Conversa usuario:Furagaitas/2008

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

NON EDITES ESTA PÁXINA
Aquí están están recollidas parte das conversas antigas de Furagaitas. Para deixarlle unha mensaxe nova faino aquí


Benvidas[editar]

  • Benvido/a ao Galizionario Furagaitas. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar o Galizionario para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais do Galizionario inclúe Wikisource para textos orixinais, a Galipedia para entradas de enciclopedia, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios na Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert 09:17, 21 maio 2007 (UTC)
  • Benvido, Furagaitas. Eu son Carlos, e non paso moito polo Galizionario, mais algunha vez pico. Corrixín algunha cuestión de etimoloxía que comentabas (lume, lumieiras...) e tamén saquei algún sinónimo errado que comentabas (sabugueiro e queiruga, que son distintos). Grazas polos teus comentarios. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 20:23, 16 setembro 2007 (UTC)
Furagaitas dixo: Grazas pola benvida e por correxir os erros que fun atopando... así como os posibles erros que poida ter nas miñas colaboracións. 17:41, 20 setembro 2007 (UTC)


Xerais[editar]

Furagaitas dixo: ¿É oportuno mencionar o nome dun dicionario comercial? 16:12, 23 outubro 2007 (UTC).

Simplemente é de referencia, para saber de onde saen os datos se se queren comprobar (hai algúns como alazán ou alourado que poida que non veñan así noutros dicionarios). E para saber onde quedei e seguir máis tarde. Pódese quitar se incumple algo. Interesante a ligazón de anceio, por outra parte. --Sobreira 22:35, 23 outubro 2007 (UTC)


  • ?. Coido que debemos reservar -glref- para cando haxa un artigo na Galipedia que trate o tema extendidamente (estilo abeluria/dedaleira/..., ou un concello, ou unha ciencia: eses contidos enciclopédicos en xeral que polo tanto non sexan para incluír nun dicionario). Precisamente Usuario:Botsobreira se encargou hai unhas poucas semanas de revisar tódolos -gl- e cambialos a -glref- se existía un artigo na Galipedia. Sobreira (parlez) 13:12, 5 xaneiro 2008 (UTC)
Furagaitas dixo: Ok. Grazas pola aclaración. 20:08, 14 xaneiro 2008 (UTC)
  • Uso de -glref- cando existe un artigo na Galipedia: mantería esta filosofía tamén aínda que na Galipedia envíe a unha redirección. Por exemplo, cancereixo, capudre, cornabude, sorba e sorbeira son sinónimos e os contidos dos artigos son idénticos (salvo autorreferencias e flexión). Na galipedia só existen tres: cancereixo, cornabude e capudre, os dous primeiro reenvían ó último. Como se pode ver, os dous primeiros tamén usan -glref- por dous motivos:
    • Si que existe unha páxina deles na Galipedia e polo tanto non está creando unha ligazón rota (como sería con w:sorbeira)
    • Non obrigaría a ir a un dos seus sinónimos para atopar esa ligazón: así podo ver a información sen necesidade de saber que o artigo da Galipedia se chama exactamente w:capudre e non w:cancereixo (que redirecciona) nin w:sorbeira (que non existe).
Como w:sorbeira non existe na Galipedia, non podería usar -glref- para non crear ligazóns rotas, a non ser que cree unha redirección alí. Saúdiños. User:Sobreira
Furagaitas dixo: Grazas novamente; non controlo moito as regras de codificación porque o certo é que lle adico pouco tempo ó Galizionario, e as veces que por aquí me deixo caer normalmente só me paro no contido dos artigos. Desculpas polos fallos que a este respecto poida ter e convídovos ós que o tedes máis mamado a corrixilos. En breve espero subir unha lista de pronomes que teño a medio facer; a ver se lles encontras os erros que poidan levar ;) Ata outra. 17:31, 19 xaneiro 2008 (UTC)


Cuestión de normas[editar]

Baseándose só no VOLG:

  • sobre méndigo, púxenlle hiperenxebrismo por non poñerlle vulgarismo, que o modelo non estaba creado.
  • sobre páxaro, é castelanismo porque recolle a tonicidade do castelán, lingua coa que convive o galego (como non coincide xeográficamente co portugués non é necesariamente lusismo e a explicación máis doada é castelanismo).
  • sobre fame, tampouco entendo a cuestión etimolóxica (supoño se non me lembro mal que famem vale tanto para fames como para famis).
  • sobre dicer, non sei que querías facer: se establecer que é correcto ou se non sabías como explicar que non o é. Idem decer. Por se o precisas, temos un modelo modelo:palabraincorrecta para iso. Coido que sería bo que, ademais dun dicionario de galego, doutras linguas e de topónimos, o Galizionario fose tamén un dicionario de incorreccións e mesmo de conversa, sufixos e prefixos. Sería óptimo se puidese ser de fraseoloxía, pero non me fago a idea de como facelo organizadamente, así que se tes algunha idea comunícanolo.
  • canto a tu-ti non sei o que queres dicir: comprobei que está tolerada no VOLG (como decer: canto aprendo dos currunchos da norma ultimamente: hai pouco tamén atopei xove), pero non lle atopo (ou coñezo) máis explicación que a distribución por contextos xeográficos, non por contextos sintácticos. Creei modelo:palabranonpreferente para evitármonos este tipo de casos como tu e decer e curarnos en saúde.
  • Se queres ler Wiktionary:Glosario, gustaríame saber a túa opinión (sobre definición impropia, etimoloxía, etcétera, latín-nome_científico, maiúsculas e o resto).
  • Tamén estaría ben saber que opinas sobre Usuario:Albert galiza/Proxecto de Portada

Sobreira (parlez) 20:16, 20 abril 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Moitas grazas polos teus comentarios. Aí van os meus:
  1. En primeiro lugar, gustaríame deixar clara a miña opinión sobre os conceptos de galego culto/galego vulgar. Desde o meu punto de vista o criterio que segue a norma culta é un mero convencionalismo que frecuentemente non concorda cos criterios de corrección do galego popular. Eu son partidario de non caer neste convencionalismo e facer do Galizionario un dicionario máis aberto, máis obxectivo quizá (máis orientado a un dicionario de uso que a un dicionario normativo). A fin de contas, temos espazo de sobra para facer as matizacións que queiramos. A este respecto quero agregar que non me parece conveniente incluir na definición das entradas se unha forma é recomendable ou non; pódese deixar esta apreciación para un apartado de Observacións, indicando sempre que criterio se toma para facer esa observación.
  2. Sobre méndigo e probe, coido que é moi arriscado atribuir a súa evolución a unha regaleguización (por fuxir do castelán?), polo que non vexo correcto marcalas como hiperenxebrismos cando non teñen traza de selo... aínda que sexa por saír do paso.
  3. No caso de páxaro, ¿a coincidencia da tonicidade é explicación suficiente para marcar esta palabra como castelanismo? Se non me engano, etimoloxicamente esta palabra debería ser proparoxítona, como de feito o é en castelán e en portugués; deste xeito, o vulgarismo (ou hiperenxebrismo, seguindo o modelo do punto anterior) debería ser paxáro. Por outro lado, ¿quen asegura que a palatal -x- non é unha influencia do castelán?
  4. Da etimoloxía de fame pouco podo dicir, o latín non é o meu. Simplemente non me parecía adecuado tirala de famen, faminis como no seu momento se fixo, xa que no mesmo DRAE, do que saíu esa etimoloxía, dá para fame outra orixe. O Houaiss tira a forma portuguesa de fames, -is e de fami, -ei; non sei se estas dúas formas teñen un caso famem en común (de ser así, para saír do paso está ben), pero non deixa de ser (ou polo menos a min parécemo) unha solución de andar por casa.
  5. Sobre dicer e decer remítome ó primeiro punto. Son os creadores da Normativa os que deciden se estas formas son preferentes, vulgarismos, dialectalismos, lusismos ou arcaísmos. Non creo que nos debamos limitar a tachalas de incorrectas cando son formas plenamente galegas (máis quizá que dicir), e xa digo, menos na definición. Se lles puxen unicamente unha ligazón cara dicir non foi porque non fosen aceptadas pola Norma (que tamén), senón máis ben porque son moito menos habituais no galego, tanto falado como escrito. Caso parecido é o de périto.
  6. Quitando cuestións de preferencia (basta marcala como dialectalismo para saber que o seu uso é limitado), as formas ti e tu non son sinónimas máis que nalgúns casos, polo tanto penso que é conveniente aclarar o seu uso. Supoño que a diferenza entre as dúas formas a terás clara, pero poñerei un exemplo: é imposible a construción... A tu (=ti) non che gusta, pero a min si. Tu pódese substituír sempre por ti, pero ó contrario non; se non se especifica, calquera pode pensar que si.
  7. Sobre o glosario, está ben, ás veces non vén mal repasar algúns conceptos. A solución definición impropia paréceme rara pero curiosa; non sei eu se terei un bo criterio para usala. Sobre as entradas con maiúscula, hai moitas que son nomes comúns que habería que movelas para as correspondentes con minúscula (xa..., é máis estético que rendable); non sei que che parece o comentario que fixen na entrada Lúa. Non estaría de máis incluir no glosario algunhas siglas como VOLG, RAG, RAE, ALGa, TILG, CORGA,...
Aburiño. 17:36, 21 abril 2008 (UTC)


Homos[editar]

Vexo que como andas con elementos tes que crear os modelos homo e inserirlos no índice. Creo que che será máis rápido ilos creando pero xuntalos todos cando remates con eles mediante a ligazón que as enumera. Se non o sabes facer avísame cando remates e fágocho eu. Sobreira (parlez)

Furagaitas dixo: Boas. Grazas polo ofrecemento. Rematei cos símbolos dos elementos; quédame pendente crear os modelos homo de pa, ra, re, se, si, na, te, xe. Se queres rematar a faena, que seguro que che leva menos tempo que a min, adiante; se non xa acaberei eu noutro momento. Creo que me quedou algún homo máis por meter no índice. 01:04, 29 abril 2008 (UTC)


Palavras alemãs[editar]

