducións a continuación de cada definición, pero polo momento esa idea está aparcada. Non hai un consenso á hora de facer referencia ás acepcións dentro dos traducións (normalmente faise poñendo o número de acepción entre parénteses), pero en pouco tempo espero que poidamos contar cun cadro despregable bonito que nos quite dese limbo.
Na sección Véxase tamén recóllense aquelas ligazóns que non son meras entradas. Poden ser a apéndices do Galizionario, a páxinas da Galipedia, etc. O modelo {{Galipedia}} é semellante ó {{-glref-}}. 10:58, 27 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Por certo: os compostos normalmente van nos Termos relacionados. 10:59, 27 de outubro de 2010 (UTC)
Tentei arranxar un pouco máis o esquema e metín comentarios de tódolos modelos para que se entenda un pouco mellor, espero que non quedara demasiado espeso. Según che entendín expliquei ó comezo o do lema, deixei o do son como estaba, puxen a sección de traducións tanto na parte do adxectivo coma a do substantivo, e engadín o modelo ver, tamén nas dúas partes. Non engadín o modelo Galipedia porque xa está no comezo a explicación do modelo glref, pero si cres que é mellor usar o outro cámbioo. Espero que agora quedara un pouco mellor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:32, 27 de outubro de 2010 (UTC)


Cine[editar]

Boas, acabo de facer cine pero as acepcións teñen as dúas o número 1, ¿hai que poñelas seguidas?. Si as poño seguidas entón, ¿cómo se poñen as seccións de sinónimos e exemplos?. Perdoa por ser tan pesado... O:). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:59, 27 de outubro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Mira os cambios. O que non entendas explícocho sen problema. 13:12, 27 de outubro de 2010 (UTC)
Estas son as cousas que me resultan raras do artigo:
  • ¿Cómo sabe o modelo son si existe o ficheiro ou non?. Non me cadra...
  • Non sei por qué puxeches Gl|arte..., eu cando fixen o artigo estiven dubidando si usar o modelo Mai pero como vin que funcionaba ben deixeino, pero iso de Gl descolócame... :)
  • Xa vin cómo poñer varias acepcións e dos exemplos e sinónimos, vou ter que amañalo no meu esquema porque penso que non queda claro. Tamén vin que cambiaches os modelos -exemplo- e -sin-, ¿xa non se van a usar eses?.
Moitas grazas pola túa revisión :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:53, 28 de outubro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo:
  • O modelo {{son}}, se vai sen parámetros, tomará como nome de ficheiro o do artigo ({{PAGENAME}}) e engádelle a extensión dos ficheiros de son (.ogg). Se queremos meterlle outro nome de artigo debemos poñerlle o nome e a extensión (esqueceume pórlle a extensión en "cine"). Se queres saber como o modelo se mostra ou se agocha en función da existencia ou non do ficheiro non tes máis que mirarlle as tripas ou preguntarllo a Gallaecio, que foi quen o modificou.
  • {{Mai}} serve para crear ligazóns que comecen por maiúscula pero liguen con artigos que comecen por minúscula (para usar, por exemplo, no comezo das definicións). Se queremos que dentro dun artigo busque unha cabeceira de lingua concreta engadímoslle o código de lingua (p. ex.: {{Mai|xxxxx|gl}}) ou empregamos os modelos de lingua con inicial maiúscula ({{Gl}}, {{Es}}, {{Fr}},...). É preferible usar esta última opción, de recente creación, posto que é máis intuitiva e abreviada. Ten en conta que tamén existen os modelos de lingua con inicial minúscula, e que polo de agora só están creados os máis importantes, tanto de uns como de outros.
  • O tempo dirá a sorte que correrán os modelos de exemplos e sinónimos, pero a idea é que se empreguen todos, segundo conveña. Se os sinónimos/exemplos son comúns para todas as definicións usaráse {{-sin-}}/{{-exemplo-}}, e se non {{sin}}/{{exemplo}}.
  • Espero terte quitado de dúbidas. Un saúdo. 16:56, 28 de outubro de 2010 (UTC)

Gracias pola explicación, aclareime e lieime un pouco máis ó mesmo tempo! ;). O que non acaba de convencerme é o da plantilla son, antes coa plantilla audio aparecía sempre aínda que non existira o ficheiro e así polo menos a xente podía ver que existe a posibilidade de incluir sons ás entradas. ¿Realmente está mellor así?. Dende o meu punto de vista non porque agora a xente vai perder posibilidades. Non sei cómo o veredes vós...

E xa vin o correo do permiso do bot! :), agora a ver o que vai facendo :). Vou comezar revisando erros ortográficos pero si hai algunha outra cousa que poda facer dame un toque (a min mándame as cousas doadas que non controlo tanto como Galaecio ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:16, 8 de novembro de 2010 (UTC) P.S: Supoño que xa te decatarás pero por si non o ves, na portada Selenio sae en roxo pero existe a definición. Non o amaño porque non teño claro cómo facelo...

