Conversa usuario:84.78.48.13

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Boas. Esta mensaxe vai dirixida ó editor anónimo que ven de facer cambios no artigo estomballar, ademais de crear o artigo retrouso. O primeiro, permítame suxerirlle rexistrarse como editor, para que así os demais editores poidamos dirixirnos a vostede de xeito máis doado.
Por outra banda, teño que recordarlle que este proxecto non permite material con dereitos de autor, polo que os artigos que non cumpran este requisito serán eliminados. As edicións que faga non deben ser copiadas, o que non quita que se poida apoiar en certas obras para elaborar os seus artigos (de feito, outra norma do Wiktionary é que non se admitan traballos orixinais, é dicir, froito de investigación propia).
Desexándolle unha boa estadía, doulle novamente a benvida, e ofrézome para orientalo no que poida. [ Furagaitas * ] 14:57, 4 de agosto de 2010 (UTC)


Ola de novo. Segundo consenso da comunidade, no Galizionario estamos a lematizar as entradas polas súas formas plenas (infinitivos, masculinos,..., como nun dicionario convencional). A entrada derrengado que creaches non semella máis que un participio de derrengar (ademais de que nin unha nin outra están recollidas como formas válidas no galego polo VOLGa) polo que podería non ser aceptada.
Por outro lado, por favor, revisa o contido de retrouso. Semella copia dun dicionario galego con dereitos de autor. [ Furagaitas * ] 15:32, 4 de agosto de 2010 (UTC)

Revisado retrouso.[editar]

Desculpa. A ver se agora vale.

Pola miña parte así pode valer. Desculpa se son algo repugnante, pero todos somos responsables de que se cumpran as normas.
Por certo, as mensaxes que queiras deixar a outros usuarios débelas escribir na páxina de conversa do usuario correspondente, non na túa, xa que é probable que o outro implicado non se decate.
Máis nada. Xa sabes, se algo precisas... por aquí andamos. [ Furagaitas * ] 15:46, 4 de agosto de 2010 (UTC)

É a primeira vez que contribúo. E aínda non teño claras algunhas cousas. De repugnante nada, ao contrario, agradezo moito as correccións. Hai tempo que ando a recuperar léxico, e pensei que nada mellor que ilo recollendo aquí. A dúbida que teño é, hai forma de descargar o galicionario para telo fora de liña?


Esta é a páxina de conversa dun usuario anónimo que aínda non creou unha conta ou que non a usa. Polo tanto, empregamos o enderezo IP para a súa identificación. Este enderezo IP pódeno compartir varios usuarios distintos. Se vostede pensa que foron dirixidos contra a súa persoa comentarios inadecuados, por favor cree unha conta para evitar futuras confusións con outros usuarios anónimos.