Porque não posso mover artigos? Muitas palavras alemãs (ex.: grossvater) deverão começar com letra maiúscula. Queria movê-la mas não tenho a opção "mover/trasladar". Obrigado, Malafaya 09:25, 15 maio 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Ola, moi boas e moitas grazas por colaborar. Estando rexistrado, na parte superior da páxina debe aparecer a opción mover, entre historial e vixiar. 09:33, 15 maio 2008 (UTC)
Sim, estou registado mas não tenho essa opção, mas nos outros Wiktionaries, sim. Vós tendes alguma opção diferente aqui no Galizionario, que não permite mover páginas a usuários não administradores? Malafaya 09:35, 15 maio 2008 (UTC)
Furagaitas dixo: Pois non, en teoría calquera usuario rexistrado debería poder mover páxinas. Eu por exemplo non son administrador e estes días estiven a mover canto quixen. É realmente estraño. Proba a opción de reset en último caso ;) 09:46, 15 maio 2008 (UTC)
Perguntei no #wikimedia-tech. Só após 4 dias é que a minha conta se torna "autoconfirmed". Depois desses 4 dias, já posso mover páginas. Obrigado pela tua ajuda. :) Malafaya 10:02, 15 maio 2008 (UTC)
Furagaitas dixo: Non tén de que. Así tamén aprendo eu algo novo. Para calquera cousa... ó teu servizo xD 11:28, 15 maio 2008 (UTC)


Sobre borrar[editar]

Bo día Furagaitas. Por favor cando marques unha entrada co marcador borrar non elimines o contido da páxina agás no caso de que sexan insultos, información persoal ou calquera outra situación semellenate ou que vexas que é grave. Se non se elimina o contido poden facerse as comprobacións máis rápido. Aproveito a ocasión para saudarte polo teu aniversario neste wiki que segundo vin é o próximo domingo día 18. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:25, 16 maio 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Tes toda a razón, mil desculpas. Poñereille o marcador sen borrar o contido. Neste momento estaba revisando entradas traídas da Galipedia, xa que hai algunhas repetidas (con maiúscula e con minúscula); se lles queres dar ti un repaso para acabar antes... Eu polo momento vounas deixar quedar. E por certo, nin conta me dera de que estaba de aniversario, grazas. Un saúdo. 09:35, 16 maio 2008 (UTC)
Hai moitas entradas da Galipedia por revisar, o que pasa con esas entradas, e por iso é importante deixar o contido, é que nalgunhas (non sempre) hai que combinar os historiais das que están repetidas en minúscula e maiúscula. Neste momento non teño moito tempo e queda nas tarefas pendentes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:40, 16 maio 2008 (UTC)


Toponimia[editar]

Ola Furagaitas. O documento mudou de sitio, agora está en http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:51, 23 maio 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Moi agradecido! Andei a buscalo e non o daba encontrado. Por certo, teño unha dúbida, a ver se ma resolves ti. ¿Os modelos entran no cómputo de artigos? Porque de ser así estaría un pouco falseado o número de artigos, ¿non? 14:02, 23 maio 2008 (UTC)
Só contan no cómputo as entradas do espazo de nomes principal (os espazos de nomes veñen determinados polos prefixos: Modelo, Categoría, Imaxe, Conversa, etc..., o espazo de nomes principal non leva prefixo), as redireccións tampouco contan. Nas estatísticas en crú podes ver a diferenza entre o número de páxinas e as que se consideran entradas reais, neste preciso momento total=38284;good=18359. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:44, 23 maio 2008 (UTC)
Furagaitas dixo: Graciñas de novo. A dúbida xurdiume hai uns días despois de crear un modelo homo, pereceume que contador subira, pero non debeu ser así. 14:59, 23 maio 2008 (UTC)
Ás veces o sistema pode presentar algún problema puntual, puidera ser esa a explicación non o podo afirmar con seguridade. Hai algúns días semella que os programadores estiveron facendo algunha tarefa de mantemento que se notou no wiki. A ver se conseguimos chegar a 20.000 entradas axiña. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:13, 23 maio 2008 (UTC)

Moitissimas gracias a Furagaitas e a Prevert. Se non vos parece mal :

  • vou traballar co listaxe de Furagaitas é mais facil para mín, e por demaís sabemos todos donde collo a fonte, para clarificar erros entre nós.
  • grabai na miña computadora a páxina que da Prevert para consultala. Para traballar directamente con ela ten o inconvéniente que non se poden facer de copiar/pegar, e eu abuso diste tipo de escritura para evitar os problemas dos acentos.

Concordo con 20 000 para principios de xuño !!!Saúdos Elvire 16:51, 23 maio 2008 (UTC)


birn e Birn[editar]

Ola Furagaitas. Están marcadas para borrar birn e Birn, supoño que a que querias marcar é birn pero non chegaches a movela. Foi iso? Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:34, 28 maio 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Ola!! Realmente quería marcar para borrar as dúas, porque polo que puiden ver no Wikiwörterbuch e nun tradutor en papel, non existen Birnen (=pereira) nin Birn (=pera). birnen movina a Birnbaum e marqueina para borrar (xa a borraches). Como o equivalente de pera (Birne) xa existía, non tiven que mover birn, pero tampouco non quixen ser eu o que borrase o seu contido, xa que non coñezo a fonte da que saíu. E finalmente, como Birn só tiña unha redirección cara un artigo que non sei se é correcto, marqueino para borrar. Quizá debese limitarme a facer un comentario na páxina de discusión... 22:05, 28 maio 2008 (UTC)
Grazas pola aclaración. Daquela non chegara a comprobar as palabras, por iso supuxen que se trataba do mesmo caso que os outros borrados. Agora fíxeno e semella que había un erro nesa entrada. En canto a comentalo na páxina de discusión faino cando ti consideres que pode ser útil para aclarar algo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:52, 28 maio 2008 (UTC)


Comestíbel[editar]

Ola Furagaitas. Vin que engadiches a túa lista de tarefas pendentes mudar comestibel por comestíbel. Iso pode facelo un bot e afórrase traballo. Se che parece ben pídollo a Banjobot (non teño o meu bot, Prebot, dispoñible senón faríao eu mesmo). Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:49, 7 xuño 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Boas! Pois adiante, xa o dou por feito. Vouno borrar da miña lista de traballos pendentes. Moitas grazas. A ver se chegamos hoxe ás 19000 ;) 14:56, 7 xuño 2008 (UTC)
Penso que si. De feito houbo un problema co contador que restou unhas redireccións que borrei, se non fora iso xa teríamos chegado ou faltarian un ou dos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:01, 7 xuño 2008 (UTC)


19.000 entradas[editar]

Parabéns por crear a entrada gheada coa que chegamos á número 19.000, agora a próxima meta son as 20.000. Unha cifra que semella un paso moi importante, se temos en conta o traballo que se vén facendo nas últimas semanas. Moitas grazas. --Prevertgl 16:48, 7 xuño 2008 (UTC)


As listaxes contan?[editar]

Furagaitas dixo: Ola Prevert. Hoxe que andamos pendentes do contador de artigos xurdiume unha dúbida. ¿As listaxes de vocabulario básico (p.ex. a listaxe en alemán) entran no cómputo de artigos? Supoño que si; ¿non sería conveniente movelas por exemplo a Wiktionary:? 17:58, 7 xuño 2008 (UTC)
Por certo: ¿seguiuse algún criterio para facer estas listaxes? 18:03, 7 xuño 2008 (UTC)

Ola Furagaitas. Si que contan. En canto ao de movelas ao espazo Wiktionary penso que é mellor falalo con Sobreira porque el andivo traballando nese tema. Tocante aos criterios non podo achegar ningún dato, creo que se comezou na tirada inicial o Galizionario (daquela estaban Aricum e Rabalde practicamente sós) e non lembro ter visto o que se falou sobre o tema. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:52, 9 xuño 2008 (UTC)
Furagaitas dixo: Ok, xa vin que llo comentaches a Sobreira, a ver que opina el. De non existir un criterio coido que sería bo establecelo... 19:51, 9 xuño 2008 (UTC)
De acordo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:20, 10 xuño 2008 (UTC)


Idea[editar]

Furagaitas dixo: Ola Elvire! Quería darche a miña opinión sobre a presentación das últimas entradas que estiveches a crear. Por un lado, creo que sería recomendable poñer entre parénteses o campo semántico. Por outro, vexo que estás poñendo CVarN na mesma liña que o título do artigo, o que ocasiona que aparezan catro guións a continuación dese título. Furagaitas* 14:28, 8 xuño 2008 (UTC)

Tes toda a razón, non me dín conta, estouche agradecida. Concordo e por demais non me da maís traballo (lol). Non dudes en facerme comentarios e corrixir o que edito. Saúdos Elvire 14:36, 8 xuño 2008 (UTC)
Furagaitas dixo: Boas. Supoño que non reparaches en que estás a poñer "]]" despois de { {etim} } 20:06, 13 xuño 2008 (UTC)
Si non mo dis non me daba conta. Moitissimas gracias Furagaitas.Elvire 20:09, 13 xuño 2008 (UTC)


Artigos para borrar[editar]

Furagaitas dixo: Que hai Prevert! Tráioche traballo xD. Na miña sección de palabras para revisar recollín unha lista de palabras que nas súas respectivas entradas figuran como verbos, cando realmente son adxectivos e substantivos. Están todas marcadas como páxinas para completar. Eu dicía de borralas... 00:05, 12 xuño 2008 (UTC)