Furagaitas dixo: O do modelo {{son}} gústame máis así, aínda que xa supoñía, antes de facermos os cambios, que tería detractores. De todas formas, non creo que apareza moita xente con ánimo de subir arquivos de son á primeira de cambio.
En Usuario:Furagaitas/trapallada#Para_bot puxen algunha tarefa para bots. Supoño que Gallaecio traballará bastante con esa lista, polo que se colles algunha tarefa igual sería ben que te puxeses en contacto con el.
E xa sei que na Páxina Principal aparecen moitas ligazóns vermellas. Existen páxinas específicas para completar os Wiktionary:Proxecto de Portada/Sabías que e Wiktionary:Proxecto de Portada/A palabra do día, e a mesma Páxina Principal.
Un saúdo. 16:57, 8 de novembro de 2010 (UTC)


cravo e dixital[editar]

Furagaitas dixo: Boas Xoio. A cerca de dous artigos que ves de editar:

  • ¿Tes referencias para crabo?
  • Vin que en dixital listaches un lote de sinónimos. Non deberías listar as formas non normativas, aínda que logo crees os artigos.

Un saúdo. 18:33, 28 de outubro de 2010 (UTC)

Ola Furagaitas.
1.cravo só o teño documentado, como sinónimo de abellón, no dic. de don Eladio Rodríguez (e, loxicamente, no de Franco Grande), pero non ten entrada. Quzais o mellor sería eliminar esa páxina, non cres? (por que non creo que se trate, nesa época, dun cultismo).
2. Se te entendín ben, debo eliminar todos os sinónimos non normativos, pero despois, podo crear os artigos correspondentes a eses termos non normativos? Creo que non entendín ben.´
Un saúdo.
Furagaitas dixo: Recorda deixar as mensaxes na miña páxina de usuario, non na túa.
  • Sobre crabo: ó non ter entrada no DDD non o daba atopado. A miña impresión é que debe tratarse dun cultismo do que botou man Eladio Rodríguez. Pero efectivamente, podémolo referenciar. O problema é que non é unha palabra aceptada pola normativa, pero diso fáloche no seguinte punto.
  • Sobre dixital: na sección Sinónimos só deberían ir as palabras aceptadas pola normativa. Temos as cabeceiras {{-var-}} (Variantes) e {{-formasi-}} (Formas incorrectas), que quizá sexan máis axeitadas para recoller as ligazóns a aquelas formas que non recolle a normativa. Os artigos destas palabras non normativas só poden ser redireccións ou artigos que remitan cunha ligazón a formas normativas (sen apartado Sinónimos nin Traducións).
Espero que entendas a que me refiro; se non é así pregunta sen medo ;) 19:20, 28 de outubro de 2010 (UTC)
Creo que entendín (parvo de vez, non son, pero non estou seguro de que entendera).
Canto a preguntar sen medo... estou que me cago.--Xoio 19:38, 28 de outubro de 2010 (UTC)


abadexo[editar]

Ola de novo. Non sei aínda segues aí. Senón, verás isto mañá.

Moitas grazas polas correccións dos modelos (sei que hai algún novo, polo menos para min).

Como verás, deixei case todo como ti a cambiaches, pero tiven a precaución de copiar antes a totalidade da miña edición para incluír cousas que penso que son interesantes. Quizais polas notas ídesme botar do Galizionario: xa sei que non se poden expresar opinións. Pero a norma de incluír só termos normativos, tendo en conta a cantidade de voces que, de momento, non están incluídas, talvez sería bo seguir o criterio dos grandes dicionarios, sen ir máis lonxe, do Gran Xerais (no que tiven a honra de participar cunha pequena e modestísima colaboración), de acoller tamén palabras non normativas pero que, aplicando os criterios da RAG, e mais do LIG, sería normalizábeis, e as iclúen por seren necesarias.

Desculpa por mandarte dúas veces esta mensaxe pero é que, coas presas, e a hora, cometín bastantes erros.

Feliz finde. --Xoio 22:35, 28 de outubro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Non tes porque darme as grazas. Aquí estamos todos para axudarnos os uns ós outros. Se non vemos isto como un traballo en equipo mal nos irá. Ti se ves que nalgún momento me paso corrixindo dáme un toque. Que neste momento sexa o máis veterano do Galizionario non quere dicir que os outros non traiades boas ideas. E iso de que te imos botar do Galizionario que nin se che pase pola cabeza. Non sabes canto estimo a túa colaboración. Usuarios tan activos como ti ou Gallaecio fixestes que volvese a crer no Galizionario. De todas formas, non podemos ir contra corrente. Debemos respectar o traballo dos demais, dos pasados e dos presentes, e non tomar decisións unilaterais, xa que iso non é traballar en equipo.
En canto ó de recoller opinións persoais nas entradas: o Galizionario (e a Galipedia), como sabes, non son fonte primaria, e polo tanto non podemos dar a nosa opinión sobre a Normativa. Normativa que, por outro lado, tomamos como modelo a seguir, tanto aquí como na Galipedia (na que pola miña culpa -si, culpa- xa se borraron nomes non normativos das listaxes de sinónimos dos artigos). Polo tanto, reflexións como as que fixeches na páxina
abadexo encaixarían mellor na páxina de conversa do artigo ou, se queres comezar un debate, na Taberna.
Cando comecei aquí, cheguei atraído polo potencial do Galizionario para expresar a miña atracción polas rarezas do galego (como reza na miña páxina de usuario,
a miña modesta colaboración no Galizionario responde á miña afección por aprofundar no coñecemento do galego). Porén, batín coa opinión en contra dos usuarios que por aquí andaban a traballar duramente, que non tiñan as mesmas vinculacións ca min. Hoxe penso que a miña opinión se achega bastante á de aqueles, e, aínda que me sigo sentindo atraído por aquel potencial (e penso que debe ser explotado), sei que o proxecto ten as súas limitacións, tanto nos piares sobre os que se sustenta, como na diversidade de opinións dos usuarios que o fixeron, fan e farán posible.
Espero que esta mensaxe non te desanime senón todo o contrario, e que sigas facéndoo tan ben como sabes e podes. Un cordial saúdo. 14:23, 29 de outubro de 2010 (UTC)


