Conversa categoría:Expresións

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Máis expresións, por se interesa:

Obsérvese que se pode substituír "andar" por "estar" ou "ir"...

beber a gulapos: con grandes sorbos - gulapo

abranda-las pedras: conmover - pedra

alumear ós cegos: botarse de ver - cego, alumear

ir ó rabo dun: seguir como á galiña os pitos

andar ás apalpadelas: atoutiñar - apalpadela

andar con díxomes-díxomes: murmurar - díxomes-díxomes

andar de cacho para cribo: ir dun lado para outro - cacho, cribo

andar a ceacú: retroceder - ceacú

andar con pés de la: ter coidado - , la

andar en bocas do mundo: andar en linguas - boca, mundo

andar de zoco para cabazo: ir dun lado a outro - zoco, cabazo

andar como a gaita na festa: estar na boca da xente - gaita, festa

andar á miñoca: non ter un can - miñoca

andar na verza: estar nas patacas - verza

andar ás agarradas: andar a paus - agarrada

andar coa area no zoco: andar coa mosca - area, zoco

andar en canelas: andar sen medias - canela

andar nas patacas: andar na verza - pataca

catarlle as pulgas: buscar as voltas / buscarlle os folgos - pulga, catar

coma quen oe chover: sen facer caso - chover

con cara de ferreiro: estar enfadado - cara, ferreiro

andar con pés de manteiga: andar con pés de lá - , manteiga

corta-lo bacallau: leva-lo temón - bacallau, cortar

custar ferro e fariña: resultar moi difícil - custar, ferro, fariña

darlle sebo ás canelas: chamar ós pés compañeiros / bater cos pés no cu - dar, sebo, canela

estar que fende nubes: botar fume - fender, nube

estar a lume de biqueira: estar que fende nubes - lume, biqueira

estar ata as orellas: estar ata o nó da gorxa - orella

estar que fai chatolas cos dentes: botar chispas - chatola, dente

estar feito un abril: estar de bo ano - abril

face-la rosca: adular - rosca, facer

face-lo seu agosto: tirar proveito - agosto, facer

facer de corpo: dar de ventre - corpo, facer

a fume de carozo: a toda velocidade - fume, carozo

ladra-los pes co frío: Te-los pes xeados - ladrar, - frío

molla-la palleta: botar unha pinga - mollar, palleta

nin arre nin xo: nin unha cousa, nin a outra - arre, xo

non chegarlle á sola dos zapatos: sen comparación posible - chegar, sola, zapato

non se ter de pé: non ter nin pés nin cabeza - , ter

non dar palabra: calado coma un peto - dar, palabra

non dar puntada sen fío: face-las cousas con moita intención - dar, puntada, fío

nun chiscar de ollos: enseguida - chiscar, ollo

outra vaca no millo: outro que tal baila - vaca, millo

pó-lo carro dediante dos bois: face-las cousas ó revés - pór, poñer, carro, boi

pór pingando: pór a caer dun burro - pór, poñer, pingar

por falar morreu o mundo: pola boca morre o peixe - falar, morrer, mundo

quedar en auga de fregar: acabar todo en nada - quedar, auga, fregar

quitala cobra da parede coa man do outro: Tira-la pedra e agacha-la man - quitar, cobra, parede, man

quitarlle ferro: relativizar un problema - quitar, ferro

revira-las tornas: volver ó rego - revirar, tornas, torna

saber un con que bois ara: Face-las cousas con intención - saber, boi, arar

ser un fervello: ter un cu de mal asento - ser, fervello

unha no cravo e outra na ferradura: unha a tortas e outra a dereitas - cravo, ferradura

vaillo contar ó abade: a outro con eses contos - ir, abade

botar terra!: esquécete diso - botar, terra

meu can pillou unha mosca!: por fin fai algo a dereitas - can, pillar, mosca

morra o conto!: Non se fale máis - morrer, conto

pouca la e polas silveiras!: eramos poucos e por riba - la, silveira