Ola Furagaitas. De acordo, irei borrando aos poucos para non baixar de súpeto en número de artigos. Segundo vaiamos aumentando eliminarei uns cantos. Grazas polo aviso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:42, 12 xuño 2008 (UTC)
Feito. Cando vin o número de páxinas que quedaban por completar (preto de 7.000) mudei de idea e borrei todas as entradas trabucadas da lista. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:05, 12 xuño 2008 (UTC)
Furagaitas dixo: O certo é que tantas páxinas por completar desvirtúan as case 20.000 que levamos. Eu vou completando algunha de cando en cando pero a verdade é que me resulta unha tarefa pouco reconfortante. Afortunadamente o seu número vai minguando pouco e pouco. A ver se nos quitamos de riba este lastre, que xa o vimos arrastrando desde hai demasiado tempo. 16:44, 12 xuño 2008 (UTC)
Certo. Haberá que poñerse como obxectivo baixar as que quedan por completar a 5.000 como primeiro paso para mellorar o wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:24, 12 xuño 2008 (UTC)
Furagaitas dixo: Boa tarde. Vexo que restauraches algunha das palabras que che comentei, en concreto apendicular e armilar. A primeira aparece no Houaiss como verbo, pero non aparece ningunha das dúas con esta categoría gramatical nin no VOLG nin no DRAE. ¿A que se debeu a restauración? Por outro lado, ¿que che parece a miña proposta para a sección Índice no Proxecto de Portada? Penso que ten a mesma funcionalidade que a actual e non se fai tan cargada. 15:03, 16 xuño 2008 (UTC).
Ola Furagaitas. O borrado ás veces faise moi duro e hoxe ía a toda présa. Cando vin que a maiúscula enlazaba cunha páxina que non existía pensei que me trabucara, sintoo nin me parei a pensar na palabra. Volvo a borralas. O mellor sería pasarlle ao bot ese traballo, pero hai que asignarlle os permisos de administración e teño que escribir unha proposta razoada. Aínda que melloramos moito ultimamente queda moito traballo por facer e como ti mesmo dixeches con respecto ás páxinas por completar non é moi agradecido andar borrando páxinas de aí que en ocasións cometa algún erro. En canto ao do índice a min paréceme ben, aproveito para engadir que se non chego a intervir nalgunha proposta ou me retraso ao comentar algo non é porque non me pareza ben ou estea en contra débese a que moitas veces entro no wiki a escape e comezo a facer algunha das tarefas pendentes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:17, 16 xuño 2008 (UTC)


Ola Furagaitas.

Cambieille un pouco a definición a infirmerie e a guérison Gustaríame que comprobases que está ben.
Fixeches mui ben, xa sabés que podés corrixir, eu conto coa tua boa fe e tu conta igual comigo
Por outro lado, xa hai tempo marquei para completar mignonnette; ¿pódela completar ti ou darme algunha pista acerca da tradución?
En francés "fr:mignonette" refirese a moitas cousas sobre todo como substantivo, logo tamén é un adxectivo. Tratandose do substantivo, o wikidiccionario francés ponlle 7 sentidos, eu domino ben o sentido de tres accepcións na fala cótia que non sei traducir. Cando abrín a páxina mignonnette, sabendo que era unha parvada visto que non tiña traducción, era para unha flor pequeniña que sirve para facer mui pequenos ramillos de flores que son mui bonitos e que me gustan moito. Agora doume conta que poden ser 4 flores diferentes (!!!), segun o wiki en francés : nome corrente de a) fr:œillets fr:mignardise (œillet = clavel, pero mignardise ???) b) fr:luzerne(?) fr:lupuline (?), c) f:saxifrage (?) ombreuse (? que da sombra) e d) f:chicorée (é unha ensalada que se come) f:sauvage (silvestre). Esique xa vés para o primeiro sentido que pensaba dominar. Para un segundo sentido, as "mignonnettes" son pequeniñas botellas con calquer alcool (cognac, rhum etc) que se compran, non para beber, pero para adornar, colleccionar. O tercer sentido que eu conozco, pois é un encaixe para adornar a roupa ( eu sabia de esto para adornar de xeito antigo os traxes das mulleres, vexo agora que tamén pode ser unha tea especial para a roupa dos homes).

Xa ves, Furagaitas que isto é un lío por pouca cousa. A min non me parece mal que se borre o artigo por non ter ningunha definicion, xa que eu penso que non é problema de ter páxinas sin etimoloxía, sin pronuncia, sin interwiki etc etc, , pero penso que un artigo sin ningún elemento de definición é unha burrada. Exemplos : concordo para iste tipo de páxinas : abuse ainda que sexa mui corto, lagarto ainda que non poña o sentido mais corrente da palabra, légume ainda que sexa ben pobre etc etc. E non concordo nos casos diste tipo rabuñar por non ter ningún elemento de definición.

Resumen :

  1. concordo para botar a lixo iste artigo.
  2. tiven ocasión de darche a miña opinion, tanto para que seipas que concordo para reconocer os meus erros, como para que seipas algo da miña opinon persoal sin que queira eu impola a comunidade.

Saudos Furagaitas Elvire 12:50, 24 xuño 2008 (UTC)

Síntete libre ti tamén para corrixir ou facer críticas das miñas edicións. De todas formas, penso que nunca está de máis vixiar o traballo dos outros para comprobar que todo está correcto; ó fin e ó cabo isto é un traballo en equipo.Furagaitas* 23:21, 24 xuño 2008 (UTC)
Concordo 100%
Por outro lado, referente ás páxinas por completar, supoño que foi unha opción que se seguiu hai tempo para crear entradas de forma rápida. Como non son palabras incorrectas, creo que sería mellor completalas que borralas. No caso concreto de mignonnette, se che parece ben coa información que me deches tratarei de completar o artigo. Furagaitas* 23:21, 24 xuño 2008 (UTC)
Concordo a 100%. A miña opinion é que non se debe seguir abrindo una páxina sin que teña, sendo palabra galega un minimo de unha definición, sendo doutra lingua unha traducción ao galego como minimo. Perdoa pero non me expressei ben onte, nunca pensei propor a lixo todas entradas esas. Só falaba de migonnette por habela abrido eu con un montón doutras palabras pensando que ao poñerlle unha categoria iban ser faciles de traducir. O resultado foi que che din moito traballo porque non era capá eu, e por demais contaba un pouco que Sobreira con todas suas ferramentas automatizadas e as bases lexicograficas poidese axudarme. Fai mui pouco tempo que me preocupo de lexicografía e de traducir. Maís aprendo, maís me dou conta que é mui dificil. Para mignonnette fai o que podas. Saúdos Furagaitas e gracias por todo. Elvire 12:22, 25 xuño 2008 (UTC)


Ola Furagaitas. Esta mensaxe está relacionada coa aprobación de bots. Noutras ocasións non demos de alta ningún bot ata que se acadaron tres votos de usuarios con antigüidade e edicións abondas (nós últimos aprobados houbo máis votos pero só cando tres deses votos cumprían os requisitos os bots aprobaronse). O caso é que agora só estamos activos tres usuarios que cumprimos os requisitos o que supón que o bot de Spacebirdy tería que acadar o 100% dos votos. Como non hai máis usuarios activos estou esperando por ti para ver que facer neste caso (dalo de alta con 2 votos, con tres, non dalo de alta, esperar). De ningún xeito pretendo importunarte, nin pedir que votes nun sentido ou noutro, nin nada que se pareza. Só quería que souberas os criterios e que estou pendente da túa decisión sexa nun sentido ou noutro (votar, non votar, concordar ou discordar). Nos temas das votación sempre procuro evitar calquera tipo de edición que poida levar a pensar que se inflúe dun xeito ou doutro ou que se poida interpretar como presión. Neste caso interpretei que debía informarte. Desculpa se pensas que non debera facelo. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:46, 25 xuño 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Grazas pola información. Se non votei ata o de agora foi por un lado porque non sabía que podía facelo e por outro porque non teño moi clara a función dos bots. Conta co meu voto. 14:11, 27 xuño 2008 (UTC)
Os bots son programas que automatizan certas tarefas como por exemplo inserir interwikis, mudar categorías, corrixir erros ortográficos,... Os que se usan nos wikis Wikimedia adoitan usar Pywikipedia. Debido a que os bots poden facer numerosas edicións as votacións realízanse para outorgar o status de bot e dese xeito agochar as edicións do bot nos cambios recentes (poden visulizarse premendo en mostrar bots) para que así non resulten asolagados polas edicións dos bots. Nas votacións para outorgar o status de bot normalmente avalíase a experiencia do operador do bot, as funcións que vai realizar o devandito bot, a confianza que merece (por causa de que ao agochar as edicións dos bots a revisión non é tan minuciosa coma o resto das edicións) entre outras cuestións. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:27, 27 xuño 2008 (UTC) Engadido: escribín a mensaxe antes de ver que tiñas votado. --Prevertgl 14:28, 27 xuño 2008 (UTC)


  • Vexo que retiraches moi como tradución de eu. Velaquí algunha referencia de porqué o incluín como tradución [1]. Furagaitas* 00:19, 4 xullo 2008 (UTC)

Ola Furagaitas ! Alegrame a túa pregunta por ser unha dubida que tiña. Claro que si, podese traducir eu por moi. A lingua francesa non é tan flexible coma castelá e coma galega : un verbo sempre (agás no imperativo) leva suxeito, non se pode decir "vou", "veño", "fago", é obrigado dicir "eu veño" (je viens), "eu vou" (je vais), "eu fago" (je fais). O je esta case reservado para Forma tónica da primeira persoa do singular, usada por quen fala ou escribe para se referir a si mesmo, cando gramaticalmente é o suxeito da oración como di a accepción do artigo eu. Traducese eu por moi cando non é suxeito gramatical, no exemplo que me das vese ben, o suxeito gramatical é qui e non é moi. Moi reflexa a primeira persoa do singular, maís nunca esta en posición gramatical de suxeito.