adución[editar]

Ola Furagaitas. Despois de facer a miña edición do teu adución dinme de conta de que adución non é correcto, senón abdución (V. VOLGa, páx. 52). Sen emabrgo hoxe, despois de comprobar as túas (sempre) oportunas edicións no meu artigo abdución, vexo que o teu aínda sigue no galizionario. Un saúdo --Xoio 21:20, 2 de novembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Ola. Adución permanece no Galizionario porque vén recollida na edición en liña do VOLG. 11:49, 3 de novembro de 2010 (UTC)
Ola. Pois será un erro que xa corrixiron. Mirei hoxe e no aparece, pero si abdución. Na versión impresa vén abdución e mais abdutor / abdutora. Un saúdo. --Xoio 00:47, 4 de novembro de 2010 (UTC)
Por outra parte so adutor non vén no VOLGa en liña agora (nin na versión impresa) debería vir nunha nova edición destes. Porque as dúas palabras existen, pero non son o mesmo. En castelán non é o mesmo abductor que adutor, como en galego tampouco o son abdutor que adutor. Son, xusto, termos contrarios.
abdutor deriva do latin abductor, separador, mentres que adutor vén do latín adductor, o que leva ou conduce. En anatomía e fisioloxía úsanse para expresar separación e aproximación, respectivamente. É dicir, o contrario. --Xoio 01:11, 4 de novembro de 2010 (UTC)
Nestes momentos, «adución» aparece na edición en liña do VOLGa. ─ GallaecioE logo? 09:55, 4 de novembro de 2010 (UTC)
Pois eu, onte, non a vin. De todos os xeitos vou tentar de aclarar hoxe os dous conceptos, opostos, de abdución e adución. --Xoio 14:49, 4 de novembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Adutor tamén vén na versión en liña. Un saúdo. 15:33, 4 de novembro de 2010 (UTC)

E que, como xa dixen, as dúas palabras existen, abdución ( abdutor, e abducir) e adución (e adutor, e aducir), e son, precisamente, contrarias ou, se se quixer, case antónimos. Acabo de editar agora o artigo adución, no que se poden ver perfactamente as diferenzas con abdución. O que non sei é se o fixen ben, Furagaitas, porque parece que ti creaches a páxina antes, e non sei como hai que facer nestes casos. Explícoo na discusión. --Xoio 15:42, 4 de novembro de 2010 (UTC)


Bot Started[editar]

Furagaitas dixo: Hi, Jyothis. I'm Furagaitas at Galician Wiktionary. I told you at #wikimedia-stewards (as FrGts) about the delition of the redirections created by the conversion script. These redirections were created in 2006 when wiktionaries became case-sensitive regarding the first letter of a page title, and all pages were moved to their lower-case initial titles. Some of these pages were moved again to upper-case (like Boden) or edited as new entries (like Boson); therefore not all must be deleted. If you need more information, contact me here or there. Thank you very much. 19:54, 4 November 2010 (UTC)

Bot is on and check the Deletion log. Will take some time to finish, as I am running it at a slow pace --Jyothis 05:17, 5 de novembro de 2010 (UTC)
Run Completed. Please verify and confirm --Jyothis 00:57, 6 de novembro de 2010 (UTC)


ABA e termos relacionados[editar]

Furagaitas dixo: Boas Xoio. Vin que marcaches para borrar ABA. ¿Esta palabra só se usa en minúsculas? Creo tela visto en maiúsculas en algún texto en inglés.
Outra cousa: cabeceiras como {{-locsm-}} (
Locución substantiva masculina) é preferible reservala para os artigos das locucións. Para recoller as listas de locucións dentro dos artigos das palabras que as compoñen, mellor usa {{-relac-}} (Termos relacionados). 07:01, 5 de novembro de 2010 (UTC)