Moi en francés é un pronome persoal da primeira persoa do singular a) en posición gramatical sempre está de complemento - exemplos : "cette fleur est pour moi" = "esta flor é para mín" , "cette fleur est à moi" = "esta flor é miña", "bonjour ! c'est moi !" = "Ola son eu, eiqui estou !", "c'est moi qui l'ai dit" = "Fun eu quen o dixo" (semellante ao exemplo que das tu eiqui : [2]) - b) pero tamén pode completar je para darlle maís forza - exemplos : "Moi, je viens " = "Eu, si que veño". "Moi, je suis suis sûre que ..." = "Eu, estou segura que ..." ; vese ben nistes casos que matematicamente deberiase traducir duas veces a palabra eu ! - Resumo persoal que explica o porqué retirei moi, pero que che dá a razón a ti : je é o suxeito, obrigado gramaticalmente en francés e oculto en galego e castelán, notei que por iso ao falar en francés é dificil que a xente utilize o je e poñen moi no caso que na súa lingua o je esta ocultado pola flexión da lingua. En conclusión diria , eu, que je ten o sentido de eu, pero que non se traduce ao galego. Eu traducese por moi, cando esta en posicion de reflexar o suxeito, pero nunca na praza do suxeito gramatical. Agradezcoche moito de axudarme a cavilar, porque agora penso que no artigo eu debese retirar je e volver pór moi. E verdade que un diccionario non ten a misma función ca unha gramatíca ! E verdade tamén que son unha amante da cultura e da súa difusión pero que non son especialista en ningún dominio.
Moi en francés é tamén un substantivo masculino que representa o ser (o suxeito, sendo o ser humano) en sicoloxía, filosofía etc e que non sei traducir ao galego, en castelán pareceme que se di "el yo" ?
  • Por certo, noraboa pola entrada 20.000, recompensa pola túa formidable colaboración co Galizionario. Furagaitas* 00:19, 4 xullo 2008 (UTC)

Moitas gracias Furagaitas ! As miñas recompensas son ante todo a medra e a melloría dos proxectos, o compañerismo xa que é con isto que eu enriquezome. A ver si amañas o artigo. Tes toda a miña confianza Furagaitas Elvire 15:09, 4 xullo 2008 (UTC)

Engado que tamén se poderia millorar o artigo je, para explicar que esa palabra de certo xeito non existe en galego e que non se traduce, non sendo eu unha linguista non sei como expresalo. Si sabes facelo, non dudes. Si non xa se farai no futuro. Saúdos Furagaitas Elvire 15:32, 4 xullo 2008 (UTC)
  • Farei o que poida; de momento deixareino na miña lista de palabras pendentes de revisión para cando teña máis tempo e ganas. Grazas pola aclaración. Cando o teña corrixido xa te avisarei para que deas o teu veredicto. Un saúdo. 15:37, 4 xullo 2008 (UTC)


Boas tardes[editar]

Boas tardes, Furagaitas. Primeiro, grazas polas túas correccións. Aínda me queda moito por aprender das técnicas de edición no galizionario. Segundo. Vexo que plantexas algunhas dúbidas na túa páxina. "Lagartixa" non vale en galego (é puro castrapo de "lagartija"). Aguí temos lagartos (o grande, arnau) e lagartas (esas "lagartixas"). Cando a brecar e abracar, co significado de brada-la vaca ou o boi, si que son sinónimos. Brecar é forma abonada por Eladio Rodríguez, Carré e Leiras Pulpeiro, polo menos. O VOLGa tamén os dá como sinónimos. Tamén viña con esta acepción no dicionario da Academia de 1913 (no actual non). Saúdos, Pedro --P Lameiro 19:12, 20 xullo 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Tanto como boas... empeorou un pouco o tempo, para min quedou tarde de Galizionario :). Ola Pedro, dá gusto ver o esmerado traballo que estás a facer; moitas grazas, penso que é un traballo moito menos cómodo que o que viña facendo eu ultimamente, pero tan necesario. O de aprender as técnicas de edición... pouco a pouco, é algo que se aprende co uso; a min tamén me queda moito por aprender, pero se tés calquera dúbida ou proposta non dubides en comentarma.
Respecto ás palabras que figuran na miña páxina, máis que dúbidas son artigos que precisan unha revisión estudada. O caso das lagartixas, como ben dis, é un rechamante castelanismo; sen embargo aparece recolleito no Estraviz. Por outro lado, creo que a distinción lagarto (variedades grandes) / lagarta (variedades pequenas) non está tan consensuada na lingua oral. brecar, polo seu lado, non recolle no Galizionario a mesma acepción que abracar.
Se queres traballar ti nestas palabras, adiante. E se queres máis traballo, aquí, aquí e aquí hai un mogollón. (Só é unha suxerencia, eh. Ti traballa no que máis te motive). Aburiño! 20:03, 20 xullo 2008 (UTC)


Furagaitas dixo: Ola Elvire. Se tes tempo podes revisar esta listaxe na busca de erros?. Máis que da listaxe, desconfío de que algunha das ligazóns vermellas teñan creado o artigo pero que teñan o título errado (por exemplo: café décaféiné / café décafeiné). 23:09, 28 xullo 2008 (UTC)

Ola Furagaitas ! No caso que dis ti a boa entrada é café décaféiné como foi feito a primeira vez e tal como está na listaxe. De vez en cando voulle botar un ollo. Saúdos Furagaitas e bóo traballo Elvire 09:04, 29 xullo 2008 (UTC)


propostas para a semana entrante[editar]

Adivíñasme o pensamento e quitáchesme a proposta da boca. Xa tiña pensado proporche que crearas algo así porqwue está claro que o seu sitio non era realmente a taberna. Así que trasladarei a proposta ás páxinas de "proxecto" que dis. Grazas, Pedro --P Lameiro 11:01, 5 agosto 2008 (UTC)


homo[editar]

Furagaitas dixo: Ola. Acabo de atopar un caso de dous artigos cos que se pode empregar o modelo homo e acordeime de ti. ¿Atréveste? Os artigos son celeiro e Celeiro. 01:11, 8 agosto 2008 (UTC)

Ola Furagaitas ! Xa que me botaches o mar .... celeiro e cassis. Non me quedou todo entendido automÁticamente, pero xa non lle teño medo ! A verdade e que me gusta moito eso das grafís semellantes. E que podo facer nos casos como voix e voie, foie, foi e fois ? Son palabras de sentido completamente distinto e con pronuncias completamente identicas na lingua francesa. Elvire 08:47, 8 agosto 2008 (UTC)
Furagaitas dixo: Non te preocupes polo engano que tiveches, pásalle a calquera. Vexo que non tiveches problema a crear os homo. Normalmente engádense tamén os homos creados a Wiktionary:Modelos_homo. E como se di nesa páxina, os modelos homo pódense usar tamén para homófonos. Se non sempre nos queda Termos relacionados. 16:28, 8 agosto 2008 (UTC)


mexillón[editar]

Sei que non está documentada, que non vale a investigación propia e todo iso, pero dígocho para a túa información. Os mexillóns son cada vez máis pequenos (por sobreexplotación das rías). Ata agora clasificábanse en grande, mediano e europeo (este último, pequeno, era similar ó que se fai en Holanda e Alemaña, únicos países europeos -do norte- onde se cría mexillón; e similar tamén ó cultivado no Mediterráneo español). Pois ben, agora xa hai unha cuarta categoría, todavía máis pequena, que adoita destinarse a conserva, ó que lle chaman lacasitos. ¿lembras eses carameliños bañados en chocolate? Pois de aí lle vén o nome. Saúdos, Pedro --P Lameiro 21:02, 9 agosto 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Moitas grazas pola información, é unha anotación moi interesante, e parece unha pena non citala, aínda que só sexa na páxina de conversa. O que tamén sería interesante, a falta de fontes escritas que o corroboren (¿?), é dar tódolos datos que se poidan da forma en cuestión (lugar no que se documenta,...). Como xa dis ti, "non vale a investigación propia e todo iso"; que eu saiba, en ningunha páxina do Galizionario se fai esa restricción, pero non me parece conveniente que calquera poida crear a entrada que lle apeteza sen ter unha fonte fiable na que se documente esa expresión. Como di pola Wikipedia 'WP non é fonte primaria'. Por iso estaba pensando en documentarme para propoñer unha Política para o Galizionario. Toda colaboración é ben recibida. Aburiño, 00:34, 12 agosto 2008 (UTC)


"Véxase" rarito[editar]

Boas. Ando modificando e revisando as entradas que levo feitas estes días atrás e atópome con esta expresión extraña: "delgado&namespace=0&limit=100&hidetrans=1&hideredirs=1 Véxase tamén" alí onde ó editar só di { {-ver-} }. Mira, por exemplo, en intestino delgado. Saúdos, Pedro --P Lameiro 19:53, 13 agosto 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Xa está resolto o do Modelo:-ver-. Hai uns días, cando lle puxen a icona, vin 'PAGENAMEE' e cambieino por 'PAGENAME'. É o que pasa por modificar cousas sen saber :). Grazas. 22:07, 13 agosto 2008 (UTC)
  • Grazas... E xa que estamos, ¿en que diferenciamos Categoría e Apéndice? Fixaríaste que, despois de todo o dito, xa non me quedan "Véxases" ningún. Saúdos, Pedro --P Lameiro 22:14, 13 agosto 2008 (UTC)
Furagaitas dixo: Nas categorías lístanse tódalas páxinas marcadas con [[categoría:......]]. Nunha categoría non é posible que haxa unha ligazón cara unha páxina inexistente, xa que esa páxina debe estar categorizada para aparecer na listaxe. A idea é que tampouco existan categorías vacías (é dicir, que non haxa ningunha páxina categorizada). Tamén pode acontecer que haxa páxinas categorizadas nunha categoría inexistente (é dicir, non existe unha páxina na que listalas). Ás veces na páxina non aparece ningún [[categoría:......]], pero a páxina está categorizada igual por algún dos modelos que contén (-gl-, sem, subst,...).
Por outra banda, un apéndice é unha páxina que lista unha serie de palabras (relacionadas entre si, como pasa normalmente nas categorías) elixidas polo autor, con ligazóns cara as páxinas desas palabras (esas palabras non teñen por que existir).
Podemos dicir que un apéndice contén un resumo dunha categoría, ou o mesmo contido que unha categoría pero ordenado doutro xeito. Podes facerte unha idea vendo o código do apéndice de matemáticas e o da categoría matemáticas.
Respecto ó que comentabas hai uns días na Taberna sobre palabras que poden pertencer a varias (sub)categorías, non teño unha opinión moi formada, por iso excusei contestar. Elvire penso que domina algo máis o tema.
23:06, 13 agosto 2008 (UTC)


Re: aviar vs Aviar[editar]

Furagaitas dixo: Boas, compañeiro. Quería marcar para borrar Conversa:Aviar (que ademais de estar orfa non tén un contido de moita utilidade) pero preferín comentarcho a ti por se querías facer algo con ela. 00:48, 4 setembro 2008 (UTC)

Ola Furagaitas. Grazas polo aviso, xa está amañado. Engadín unha explicación para que se comprenda o sentido desas páxinas. Non se deben borrar porque corresponden ao historial orixinal da páxina. Desde hai algún tempo a importación de páxinas desde a Galipedia pódese facer automaticamente e xa non é preciso recurrir ao sistema de copiar e pegar o historial na páxina de conversa. Aproveito para agradecerche que sigas aí a ti e ao resto de compañeiros que hai actualmente no Galizionario. Bo traballo o que fixestes no verán. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:05, 4 setembro 2008 (UTC)


Re: Petición[editar]

Furagaitas dixo: ¿Sería moito pedir un modelo para asinar comentarios a posteriori como o {{Sensinatura}} da Galipedia? 15:03, 4 setembro 2008 (UTC)

Vaia! Estaba pensando niso mesmo. Non o fixen hoxe porque quería incluír unha pequena variación que permita engadir o campo data. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:07, 4 setembro 2008 (UTC)
Furagaitas dixo: ¿Coa data do comentario? ¡Boa idea! Poderei agardar xD 15:11, 4 setembro 2008 (UTC)
Si, porque ese dato é importante para o seguimento das conversas. Na Galipedia acostumo poñer a data de xeito manual pero é mellor que haxa un campo para facelo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:13, 4 setembro 2008 (UTC)
Xa temos o Modelo:Sensinatura. Non houbo que facerlle ningún cambio, non me lembraba que xa o tiña creado na Galipedia co campo para poñer a data. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:19, 4 setembro 2008 (UTC)
Furagaitas dixo: Ok, grazas. Xa o probei. Por certo, decateime de que a Páxina Principal está no espazo de nomes de artigo e aparece listada como un artigo máis. ¿Non sería conveniente movela para Wiktionary:Portada ou Wiktionary:Páxina Principal, como a teñen na versión en inglés? ¿Entra no cómputo de artigos? 17:03, 4 setembro 2008 (UTC)
Penso que no Wiktionary en inglés e noutras Wiktionaries usan o espazo de nomes Wiktionary para deixar libre a palabra para a entrada que lle corresponde. Aquí hai tempo trocaron o contido da páxina portada da portada á entrada sobre ese termo e crearon a Páxina Principal, por iso paréceme que non é preciso facer o outra vez o cambio. Canto máis sinxelo sexa o enderezo para quen queira enlazar connosco mellor. De todos os xeitos se entre todos se acorda facer o cambio por min non hai problema. (Nunca fixen a comprobación pero en teoría si que conta para o número de artigos, é así en todos os proxectos.) Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:39, 4 setembro 2008 (UTC)


Diccionario bilingüe[editar]

Que che parece facer algo semellante a isto? Eu vou comezar un, Galego - Cheién e Cheién - Galego, vai? --Norrin strange 11:00, 15 setembro 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Moi boas. Paréceme estupenda a túa proposta, e máis aínda que colabores connosco :). Xa temos un proxecto parecido no Galizionario, este. Eu son partidario de reservar o espazo principal de nomes para as entradas propiamente ditas, por iso a única pega que poñería é a ubicación que escolliches. Eu prefiro o espazo Wiktionary:. Se estás de acordo, poderíase mover a Wiktionary:Galego-Cheién (e Wiktionary:Galego-Cheién/A, Wiktionary:Galego-Cheién/B, Wiktionary:Galego-Cheién/C,..., Wiktionary:Galego-Cheién/Fontes,...). Pero conste que non hai nada escrito ao respecto (ao menos polo momento), polo que podes elixir a ubicación que máis che guste. Ánimo co proxecto, e para calquera cousa... por aquí andamos. 17:08, 15 setembro 2008 (UTC)
  • O dos nomes poderíase facer, e facelo tamén co de Aragonés-Galego e Galego-Aragonés... E penso que sería boa idea crear subcategorías dentro de Categoría:Dicionarios bilingües, así que vou poñerme. A cousa é que as páxinas vellas quedasen marcadas cun "Borrar"... E está por decidir se chamarlles "Galizionario: Galego-Cheién" ou "Wiktionary: Galego-Cheién". Como o ves? --Norrin strange 17:17, 15 setembro 2008 (UTC)
Furagaitas dixo: O espazo Galizionario: que eu saiba non existe. O que si existe é o Wiktionary:, no que se aloxan páxinas que non son meras entradas, senón máis ben páxinas informativas, e que non entran no cómputo de entradas. O das subcategorías paréceme ben. No caso de querer movelas, na parte superior de cada páxina tes unha pestana Mover; unha vez movida, na páxina vella unicamente quedaría unha redirección, e non entraría no cómputo de entradas válidas. De querer marcala para mover úsase a marca {{borrar}}. O de mover o resto das listaxes bilingües penso que será mellor sometelo a votación (dame tempo, estou a traballar niso). 18:02, 15 setembro 2008 (UTC)
  • O certo que ao facer eses trocos comezo a ter problemas cos espazos de nomes e demáis, polo tanto coido que é mellor deixalo tal e como está agora. De Todos xeitos, a entrada do Galizionario "Galego-cheién" non existe, e en caso de que chegase a existir, poderíase solucionar separándoa en "galego" e "cheién". --Norrin strange 18:17, 15 setembro 2008 (UTC)


Categorías redundantes[editar]

Boas Furagaitas.
Non sei si me podes axudar, pero por si acaso expoñoche o problema, e para sexa maís claro fagoo con un exemplo :

Cando utilizase os modelos Locución, Locución substantiva etc, poís a páxina colocase automaticamente na categoria Categoría:Locucións. Esta categoria no meu sentido pode levar páxinas en galego e tamén subcategorias. Xa vés que engadín a subcategoria Categoría:Locucións en francés porque pareceme maís claro para o lector. Para mín si todas locucións de todas as linguas van xuntas é unha trapallada. Isto non pasa cos modelos Adxectivo Substantivo etc, e con istes modelos a categoria dase doutros xeitos. Exemplo : coup d'état. Podes-me decir si teño unha solución para utilizar os modelos Locución sen que categorize ? Eu non busco de crear maís modelos, busco como neutralizar que categorizen. Saúdos Elvire 20:24, 9 outubro 2008 (UTC)
  • De acordo co problema: eu tampouco entendo por qué adxectivos, verbos ou substantivos non forman categoría, pero as locucións si. Ó meu entender, marcar unha entrdada como locución non debería dar lugar a unha categoría. E engado outra observación: se temos modelos para Locución adverbial, adxectiva, conxuntiva, preposicional, pronominal, substantiva (e máis: substantiva masculina e substantiva feminina) ¿por que non existe modelo para locución verbal? Non parece lóxico que se presupoña que as locucións sen máis (modelo: -locuc-) sexan as verbais. Saúdos. Pedro --Lameiro 21:14, 9 outubro 2008 (UTC)
O que me conta Elvire é debido a que o modelo {{-locuc-}} leva a categorización consigo, e toda páxina na que se utilice quedará categorizada. Habería que modificar o modelo para que non categorizase, ou para que categorizase correctamente. Casualmente hoxe estiven pensando en algo moi relacionado con todo isto... Cando acabe co que teño entre mans espero darlle solución.
Entendo que se as locucións están categorizadas, e por exemplo os substantivos non o están, será porque o creador dos respectivos modelos creu máis interesante categorizar as locucións. Outros wiktis categorizan substantivos, locucións,... separándoas por lingua; un exemplo é o Wiktionnaire, que ten ata categorías para locucións verbais conxugadas, cando nós nin cabeceira temos para este tipo de locucións (apúntoa para as tarefas pendentes). 00:36, 10 outubro 2008 (UTC)
O de esperar non é problema, o importante é de contar contigo. Nos "grandes" wikidicionarios substantivos, locucións etc nunca categorizan por si, ou non categorizan ou para categorizar sempre levan a lingua onde se coloca a palabra. No caso das locucións que sexan verbaís ou outras, cando categorizan é porque lle pós à lingua, senon o modelo non funciona, ponse en sintaxe vermella. Grazas FuragaitasElvire 22:04, 10 outubro 2008 (UTC)


Re: Plaxio[editar]

Furagaitas dixo: Ola. Pásate por aquí, porfa. 19:51, 20 outubro 2008 (UTC)

Ola Furagaitas. Grzas polo aviso, xa eliminei as versións que eran copia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:16, 20 outubro 2008 (UTC)


sangue(m)[editar]

O único que eu che sei é que así o di o Dic. Xerais: "sangue (lat. sangue(m), id." E tal como estaba o copiei, pero eu de latín... ná de ná. Xa vexo que no DRAE a etimoloxía é a que ti dás: lat. sanguis, -inis. Saúdos, Pedro --Lameiro 23:42, 21 outubro 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Queres dicir que te apoiaches no Xerais ¿non? ;) Resulta útil cotexar a información en dúas fontes diferentes. Eu non atopei sangue(m) por ningures (evidentemente o Xerais non o consultei), pero desde logo non é un caso de sanguis, -inis. No Houaiss reza "Do latim *sanguen, -inis, por sanguis, -inis". Conste que eu tampouco non teño moita idea de latín. 00:29, 22 outubro 2008 (UTC)


piallo[editar]