Ola Fura [gaitas]. Penso que nos idiomas románicos aba (símbolo de abscisic acid ou ácido abscísico) úsase só en minúsculas, aínda que non cho podo asegurar. Os anglosaxóns son moi afeizoados ás maiúsculas, aínda que o que representan se escriba con minúsculas. Por exemplo, no artigo abelmosco, que fixen antonte, dixen que os WASP denominan aos froitos, inmaturos e verdes, do Hibiscus edulis, ao que eu bauticei como abelmosco comestíbel (a planta non ten nome en galego, nin en castelán, que eu saiba), como lady's fingers, na Wikipedia en inglés vén Lady's Fingers.
Canto ao modelo das locucións tomo nota e, aínda que non me gusta moito iso de relacionados (pero as normas son as normas), pouco a pouco irei corrixido os que fun metendo (para que ti non estragues o teu tempo editándome).
Cando onte andaba editando artigo aberración, e as súas locucións ou termos relacionados, vin que aberración cromática, e outras dúas, aparecían xa como entradas no Galizionario, o que me parece ben, porque é un termo con varias voces, é dicir, unha locución. Gallaecio xa me contestou (advertíndome, unha vez máis, de que respondese ao comentarista na súa páxina de conversa, e non na miña) e xa me dixo que así, como eu dicía, era como se estaba a proceder actuarlmente. Así que vou mover as locucións ou termos relacionados, e outros que aínda faltaban por introducir, a entradas independentes, deixando na páxina principal unicamente como termos relacionados a listaxe destes. A min, paréceme unha moi boa solución, sobre todo porque, cando se procurase aberración aparecerían debaixo todos estes termos de dúas (o maís) voces. E o mesmo farei con outros artigos que presentan o mesmo problema. -Xoio 15:41, 6 de novembro de 2010 (UTC)


Comentario[editar]

Furagaitas dixo: Perfect. Thanks. So could you help us with this, this and this (I'm sorry, I'm taking advantage of you). 17:22, 6 November 2010 (UTC)

Hi! I see that dferg is already handling it. --Jyothis 03:43, 7 de novembro de 2010 (UTC)


Palabra do día[editar]

Boas, fixen algunhas palabras do día seguindo o enlace da páxina principal, espero que estén ben... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:15, 9 de novembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: En principio está bastante ben. Se te animas a seguir creando palabras do día iremos eliminando ligazóns vermellas da Páxina Principal. Estaría ben que as palabras tivesen algo que ver (aínda que sexa remotamente) co día en cuestión, pero non é nada fácil. Por exemplo, hai quen propuxo can para o día de San Roque, ou croque para o día de Santiago. 12:13, 9 de novembro de 2010 (UTC)
Si, xa o vin, o que pasa é que pensaba que iso ó mellor xa estaba feito xa que só metín palabras nos días que non tiñan nada. Ademáis outra cousa, ¿non hai forma doada de saber si unha palabra xa se puxo?. ¿Ou poden repetirse as palabras (si non é en datas próximas)?. Tiña pensado ir dando de alta palabras novas e á vez ilas metendo no calendario, polo menos ata finais de ano, para que non quede a portada sen palabriña. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:52, 9 de novembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Non sei se hai maneira de ver as que xa están feitas, pero se non hai deberiamos facer unha lista para non repetilas.
E se non queres pasar o traballo de crear novas entradas (aínda que sempre está ben) podes usar das xa existentes no Galizionario. Das que están en Wiktionary:Proxecto de Portada/A palabra do día non sei se están todas creadas xa. 13:07, 9 de novembro de 2010 (UTC)
Pois non sei cómo se podería facer o de non saber as palabras que xa se puxeron, estar deberían estar todas na Categoría:Wiktionary:A palabra do día, pero nesa categoría non se ve qué palabras son porque o modelo só ten no seu nome o día no que sae. Ó mellor podería cambiarse o modelo para que leve as dúas cousas, o día e a palabra, e así consultando esa categoría xa se podería ver qué palabras estiveron na portada...
Sobre o proxecto Wiktionary:Proxecto de Portada/A palabra do día, non o seguín porque non mostra os días que faltan por palabra, usei esta páxina, Wiktionary:A palabra do día e agora quedan só 6 días de decembro. Como son poucas farei entradas novas para eses días, o que xa non sei si serei quen, é de facer que casen as palabras con algo relacionado co seu día, pero tentareino... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:22, 9 de novembro de 2010 (UTC)

E outra cousa na que acabo de caer. Esa categoría ten as palabras para tódolos anos, pero os modelos non inclúen no seu nome o ano co cal, esas palabras van a repetirse tódolos anos. ¿Ou é que esa categoría bórrase ó rematar o ano?. Si se fai iso estamos perdendo de saber qué palabras se puxeron xa en portada os anos anteriores..., ¿ou hai algo que estou perdendo?. Saúdos de novo, --Elisardojm (conversa) 13:26, 9 de novembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Que va! Só hai unha lista de palabras do día e Sabías queses para tódolos anos. E como podes ver aínda está inacabada. 14:20, 9 de novembro de 2010 (UTC)
Na páxina que che dixen antes pódese engadir na táboa a palabra, había algunhas no mes de xuño pero son as únicas. Hoxe engadín as que hai en xaneiro, que aínda faltan algunhas para rematar ese mes. Como curiosidade coméntoche que están embalse, escarnio, desbaraxuste, raposa e unha explicación das terminacións en -ábel ou -áble (Modelo:A palabra do día/21 de xaneiro) (isto non é unha palabra... :). Coméntoche estas curiosidades en relación co teu post da taberna das Formas non normativas que non contestei porque non me entero da metade :). Tentarei ir actualizando esa páxina coas palabras que hai ó tempo que vou enchendo os ocos e así xa se pode ver ahí si se repite algunha (por exemplo acabo de ver que en xaneiro sae abruñeiro e abruño con 6 días de separación, ó mellor habería que cambiar unha das dúas). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:53, 10 de novembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Bo traballo. Para non liarse, igual era ben facer unha listaxe por orde alfabética, aínda que só fose nunha páxina persoal. A que comentas do 21 de xaneiro hai que corrixila (as NOMIG non din que unha das dúas sexa preferente) e movela a Sabías que.
Penso que para dar unha opinión ben formada sobre o das Formas non normativas habería que levar un tempo editando, para ter coñecemento de causa. De todas formas, se non entendes algo pregunta, e se queres participar, adiante. 23:52, 10 de novembro de 2010 (UTC)
Movín o contido do 21 de xaneiro ós Sabías que (quitándolle o do NOMIG)e puxen ferreiro como palabra do día, foi a primeira que existía que se me veu á cachola... :). Sobre o das Formas non normativas polo momento non me vou liar con elas que antes quería rematar a páxina de axuda de Gallaecio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:56, 11 de novembro de 2010 (UTC)