Pois non che coñecía eu esta denominación, e mira que teño cantidade de información sobre o carro (realmente sobre a cabezalla e o xugo). Sabía de pinallo, pinalla e pinalleira, pero non piallo. Por certo, piallón aparece recollido como "Soga de cuero que, por encima del yugo, traba entre sí los dos palos centrales", n'O Mato de Palas de Rei, Lu., por Rivas Quintas, único lexicógrafo que recolle esa forma. Saúdos, Pedro --Lameiro 18:43, 26 outubro 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Pois grazas pola información, se non me comentas nada pola miña parte pasaba desapercibida. En primeiro o único que fixen foi corrixir un erro que atopei no artigo, pero o teu aviso motivoume a buscar fontes, e non as atopei, nin no TILG, nin en Google (coa sentencia piallo carro), nin no Diccionario de Diccionarios (onde, por certo, descubrín que as formas pinall- son propias da provincia de Ourense). Por outro lado, no Galizionario non temos recollido pinallo, o que me fai pensar que puido haber algún tipo de confusión, polo que tomo a decisión de mover piallo a pinallo.
Na miña zona chámaselle pialla (no volG pealla *) á correa que une dúas cangallas por baixo do colo do animal, mentres que a trenla une as dúas cangallas interiores pola parte de riba do xugo.
Hai tempo pretendín revisar as denominacións das partes do carro recolleitas e por recoller no Galizionario, pero abandonei pronto o proxecto porque atopei outros traballos máis urxentes.
Grazas por estar tan atento. 20:01, 26 outubro 2008 (UTC)
Métome onde non me chamán, pero bótome con prazer : Non dou ben entendido todo ó que se dí eiqui e na Galipedia sobre o carro, poucas a poucas xa irei entendendo e agradezcobos moito todo ise traballo tan formal que facedes, dame alegría. E engado por darme tamén morriña, que eu de nena vín carros nos patios dos meus avós e unha das únicas palabras que me acordo e que entendo concretamente ó que quer decir é "cangallos" por habelo oido ... e resulta que é cangallas ! Saúdos a vos e seguide recollendo a falaElvire 22:09, 27 outubro 2008 (UTC)


Categorizando[editar]

Ola Furagaitas. Penso que concordamos moi ben en traballar en equipo ! Xa sabes que non se pode estar preguntando os outros para cada paso que se da, por isto é moitissimo importante de comunicar como estas a facelo e agradezcocho moito. O caso que espós corresponde a unha preocupación miña que non sabia como resolvela, nin como expresala sencillamente na taberna.

Furagaitas dixo:

"... Ó meu entender, o modelo {{sem}} débese usar só cando a definición atinxe unicamente ó campo no que se categoriza. Estarás de acordo que non se debe limitar nineteen ó campo das matemáticas, cando é unha palabra que se emprega en calquera aspecto da vida, do mesmo xeito que non sería lóxico empregar este modelo para categorizar animal en Zooloxía. Podemos facer estas categorizacións (en tantas categorías como queiramos) do xeito tradicional (con [[Categoría:Xxxxxxxx]] a páxina quedará categorizada pero non aparecerá máis que na parte inferior da mesma). Espero que entendas a qué me refiro e que compartas a miña opinión."

Entendo e concordo a 1000 por cen ! Por unha banda pensaba que eso era só opinion miña e no caso de animal, xa ves que o pratiquei, pero pensando que facia eu unha proba. Por outra banda, hai veces que botome a facer cousas rapidas que non necesitan control do punto de vista linguistico (= estou segura da tradución e da categoria) e como non teño ben claro o fondo do problema, poís o resultado non é bóo. Foi o caso cos numeros en inglés, boiteime a ir de presa, sen cavilar un iota ¡ Xa non ocurrira porque con esta conversa teño claro o fondo. Pero teño que engadir que hai casos, cando utilizo {{sem}} e só poño unha definición, sabendo ben que hai máis, é para pechar en un sentido que estou segura do que di en galego, e como non estou segura de como se traduzen os outros poís considero que {{sem}} esta ben usado e que faltan definicións no artigo. É o caso eiqui prescrire, pero non é o caso eiqui douleur. Cos istes dous exemplos penso que entendes o que digo. A miudo que me veñan os casos, agora amañarei. Se non estamos claros, non esquezas en decimelo, eu sempre estou lista para conversar para co Galizionario medre en calidade e en cantidade ¡ Queda un pequeno problema tecnico que non favorece o traballo : non temos nas propostas de ferramentas no baixo de páxina ao editar : [[Categoría:]].
Furagaitas dixo: " Por outro lado, estiven pensando en crear outro modelo para abreviar categorizacións co {{sem}} do tipo (Dereito en francés e Filosofía en francés) e que apareza (Dereito e filosofía). Tereite informada. Un saúdo. Furagaitas* 23:12, 6 novembro 2008 (UTC)"
Moi boa idea, se o fas, eu sigoche.
Saúdos e gracias, conta comigo. Elvire 14:18, 8 novembro 2008 (UTC)


Re: 21000[editar]

Furagaitas dixo: Boas. Xa pasamos dos 21.000 artigos. Coméntocho principalmente por se queres reflexalo nos taboleiros de Actualidade. Non estiven moi pendente e non sei seguro cal foi a entrada 21.000. O 8/11/08 ás 21:28 (UTC) había 20.997, polo que o 21.000 debe ser o artigo quatre-vingts, creado o 9/11/08 á 1:00 (UTC); pero agora mesmo, cuns 37 novos artigos desde a última vez que mirei o contador, hai 21.015. Parece que non funciona moi ben este contador... Un saúdo. 19:08, 9 novembro 2008 (UTC)

Ola Furagaitas. Grazas novamente polo aviso. Xa puxen a mensaxe, non engadín o nome da entrada porque non me sae a conta. Revisando cara atrás a min o que me sae é pet, en ambolos dous casos creados por Elvire. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:51, 10 novembro 2008 (UTC)


Re: Bots[editar]

Furagaitas dixo: Boas. Non sei se o viches, temos unha nova petición de aprobación de bot. 11:19, 26 novembro 2008 (UTC)

Ola Furagaitas. Grazas por avisares, si que o vin pero aínda non teño claro a miña postura. Polo que vin é un bot recente e hai uns días só tiña dúas edición en pt.wikt, tentarei facer unha comprobación polo miúdo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:58, 26 novembro 2008 (UTC)


Benvida[editar]

Furagaitas dixo: Ola, RNC, benvido ó Galizionario. A túa colaboración é recibida cos brazos abertos. Non dubides exporme calquera dúbida ou proposta que teñas. Sen máis, espero que teñas unha grata e frutífera estadía. 21:20, 26 novembro 2008 (UTC)

Agradézoche a benvida, intentei seguir o modelo co que traballades. Unha pregunta si que che quería facer, non sei se foi casualidade pero en ningunha das entradas que mirei había imaxes, existe algún tipo de restrición para incluílas nas páxinas?.--RNC 14:44, 28 novembro 2008 (UTC)
Furagaitas dixo: En canto ó uso de imaxes non hai nada lexislado polo momento. É un recurso que se ven usando desde non hai moito (como exemplo: toupeira, cidade, palleiro, Arteixo). Tiña a intención de facer unha votación para consensuar este e outros temas, pero estoume demorando un pouco. A ver se o teño listo antes do Nadal; gustaríame que participase canta máis xente mellor, para dar máis lexitimidade ó que se acorde. 17:39, 28 novembro 2008 (UTC)


Gracias[editar]

Boas Furagaitas. Gracias pola contesta sobre categorías, andamos polos mesmos camiños. Aproveito para decirche, que eu sou mui amadora de interwikis, pero agora só poño os que necesito para os meus controles. Nos wikidicionarios de fr e en dixeronme que ando a perder tempo, que eso é traballo de bots. Anduven esplicando que somos unha pequena lingua e non quero que quedemos marxinalizados. Maís contestaronme nos dous wikidicionarios que para o dos dicionarios hai un bot novo que lee todas palabras de todos wikidicionarios sen esquecer nada. Tendo paciencia e co tempo cada palabra ira onde ten que ir. Saúdos Furagaitas Elvire 22:30, 30 novembro 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Grazas a ti pola información sobre os interwikis. Non adoito pararme moito con eles, déixolles ese traballo ós bots, pero ás veces aproveito algunha pequena modificación nos artigos para matar dous paxaros dun tiro. Pero tes razón, é unha perda de tempo, tempo que debemos aproveitar noutras tarefas máis produtivas. Queda tanto por facer... 07:57, 1 decembro 2008 (UTC)


e este plural? Botsobreira 01:03, 3 decembro 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Asegúroche que eu non o inventei, o italiano non é o meu forte :). Pois mira, tireino de aquí e máis de aquí. 01:40, 3 decembro 2008 (UTC)


Furagaitas dixo: Xa subín o rollazo no que andaba traballando. A ver qué che parece. 18:26, 4 decembro 2008 (UTC)

  • a checklist está ben, aínda que é un pouco farragosa de ver (pero práctica para votar), non se me ocorre outra presentacion

suxestions:

  • mv1: lista (ou actualizar) cousas para facer entre todos
  • mover castelán/español a de mv1 a mv3
    • así 1 sería Cuestións corporativas e organizativas
    • 3 = formato das entradas
  • mv1: avisar das votacions na taberna
  • engadir para mv3, igual que castelán/español, vasco/éuscaro/eúscaro/euskara/euskera e neerlandés/holandés?
  • imaxes en artigos (mv3): aparece nas estatísticas, así que semella que é algo que se está potenciando
    • moitas cousas creo que están asumidas, pero está ben votalas e que se expliciten
  • para o das bandeiras, simplificaría: unha pregunta de si/non, outra de esquerda/centrado, outra de fondo branco/cor e outra de formato. Se presentas 7 de golpe pódense dividir moito os resultados; eu incluiría inicial maiúscula/minúscula e ligazón/non
  • para conxugacións: fondo branco/1cor/>1cor; ligazóns/non; negriña/non; sección propia/esquerda;
  • para traducións: símbolo/letra/combinado e logo para o caso de que gañe cada unha delas:
    • frecha/círculo/asterisco + códigoM/códigoSuperínd + símbolo antes/despois
    • letras cursiva/redonda, maiúscula/min/versal, negra/non

tentarei pasar por aqui Sobreira (parlez) 18:52, 5 decembro 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Xa vin os comentarios que fixeches. Noutro momento con máis tempo mirarei de aplicalos, pero este fin de semana seguramente non lle poida dedicar moito tempo. Non obstante, se te animas a traballar sobre o tema, adiante. Xa che darei o meu parecer. Aburiño. 20:56, 5 decembro 2008 (UTC)


bandeiras[editar]

Coido que o tema estase soliviantando na Taberna, e neste caso a opinión o debate semella case unánime. Abrimos esta votación en concreto (en concreta) sen agardar a mv? User talk:Sobreira