Fixen unha subpáxina de usuario, Usuario:Elisardojm/A palabra do día cunha táboa para mostrar as palabras do día, a táboa permite a ordenación por cada unha das columnas. A primeira columna é a do día, non é moi interesante ordenar esta columna porque desordena os días, que xa están ben, pero a segunda columna, que ten a palabra, tamén pode ordenarse para atopar de forma doada algún termo. Si che parece ben podo propor na taberna o cambio de estilo da páxina, ou si pensas que se pode mellorar miramos o que se pode facer.

Por certo, tamén puxen as palabras que faltaban ata fin de ano así que, no que queda de ano, é unha cousa menos que mirar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:20, 12 de novembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Ola. Para substituír a lista de Wiktionary:A palabra do día ocórreseme algo como isto. A presentación que propoñías ti pódese poñer en Wiktionary:Proxecto de Portada/A palabra do día/Lista ordeada. ¿Que che parece?
Ademais estiven vendo que varias
Palabras do día encaixarían mellor no Sabías que. 17:18, 15 de novembro de 2010 (UTC)
Gúsatame moito a táboa, pero penso que estaría mellor coa posibilidade de ordenar por meses, vótalle un ollo a como quedaría en Usuario:Elisardojm/A palabra do día (engadina ó final da páxina). A lista ordenada de tódolos meses tamén estará ben poñela onde comentas ti (quizais estaría ben poñer un enlace no debaixo da túa tabla para que se poda atopar de forma doada) porque así pode ordenarse a lista de todo o ano. Si estamos dacordo póñome a rematar a miña lista cando me digas.
Outra cousa, vin que o 31 de decembro está a palabra chuvia en vez de decembro, como se fai co resto de meses, ¿será mellor cambiala?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:35, 17 de novembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Non lle vexo utilidade ó de ordenar mes a mes. Con iso só nos asegurariamos de que unha palabra non se repita dentro dun mesmo mes.
Sobre o de chuvia, non vexo motivo para movelo. Se crease eu os que teñen os nomes dos meses, seguramente os puxese o día 1 do mes correspondente (ou incluso o último día do mes anterior), pero unha vez feitos non creo que sexa preciso movelos do seu sitio. Pero se ti o cres, adiante. 15:09, 17 de novembro de 2010 (UTC)


Administación[editar]

Furagaitas dixo: Ola Alberte. A elección como administrador e burócrata foi aprobada. Non obstante, en Meta consideran insuficiente o número de votos. A única opción que nos queda por este camiño é que aceptes o cargo de administrador por tres meses. Se estás de acordo, por favor expresa a túa aceptación aquí (ou se o prefires, na miña páxina de conversa, para poder usalo eu como comprobante). 16:04, 1 de novembro de 2010 (UTC)

Ben, pois se non queda outra acepto ser administrador por 3 meses. Saúdos. --Albert galiza 15:58, 9 de novembro de 2010 (UTC)


Familiar[editar]

Furagaitas dixo: Ola! Normalmente estábanse categorizando as palabras en Categoría:Coloquial en vez de en Categoría:Familiar (por iso aínda non existía). ¿Cres realmente que fai falta unha categoría diferente? 12:23, 9 de novembro de 2010 (UTC)

Pois non, a verdade é que non XD ─ GallaecioE logo? 16:20, 9 de novembro de 2010 (UTC)


Cadro despregable[editar]

Furagaitas dixo: Chámame pesado se queres, que o merezo. Mira que te voy a dicir... Coméntocho a ti por que creo que es de todos os que andamos agora por aquí o que máis controla. Tiña pendente o do cadro despregable para as traducións e o que xurdise. O que temos agora ({{1}}, que usa toccolours collapsible) é feo e incómodo de c******; probárase a presentalo doutro xeito pero daba problemas de colocación con certos navegadores. Non hai moito atopei outro (collapsible) que non me deu problemas de colocación, pero si algún problema á hora de facer columnas dentro. Seguro que este problema ten fácil solución, pero agora que temos administrador lémbrome doutra vella opción, NavFrame, e aquí é onde entras ti. A idea é que imitemos (polo menos en certas cousas) os cadros despregables do Wiktionary en inglés. En concreto, as características que me gustan desas caixas son a capacidade de contraer e expandir ó premer en calquera parte da barra de título, e a posibilidade de ter sempre contraídas ou expandidas as caixas a través dunha opción no menú vertical da esquerda.
A miña intención é que, se che gusta a proposta, investiguemos que nos fai falta, que hai que modificar, para non deixarlle demasiado traballo ó administrador. ¿Que che parece? 22:13, 9 de novembro de 2010 (UTC)