RE[editar]

Furagaitas dixo: Boas compañeiro. Sinto non ter podido dar o meu punto de vista estes días de tanta actividade no Galizionario, nos que tratastes uns temas tan trascendentes e delicados. Hoxe vexo con estupor que decidiches interromper a túa colaboración connosco, cousa que non nos podemos perdoar. O Galizionario non pode permitirse perder unha colaboración tan encomiable como a túa, polo que che pido que reconsideres a túa decisión, recorda que isto facémolo entre todos. Que as opinións unilaterais non freen o teu labor. Aprendamos (todos) a ser pacientes, transixentes e demócratas. Asegúroche que desde que comecei no Galizionario tamén atopei cousas que non me gustaron, ou desacordos con outros colaboradores, e aquí estou; de feito, unha das cousas polas que protestei hai xa máis duns ano (o uso de bandeiras) tráenos hoxe aquí. Sobre o termo que usabas ti, correcto (a bandeira correcta), penso que é algo relativo, convencional, o mesmo que o PVN de marras. Sobre o de votar o tema das bandeiras, por min non hai pega: se alguén o considera urxente (eu non), avante. Tanto Sobreira coma min, estabamos tratando de posterga-la votación ata a Megavotación, principalmente porque espero que haxa maior quorum, o que non impide que se faga unha votación provisoria. Persoalmente non considero necesario retornar os modelos {{-es-}} e {{-en-}} ata que haxa consenso, porque para min ambas son incorrectas. É unha opinión máis. Norrin, reitero o meu desexo de que permanezas connosco. Un saúdo. 17:23, 10 decembro 2008 (UTC)

Moi boas Furagaitas. Efectivamente, como dis, o emprego de bandeiras é algo totalmente relativo. Tan relativo, tan relativo, que é mellor non tocar neste proxecto, que é un dicionario onde non debería haber demasiados problemas. Dis que isto xa se comentou... fai máis dun ano. E iso o que non me gusta, que as cousas tarden tanto, non aguanto eses debates estériles que non levan a ningures.
En canto ao demáis: agradézoche sinceiramente o teu apoio, máis considero que, canto menos até que todo volte ao seu sitio, e mellor que me retire cautelosamente. Obviamente, seguirei á vosa disposición se queredes comunicarvos conmigo. Unha aperta. --Norrin strange 18:36, 10 decembro 2008 (UTC)
  • Furagaitas dixo: Co meu comentario anterior pretendía que permaneceses connosco, e que participases na toma de decisións, precisamente agora que empeza a haber movemento. Comprende que somos poucos (durante este ano foi raro atopar máis de tres usuarios activos) e moitos de nós inexpertos. Agora parece que comezou unha revolución no Galizionario, que pretende acabar con vellos lastres, e gustaríame que foses partícipe. Como dixen noutra ocasión, os puntos de vista neutrais conséguense con opinións diversas. Porén non me queda outra que aceptar a decisión que tomes. 18:59, 10 decembro 2008 (UTC)
    • As miñas desculpas polas dores de testa. Xa desculpeime con Elvire, e volto ao traballo. Unha vez máis, perdoa as molestias.--Norrin strange 20:32, 10 decembro 2008 (UTC)
Furagaitas dixo: Grazas por quedares con nosoutros. Agora deléitanos como ti sabes ;). 22:50, 10 decembro 2008 (UTC)


Comentario[editar]

Ola Furagaitas. Parecéume entender dalgunha das túas mensaxes que hai algunha cuestión que non che parece ben da evolución deste wiki. Se consideras que houbo algún trato incorrecto contigo ou cres que hai algunha aclaración que estea pendente espero que mo fagas saber e tentarei, na medida das miñas posibilidades, ofrecerche cantas explicacións sexan precisas. Quixera aproveitar para facer un comentario sobre o tema das votacións, na etapa na que estamos en realidade non se poden depositar demasiadas expectativas en resolver mediante votacións os diversos temas. Neste momento non hai moita diferenza entre o que se poida conseguir mediante o consenso e o que surxa dunha votación razoada (ten en conta que a votación non se pode limitar á emisión de votos a favor ou en contra). Por outra banda, son moi poucos colaboradores os que cumpren os requisitos para que o voto sexa válido, así que hai máis posibilidades de participación nos consensos parciais. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:50, 10 decembro 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Boas. Perde coidado, a miña colaboración non está condicionada. Se nalgún momento non estiven de acordo con algún tema, non calei. Por outro lado, o que veño chamando Megavotación, pretende ser, máis que unha votación, unha sondaxe, unha recollida de opinión sobre un conxunto de temas que debatilos un e un resultaría moi custoso en tempo e pouco produtivo, polo que este é un xeito de abrevialo. De todas formas, procurarei non levar á comunidade por un camiño que o conxunto non acepte. Un saúdo. 22:41, 10 decembro 2008 (UTC)


  • ¿Pensaches en pór o {{cvarn}} / {{cvarxn}} antes da categoría gramatical e eliminarlle a liña que ten actualmente?
esta en User:Sobreira/Bot#Megavot, reformulei algo hai uns días: entendera outra cousa; creo que a caixa pide un espazo á esquerda pero agora non estou seguro. Queda raro, pero re-acostumbraríame. Pouco importa que estean antes, despois ou en liña se sempre van ir pegados. O problema non son estes dous, se non a relación coa etimoloxía e pronuncia con todo o resto.
  • ¿Que dis dos espazos de nomes Portail e Annexe do Wiktionaire? ¿Teñen cabida no Galizionario?
Si, pero realmente cres que son precisos?
  • ¿E sobre crear un cadro de "Información do usuario" para as páxinas de contribucións como o que hai na Galipedia?
digamelón?? Refíreste ás caixas de usuario? A Babel? Ponme un exemplo, pero se é isto, somos tan poucos que creo que non compensa por que nos coñecemos todos.
nin flowers!! Diso supoño que pode saber Prevert. Se están no Tilga... (?).

Agardo impaciente os teus comentarios e críticas. Xa sei que o de repetir -gl- cando hai nova etimoloxía é heterodoxo, pero non se me ocorre outro método. Quizais é recomendable o que di Prevert arriba de ir sacando os temas de formato na Taberna para ir decidindo ós poucos (pero ós poucos, por que nos últimos meses debateuse moito pero antes de pechar un tema xa se abrían dous ou tres), aínda que eu prefira unha votación asentadora á que aternos. Sobreira (parlez) 02:21, 11 decembro 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Movín as respostas a estas preguntas da páxina de conversa de Prevert á miña, supoño que te trabucaches. Espero que non che importe.
  • Respecto a (1): simplemente é cuestión estética. Así é como fan no wikt-af; a caixa aparece á altura da cabeceira de cat.gram., e aforra a liña horizontal que os separa no noso modelo actual. Teño algún exemplo na miña páxina de probas. Sobre a relación coa etimoloxía, penso que o mellor será repetir o cadro de flexión para cada cat.gram. (galego (lingua) non ten feminino, pero galego (adxectivo) si). Para resolver a repetición de cabeceira de lingua cando existen dúas etimoloxías, propoño unha cabeceira de orde intermedia entre a de lingua e a de categoría gramatical, como puxen na Wiktionary:Zona de probas#Exemplo. Esta cabeceira pode recoller o nome da entrada (ademais en páxinas longas faise recomendable repetir o nome); no es-wikt fano así.
  • Respecto a (2): non diría que sexan precisos, pero si útiles. Poderían acoller as listaxes, dic. bilingües, páxinas de descrición de linguas,..., reservando "Wiktionary:" para páxinas relativas ó Galizionario en si (funcionamento,...). De todas formas recoñezo que hai temas máis urxentes.
  • Respecto a (3): refírome a este cadro.
  • Respecto a (4): comenteillo a Prevert.
Respecto o de debater os temas da MV, a miña idea era, antes de abrir a votación, presentala ó público durante un tempo determinado, durante o que se debatería cada pregunta nas páxinas de conversa, daí as ligazóns "Comentarios". 04:24, 11 decembro 2008 (UTC)


Re: Pregunta[editar]

Furagaitas dixo: Unha preguntiña. ¿Sabes se se poden usar exemplos como os que puxen en sangue frío e a sangue frío? (Dígoo no referente a dereitos de autor) 03:23, 11 decembro 2008 (UTC)

Ola Furagaitas. A pregunta non ten unha resposta simple, é preciso facer unha exposición que contemple os diversos aspectos a ter en conta. Agora vou ás présas e non teño tempo suficiente, tentarei responder mañá. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:25, 11 decembro 2008 (UTC)


Modelo da Zona de probas[editar]

Furagaitas dixo:
Ola. Estiven estudando o teu modelo e fixen unha proba con algúns cambios, principalmente estéticos. A ver que che parece, e a ver se entendín a túa idea.
Para evita-la repetición da cabeceira de lingua cando temos etimoloxías diferentes fixen o que che comentei onte.
Os despregables levan a mesma tabulación cós Exemplo (de feito os Exemplos poden ser tamén un despregable, en función do número e tamaño; tamén o probei o contrario cos sinónimos).
As definicións considero que deben ir numeradas (principalmente para indicarlle ó lector que hai máis de unha), pero quizá o método que usei non sexa o máis adecuado (unha porque habería que modificar tódalas cabeceiras cando se ampliasen definicións, e outra porque co tempo teriamos moitas ligazóns rotas ou trabucadas).
As marcas de campo semántico poden ir fóra da definición (como no es-wikt), ou tal como se fai agora pero en negriña.
O Véxase tamén leva unha caixa despregable. O seu contido é tema de MV; ata os sinónimos poden ir aquí. Eu prefiro separar as entradas (simples ou locucións) do que non son entradas (listaxes, ligazóns externas,...). Polo tanto, ou se crean cabaceiras sen nivel dentro do Véxase tamén, ou reservámolo para un dos tipos e crear outro despregable para o outro tipo. Ocórreseme crear un despregable Véxase tamén (p.ex. coas cabeceiras sen nivel Listaxes, Outros proxectos, Na web e Bibliografía) e outro Termos relacionados (p.ex. coas cabeceiras sen nivel Simples e Compostos). Ós refráns non lles daría cabida máis que nos Exemplo.
Poderíase crear outro despregable Información adicional para recoller informacións como a de Conversa:arelar. Tamén se poden listar aquí as formas non-estándar, pares mínimos,...
O contido de Etimoloxía, pronuncia e audio probei a poñelo con cabeceiras sen nivel (no exemplo, ó final), principalmente porque a etimoloxía pode ser unha sentencia longa, ou unha lista de sentencias (véxase Conversa:mión). Claro que estas sentencias se poden reservar para o despregable Información adicional.
Outros cambios: elimino a liña horizontal do {{CVarN}} e póñoo antes do modelo de categoría gramatical para que se visualice á mesma altura que a cabeceira. Na caixa de traducións os nomes de linguas van con negriña e maiúscula.
Teño que recoñecer que cada vez me gusta máis este modelo. 00:55, 12 decembro 2008 (UTC)
Dous detalles máis:
Os exemplos de utilización das palabras en estranxeiro, pódense acompañar, ademais da fonte, da tradución do exemplo ó galego (dígoo porque non cho vin por aí).
¿Cómo se recollería a flexión dos verbos galegos? ¿Como despregable dentro de cada def.? (supoño que non; non obstante, se non me engano, cumprir tén conxugación diferente en función da definición). ¿Como sección con cabeceira de igual nivel cás Definicións? (habería que repetilo para cada función verbal). ¿Como sección con cabeceira de igual nivel cá categoría gramatical? (se tamén existe como substantivo non tén moita lóxica).
01:20, 12 decembro 2008 (UTC)


Estéticos si, pero algo máis. Gústame así clariño, con pouco texto visible. O exceso de información desinforma. Irei por partes. Primeiro as cousas que eu considero irrenunciables. Non quero dicir que sexa exactamente irredutible-inflexible-intolerante, por que cambiei a miña proposta de modelo respecto á do ano pasado, pero a intuición dáme que non é boa idea pasalas por alto.

Cuestións previas:

  • Hai que averiguar primeiro que vai pasar coa fonte, dos exemplos polo menos, por que se ó final non se pode, estaríamos decidindo sobre poñerlle portas ó mar.
  • Tamén hai que saber que imos admitir como entrada, por que se non creamos ou redireccionamos unha páxina dunha información hai que meter eses datos noutra, e iso vai alterar todo modelo que se propoña.

C. xerais:

  • case-Irredutible 0: Estou cada vez máis convencido de meter todo o que non sexan definicións e exemplos en caixas (táboas) despregables, pero sei que tamén reduce a visibilidade da información que si consta (se se deixan agochadas por defecto; outra cousa é predeterminalas para que se amosen sempre)
  • Inflexible 1: Podo asumir que reapareza o PAGENAME coas novas etimoloxías, e que se numeren as homonimias, cousa sempre complicada, pero podo entendelo. Ata paréceme útil entón por que así podemos poñer outra vez a etimoloxía sen problema de asignación. Podo asumir tamén agrupar dentro de cada etimoloxía por categorías gramaticais e poñer só unha vez a flexión correspondente. Pero son bastante irreductible no de non numerar as definicións, por cuestións prácticas ó ampliar unha nova acepción. Témonos que deixar as cousas cómodas tamén a nós mesmos. Por iso non usaría Def 1 de 4 nin en traducións. Ademais poden xurdir problemas de cal poñer primeiro, eu quero esta, eu a outra e xa sabemos como somos os dicionaristas (os que somos detallistas; logo hai cada túzaro en papel que vamos...).
    • Outra cousa, máis de detalle, dentro deste tema é que entón teríamos que poñer couce1 e couce2 nunha barra e non sobre fondo branco, por que se non non destaca entre a barra de lingua e a caixa de etim. Podería facerse unha gradación do cor de azul máis escuro (lingua, ==), medio (etimoloxía), medio apagado (categoría gramatical) e apagado (definición, =====). Coido que a de definición é tamén imprescindible para poder navegar mediante o índice.
  • Intolerancia 2: Tampouco son partidario de andar a poñer moitos niveis: os catro anteriores son abondo e case de sobra. Nunca poría máis de catro, primeiro por que complican o índice e segundo por que cantos máis iguais menos se nota que é título. Dígoo tamén polo de "ou se crean cabaceiras sen nivel dentro do Véxase tamén...".
  • Irrenunciable literalmente, para min o máis irrenunciable de todos: agrupar por significados
  • Poríalle caixas a todo por que nos está solucionando e aclarando moito (conceptual e visualmente): para Trad, Sin, Campo semántico (se se quere ou só unha liña xusto despois da definición, pero nisto entendo que é o que a min máis me interesa e é deformación profesional-vocacional), termos morfoloxicamente relacionados (ou campo morfolóxico), fontes estilo arelar (para as fontes doutras cousas como o exemplo ou etimoloxía poríao xusto despois de cada caso particular), locucións e refráns (eu son partidario de que teñan entrada, pero en todo caso, aínda que non tivesen, deberían constar tódolos que se puidesen meter),... e todo o que non está no anterior, que sobra, a Véxase tamén, pero como dixen sen cabeceiras.
  • Deixaría a etimoloxía onde está debaixo da marca de homónimo, por que aí teño a intuición que é onde debería estar. Metela en Véxase tamén por moi longa que sexa só dispersa a información e cando interesa habería que andar a buscala.

C. particulares e pura estética:

  • A raia, a caixa de flexión á mesma altura ou debaixo da especificación de categoría, centrada ou á esquerda, a negriña nas traducións, a flexión despregable ou non (mesmo a orde das linguas, das traducions, das categorías), negra, cursiva, as definicións con esas comiñas (que non queda mal, non), con "Definición" ou só coa cabeceira de sección: isto todo éme bastante máis indiferente, por que non afecta nada á estrutura, e ab-usando (de) modelos é modificar o modelo e punto. Iso si que son cuestións de fiar moi fino. De feito, pódeselle poñer que as caixas de flexión verbal sempre aparezan amosadas e entón iso quedaría á discreción do usuario. Con todo, nun navegador que non sexa o meu, pode verse todo distinto e mesmo mal colocado, pero o que non pode estar é mal distribuído.
  • cumprir: Dáme a impresión de que se teñen distinta conxugación é por que teñen distinta etimoloxía, co cal o problema de repetir a flexión desaparece por que => tamén se repetiría a etimoloxía => aparecería cumprir2.

A fin de contas: acabamos de descubrir a pólvora por que esta é a estrutura exacta dos dicionarios en papel... Mañá igual sigo. User:Sobreira

Furagaitas dixo:
  • Estou cada vez máis convencido de meter todo o que non sexan definicións e exemplos en caixas: bastante de acordo; pero... ¿que facer cando hai máis dun exemplo? ¿Non se usan despregables? E de usalos, ¿por qué usalos cando hai un só sinónimo?
  • son bastante irreductible no de non numerar as definicións: non son irredutible, e recoñezo que pode dar problemas, pero en principio son máis partidario de numerar as definicións (seguramente influído polos dicionarios tradicionais).
  • Sobre o de colorear as cabeceiras: tería que ver o resultado, pero non me apaixona moito a idea de encher a páxina de barras e cores. Preferiría pórlles ás caixas unha cor máis apagada. Por outro lado, hai que mirar de compatibilizar todo isto coa inclusión de imaxes de exemplo nas entradas/definicións.
  • Tampouco son partidario de andar a poñer moitos niveis: os catro anteriores son abondo: vale, pola miña parte os catro niveis son suficientes, coa definición como nivel/unidade mínima. Se suxerín pór cabeceiras sen nivel dentro dos despregables foi por separar/clasificar diferentes tipos de información dentro dun despregable (que como tal creo que debería ir contraído por defecto); ademais, unha cabeceira con nivel non sería navegable desde o menú co despregable cantraído.
  • ¿Onde meterías as marcas de campo semántico? Normalmente póñense antes da definición. ¿E as locucións non cres que poden ir dentro da caixa de 'campo morfolóxico'? O de recoller os refráns, eu deixaríao como ligazón a Wikicitas.
  • Tanto o DRAE como o DIGALEGO de Ir Indo recollen todas as acepcións de cumprir baixo unha mesma etimoloxía (complere); sen embargo... Cómpre ter coidado por se cumpre as súas ameazas.
02:52, 15 decembro 2008 (UTC)

MV[editar]

Mensaxe para Furagaitas e Sobreira.
Trato de ler e de comprender todo o que preparaDES para os votos co fin de votar intelixentemente. Fadedes un traballo enorme para mellorar o proxecto. Aínda que non lin todo detalladamente e non hei totalmente comprendido, permítome sometervos algunhas observacións aquí. En efecto non me sinto capaz de introducilas nas vosas páxinas de traballo dedicdas.
Non vexo se gardades o '''{{PAGENAME}}''' para cada entrada de lingua ? Non sei si é porque esqueceuse o se é por que non vos parace útil ? Eu vexolle moito merito e vos ?
Para a orde das traducións concordo con Furagaitas a orde alfabetica da lingua esi : alemán castelán catalán francés grego inglés italiano portugués. Sen máis por hoxe. Saúdos Elvire 11:38, 13 decembro 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Ola. O famoso {{PAGENAME}} (que desde o meu punto de vista non ten porque ser necesariamente un {{PAGENAME}}, senón tamén do tipo branco, -a, aqu|a, -ae,...) aínda non entrou no cuestionario da MV (=megavotación), pero entrará. Como sabes, ten os seus defensores e os seus detractores; eu sitúome entre os dous bandos. Penso que pode ser útil en entradas longas para recordar o nome da páxina. Nas miñas propostas de modelo de artigo en Wiktionary:Zona de probas#Exemplo e Wiktionary:Zona de probas/couce repetiríase (cunha cabeceira de nivel entre o de lingua e o de categoría gramatical) para cada lingua e etimoloxía.
Sobre o da orde das linguas, entendo que a mellor maneira de atopar cada lingua é listándoas por orde alfabética. 15:37, 13 decembro 2008 (UTC)