Paréceme xenial. Vou botar unha ollada por en.wiktionary.org ─ GallaecioE logo? 22:29, 9 de novembro de 2010 (UTC)
Fixen unha busca para NavF-, NavH- e NavC- nos ficheiros en:MediaWiki:Common.css e en:MediaWiki:Common.js do Wiktionary en inglés, e o que coincidía engadino aos ficheiros locais, resultando nisto. Xunto coa sintaxe dos modelos de dito Wiktionary, imaxino que debería abondar. De todos xeitos, nunca enredei nestas cousas, así que nin idea. ─ GallaecioE logo? 22:58, 9 de novembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Sempre podemos preguntarlle a outra xente. Dáme algo de medo modificar eses artigos sen saber ben o que se fai. 23:38, 9 de novembro de 2010 (UTC)


Dúbidas en alzheimer[editar]

Boas, acabo de facer esa entrada pero teño un par de dúbidas, si tes un momento, ¿podes revisala?. No que teño dúbidas é na pronunciación, que copiei do castelán, e como non teño nin idea diso e sae tan raro non estou seguro de que esté ben. E a outra cousa na que dubido é si hai plural de alzheimer, non hai, ¿non?. Por certo, púxena como a palabra do día 19 de decembro, día da morte do seu descubridor Alois Alzheimer :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:20, 11 de novembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Segundo o VOLGa a forma correcta é alzhéimer (con acento). Non che sei se ten plural, e a pronuncia non sei cal será a máis correcta (en galego penso que o normal é pronuncialo como alcéimer ou alséimer) pero ante a dúbida coido que o mellor será non recoller aquelas cousas das que non esteamos seguros. Moi boa idea a de poñela nese día!! 13:27, 11 de novembro de 2010 (UTC)
Graciñas, xa quitei a pronunciación xa que non é segura e trasladei á páxina co acento, pero agora, ¿qué fago coa páxina alzheimer?. Ó trasladala quedou como redirección pero si é incorrecta, ¿borrámola ou deixámola así?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:51, 11 de novembro de 2010 (UTC)
Ah, non, queda para a palabra en castelán, vouna cambiar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:52, 11 de novembro de 2010 (UTC)


Ola[editar]

Furagaitas dixo: Boas Carlos. Como xa verías, a partir de onte (1 de setembro) a aparencia que ten o Galizionario por defecto é a Vector (Iniciativa de Usabilidade). Algúns dos cambios non son adecuados e cómpre axeitalos ó Galizionario como xa se fixo na Galipedia. ¿Poderías substituír o contido disto por isto? Grazas e saúde. 23:54, 1 de setembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Moitas grazas polos cambios. Algúns deles xa se poden ver (como por exemplo o fondo amarelo do "N" de 'artigo novo'); outros (en concreto os que atinxen á Páxina Principal) non fixeron efecto. Cómpre substituír en MediaWiki:Vector.css os 7 casos de Main_Page por Páxina_Principal (ou o que é o mesmo, substituír o contido disto por isto). ¿Fas o favor? Graciñas. 00:43, 4 de setembro de 2010 (UTC)
Ola, Furagaitas. Perdoa por tardar tanto en contestar. Supoño que xa se arranxou o problema da portada, se non fose así ou hai aínda algunha pequena mellora, deixa un aviso e amañámolo. Saúdos e moitas saúde. --Xoán Carlos Fraga 19:29, 14 de novembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Nun primeiro momento crin que non estaba solucionado o tema da portada, pero agora vexo que si. Falta un detalliño. ¿Poderías cambiar o primeiro parágrafo do Modelo:Wikipediairmáns
{| class="rad" padding="0" cellpadding="2" width="100%" align="center" style="font-size:90%; background:#F1FAFF; border:3px solid #C6E4F2; padding:0.5em 1em 0.5em 1em; margin-top: 1em"
por estoutro:
{| class="rad" padding="0" cellpadding="2" width="100%" align="center" style="font-size:90%; background:#F1FAFF; border:2px solid #C6E4F2; padding:0.5em 1em 0.5em 1em; margin-top: 1em; -moz-border-radius:10px;"
¿Poderías tamén cambiar o nivel de protección dos modelos {{ang}}, {{ar}}, {{ay}}, {{Br}}, {{br}}, {{Ca}}, {{ca}}, {{chy}}, {{Da}}, {{da}}, {{De}}, {{de}}, {{En}}, {{en}}, {{enm}}, {{Es}}, {{es}}, {{Eu}}, {{eu}}, {{Fr}}, {{fr}}, {{Gl}}, {{gl}}, {{grc}}, {{got}}, {{It}}, {{it}}, {{La}}, {{la}}, {{Nl}}, {{nl}}, {{Pt}}, {{pt}}, {{sl}}, {{sv}} a usuarios autoconfirmados? 14:14, 15 de novembro de 2010 (UTC)


Que pasou?[editar]

Ola Furagaitas. Que foi o que pasou? Onte, quixen redactar uns novos atigos sobre outros avetouros e outros, Abies, abietáceas... etc. pero ao gardalas, non quedaron gardadas. É que fun eliminado da lista de colaboradores, ou débese a un fallo técnico na rede, o da IP do meu ordenador? E que tiven que volver cambiar de ordenador, pero volvín a usar o mesmo co que comecei a colaborar. Un saúdo.--Xoio91.117.39.84 19:17, 22 de novembro de 2010 (UTC)

Despois de mandar o comentario, vin que, ao asinar, tampouco non saíu o meu nome--91.117.39.84 19:21, 22 de novembro de 2010 (UTC). Poro son Xoio.
Furagaitas dixo: Esta mensaxe vai dirixida ó usuario Xoio:
Non che podo dicir o que che pasou con tan poucos datos. O que sospeito é que co outro ordenador mantíñaste rexistrado dunha sesión para outra. Tes que volver acceder co teu nome de usuario e contrasinal (marcando a opción Lembrar o meu contrasinal entre sesións) e logo calcar en Acceder ao Sistema. Espero que teñas sorte. 19:28, 22 de novembro de 2010 (UTC)


Traducións e Shyde[editar]

Furagaitas dixo: Ola. Olla as traducións de xuíz. Parece que non deu o resultado esperado. 19:55, 24 de novembro de 2010 (UTC)

Menos mal que me avisaches. Nin me decatara :S Un caso máis a contemplar. ─ GallaecioE logo? 08:56, 25 de novembro de 2010 (UTC)


Xuntar ou borrar?[editar]

Furagaitas dixo: Boas compañeiro. Coas páxinas marcadas para xuntar preténdese combinar os historiais, non simplemente levar a información dunha para a outra. Con isto consérvanse as edicións válidas dos outros compañeiros. De feito, comenteillo a Alberte para que o fixese. Se as marcamos para borrar posiblemente nunca se cheguen a xuntar. 01:06, 29 de novembro de 2010 (UTC)

Hostia, perdón! :S Vou desfacer as edicións das “malas”. Grazas polo aviso. ─ GallaecioE logo? 16:26, 29 de novembro de 2010 (UTC)


´-fila[editar]

Furagaitas dixo: Ola Xoio. O artigo ´-filo, ´-fila ten un nome incorrecto. Débese crear sobre a forma en masculino (´-filo, preferiblemente) ou sobre a forma en feminino (´-fila). 02:22, 29 de novembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Boas. Movín ´-filo, ´-fila a ´-filo. Se tes especial interese, podemos crear a entrada en feminino co mesmo ou distinto significado. 23:19, 29 de novembro de 2010 (UTC)
Moitas grazas, Furagaitas. Non sabía facer iso que ti fixeches (e moi ben), ou é que talvez os colaboradores non o podamos facer. Penso que o máis práctico e sinxelo é facer unha entrada con ´-fila remitindo a ´-filo. Un saúdo. --Xoio 01:45, 30 de novembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Para facelo contei coa axuda dun steward. O artigo ´-filo, ´-fila non paga a pena conservalo nin como redirección. ´-fila xa redirixe a ´-filo. As restantes redireccións seguramente sexan arranxadas por un bot en pouco tempo. 02:00, 30 de novembro de 2010 (UTC)


#*[editar]

Furagaitas dixo: Boas! En relación ós dous xeitos que estamos a empregar para presentar os exemplos e a sinonimia dentro das definicións, con "#:" ou con "#*", aínda que nun principio prefería a primeira, agora parece máis recomendable utilizar a segunda para que funcione a opción de visibilidade que espero presentar antes de que remate o ano. Un saúdo! 01:08, 20 de decembro de 2010 (UTC)

Xa o vin e xa me adaptei. Tamén nos exemplos ou só nos demais elementos? ─ GallaecioE logo? 07:01, 20 de decembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: A idea é que toda a información que vaia entre unha definición e outra (exemplos, termos relacionados,...) se poida agochar. Para iso deben comezar por "#*". Podes ver como queda no Wiktionary en inglés (p. ex. en:stomach). 13:31, 20 de decembro de 2010 (UTC)


Parabens[editar]

Ola Furagaitas ! Ainda non estou lista para meterme a colaborar (problemas materiales sen ningun elemento dramatico na miña vida), mais a ollada que dìn, a escape aproveitando internet fora de casa, encantame. Certo outros usuarios de seguro que meteronse, pero vexo que ti mereces o ceo polo teu labor, da alegrìa a xente coma mìn, ver vivr na rede o galego !

Ata logo Elvire 18:13, 21 de decembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Eu si que me alegro de ver que todo che vai [máis ou menos] ben e que aínda te acordes do Galizionario. Grazas polos parabéns, pero o mérito non é meu só. A ver se te vemos de novo por aquí pronto; xa sabes que se algunha dúbida tes cos cambios, por aquí andamos para axudar. Felices festas, próspero ano, e moooita saúde. 16:54, 22 de decembro de 2010 (UTC)


RE: Novas tendencias[editar]

Furagaitas dixo: Boas Norrin. Non se che ve o pelo eh :). Espero que vaia todo ben. Póñote ó día nas últimas tendencias en uso de modelos:

  • {{-etim-}}, {{-pronuncia-}} e {{-audio-}} pasan a chamarse {{etim}}, {{pronuncia}} e {{son}}. Gallaecio estase encargando de modificar os modelos para podelos categorizar por lingua ({{son}} xa o fai, mira a páxina do modelo para máis información). Os modelos ocúltanse cando están baleiros e categorizan igual, polo que é importante usalos sempre. Ademais agora temos o modelo {{homofonos}} para usar canda esoutros tres.
  • Os modelos de lingua agora serven (ademais da súa antiga función) para facer ligazóns a cabeceiras de lingua determinadas. Así por exemplo: {{gl|palleiro}} = palleiro#Galego; {{Gl|palleiro}} = {{Mai|palleiro|gl}} = palleiro#Galego (visualizando inicial maiúscula). Máis información sobre como se fan e os que están feitos aquí.
  • Ás cabeceiras de categoría gramatical estámoslles poñendo como parámetro o código de lingua para unha futura categorización por lingua (por exemplo: {{-substm-|gl}}).

Un saúdo. 16:01, 5 de novembro de 2010 (UTC)

Furagaitas dixo: Ola Norrin. Vexo que xa te vas familiarizando cos cambios. Lembra que os modelos {{-etim-}} e {{-pronuncia-}} é preferible utilizalos sen guións para diferenciar seccións de apartados e eliminar ambigüidades. O mesmo para {{-audio-}}, que agora tendemos a chamar {{son}}; este modelo, ademais, ten varios valores por defecto:
{{son}} é equivalente a {{-audio-|{{PAGENAME}}.ogg|{{PAGENAME}}}} (+categorización por lingua).
{{son|||en|uk}} é equivalente a {{-audio-|en-uk-{{PAGENAME}}.ogg|{{PAGENAME}}}} (+categorización por lingua).
É conveniente pór sempre os tres modelos, aínda que estean baleiros, para que as páxinas queden correctamente categorizadas ({{etim||gl}}, por exemplo, non visualizará nada, pero categoriza a páxina en Categoría:Wiktionary:Páxinas en galego sen etimoloxía).
Máis nada. Xa sabes que para calquera cousa, por aquí andamos. Deséxoche un bo 2011. 22:03, 28 de decembro de 2010 (UTC)
Grazas Furagaitas. A verdade é que non é doado adaptarse a tanto cambio, pero bueno... Polo de agora podo contribuír porun tempo por aquí.--Norrin strange 08:00, 29 de decembro de 2010 (UTC)


xeog[editar]

Furagaitas dixo: Ola! Boa idea a do modelo {{xeog}}. ¿Non che parece máis intuitivo (e abreviado) {{xeog|<código de lingua>|<rexión>}}? 16:39, 31 de decembro de 2010 (UTC)

Eu prefiro non trocalo porque xa me costou bastante chegar alí. Seica Gallaecio podería... --Norrin strange 16:40, 31 de decembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Que che parece algo así:
''[[:Categoría:{{UCFIRST:{{nomelingua|{{{1}}}}}}} de {{{2}}}|{{{2}}}]]''<includeonly>[[Categoría:{{UCFIRST:{{nomelingua|{{{1}}}}}}} de {{{2}}}]]</includeonly>
Por exemplo: {{xeog|es|España}}. 18:09, 31 de decembro de 2010 (UTC)
O único problema é que con nomelingua quédache a categoría en minúscula, asi: Categoría:inglés de Irlanda. --Norrin strange 08:41, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)
Furagaitas dixo: Pero {{UCFIRST:{{nomelingua|{{{1}}}}}}} resolve o problema. 22:30, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)


Nova aparencia[editar]

Furagaitas dixo: Boas Carlos. Teño un traballiño para ti. Estiven deseñando unha actualización dos arquivos que configuran a aparencia e a funcionalidade do Galizionario coas que mellorariamos substancialmente nestes aspectos (deixei información ó respecto na Taberna). Se non tes inconveniente, ¿poderías facer o seguinte?:

/* Calquera JavaScript que haxa aquí será cargado para os usuarios que usen a aparencia Monobook */
/* Calquera JavaScript que haxa aquí será cargado para os usuarios que usen a aparencia Vector */

Aproveito para desexarche moita sorte para o 2011. 02:19, 29 de decembro de 2010 (UTC)

Ola Furagaitas. Comproba se fixen ben os cambios que me deixache -avisa se hai que facer algo máis-, e deséxoche tamén un feliz ano 2011. --Xoán Carlos Fraga 22:25, 30 de decembro de 2010 (UTC)
Furagaitas dixo: Moitas grazas. Os cambios deron o resultado esperado. Pouco a pouco irán saíndo a relucir as novidades. 22:57, 30 de decembro de 2010 (UTC)