Conversa Wiktionary:Proxecto de Portada

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Iconos[editar]

Púxen algúns iconos nas cabeceiras rebuscando rápido en commons, pero si algén atopa algún mellor agradeceríallo :D --BaNjO tell me 17:50, 9 decembro 2007 (UTC)

letras[editar]

para que non saian as letras como ligazóns externas, podedes ver un modelo copiado a wiki húngara en Usuario:Sobreira/Caracteres abaixo de todo. Sobreira (parlez) 19:47, 20 decembro 2007 (UTC)

aplicando a lóxica:

  • enviaría para Comunidade:
    • Modelos - Todos - Definicións - Adxectivos - Verbos
    • Coordinación multilingüe: Fontes e Fontes para tradutores - Índice de linguas
    • Tarefas pendentes: Páxinas para borrar - Wiktionary:Páxinas para completar - Traídas da Galipedia (de feito crearía unha páxina só para iso: xa hai unha vella, pero non me atrevín nunca a alterala)
  • quitaría Entradas vellas e novas, non o considero relevante
  • non incluiría Entradas por contexto de uso de momento, quizais máis adiante se tén certo rendemento
  • subiría Categorías (e Índice, pero agora falo del) arriba de todo, a Pescudar entradas, porque para min son navegadores de primeira orde en importancia.

Deste xeito, quitaría Páxinas interesantes por non ter elementos.

  • como en realidade tódolos de Índice (Listaxes, Entradas por...) estarían noutro lugar da portada, (Wiktionary:... non precisaría aparecer na portada) quitaría Índice, e o deixaría en Comunidade.

Sobre os navegadores principais:

  • quitaría o que vai despois de Por semántica, porque é unha lista variable e así evitamos actualizala cada vez que haxa unha nova. Ligaría só á categoría
  • crearía outra á categoría Por evolución fónica cando comece a estabilizarse o número de categorías e haxa dabondo: ante dúbidas de historia da lingua eu podo botar unha man nas que non teña que andar a buscar a etimoloxía, pero respecto a isto teño un problema técnico e de comodidade: para non usar o incómodo (pero de momento o único) modelo:categ precisaría alguén que sexa capaz de crear un modelo que envíe á categoría con maiúscula pero que amose o texto en minúscula.
  • (xa por pedir: non podemos facer un Modelo onde introduzas a pronuncia en X-SAMPA e a visualice en AFI??)
  • Non usaría Sabías que e Entrada do día ata que deixe de ter vermellos, para o cal pediría un esforzo comunitario, que en varias semanas se pode completar.
  • A idea do mapa está ben para que o lector de Zimbabwe se ubique (ás veces remato en wikis que me gustaría saber de onde ou a lingua son pero é imposible), pero o deseño non me parece bo, polo menos Galiza non se ve demasiado claro. Que tal coas cores marrón claro e azul claro do logotipo da fr.wiki, precisamente?
  • Dende logo, quitaría as ligazóns a GFDL e Copyright da gl.wiki e os poría como directos, :gl:
  • de wikinews e wikiversity non sei se sería mellor ligalos á versión :es:

Cómpre pensar se, de cambiar o logo, podería ser un onde Galizionario debería quedar máis patente.

Sobreira (parlez) 20:52, 20 decembro 2007 (UTC)

  • Deixaría o texto de Palabra do día e Sabías que pero sen ligazón. Ó lector inicialmente non lle interesa saber cantas nos faltan...
  • Cambiei a '''[[Wiktionary:A palabra do día|A palabra do día]]''' despois de deixar só nese espazo de nomes. Sobreira (parlez) 16:28, 30 decembro 2007 (UTC)

Concordo moito. Por min adiante! --Albert galiza 20:28, 30 decembro 2007 (UTC)

  • Farei o mesmo con Sabías que. Mañá doulle un repaso a todo isto.--Botsobreira 07:12, 31 decembro 2007 (UTC)

Unha opinión máis[editar]

Suxeríronme que dese a miña opinión sobre este proxecto de portada e velaquí está:
En canto ó contido non hai moitos cambios con respecto á portada actual, nin teño moi claro en que se pode cambiar. O apartado de Sabías que... e A palabra do día non quedan moi ben baleiros (claro que tamén se pode ver como un reclamo para colaborar).
En canto ó estético, gústame, máis atractiva cá actual, e moito máis que a de outros proxectos Wiktionary. Aínda así:

  • A combinación das cores dos cadros non me acaba de convencer.
  • A listaxe de letras poderíase estruturar doutra maneira, nunha táboa, ou como propuxo Sobreira máis arriba.
  • Concordo en que a combinación de cores do mapa de Europa non é a máis acertada.
  • O texto de presentación non é moi estético.
  • Os iconos están ben, pero habería que eliminarlles o fondo branco.
  • O logo podíase cambiar por outro máis elaborado.


En canto a presentación creo que temos moito que aprender do Wiktionnaire francés.

Furagaitas 17:23, 21 abril 2008 (UTC)

Deixei a miña opinión sobre a nova revisión do Proxecto de Portada en Wiktionary:Taberna#Páxina_Principal. Respecto ó fondo das iconas, eu uso Internet Explorer e non me aparece transparente. Furagaitas* 06:53, 27 maio 2008 (UTC)
As iconas da barra inferior (Wikipediairmáns), sería máis funcional que ligaran cos respectivos proxectos e non coas imaxes mesmas. Furagaitas* 22:53, 27 maio 2008 (UTC)
Feito. --Prevertgl 16:26, 28 maio 2008 (UTC)

Sección Índice[editar]

A ver que vos parece esta versión da sección Índice.

Índice

Alfabeto latino
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z

 

Outros alfabetos
Latino acentuado | Grego | Cirílico
Armenio | ‏‏Hebreo | ‏‏Árabe‎
Xaponés | Caracteres Han | Coreano

Se decidides metelo no proxecto, conviría comprobar que estea ben. Furagaitas* 23:16, 15 xuño 2008 (UTC)

Pescudar entradas[editar]

As diferentes categorías pódense ordear en columnas, por exemplo así:

Anatomía
Antigüidade
Arte
Astronomía
Bioloxía
Botánica
Catolicismo
Comercio
Deportes
Dereito
Economía

Electricidade
Enxeñaría
Farmacia
Filosofía
Física
Fonética
Fotografía
Heráldica
Historia
Informática
Lingüística

Literatura
Mariña
Matemáticas
Mecánica
Medicina
Meteoroloxía
Milicia
Mitoloxía
Música
Política
Psicoloxía

Psiquiatría
Química
Relixión
Socioloxía
Tecnoloxía
Teoloxía
Xentilicio
Xeografía
Xeoloxía
Xeometría
Zooloxía

O mesmo se pode facer na sección Apéndices. Furagaitas* 11:00, 16 xuño 2008 (UTC)

Por min adiante. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:39, 16 xuño 2008 (UTC)

Detalles[editar]

Como xa dixen, con Internet Explorer ás iconas véselles un fondo branco (en vez de transparente).
Tampouco non aparecen as esquinas dos cadros redondeadas.
Por outro lado, cambiei o ancho do borde dos cadros de 3 a 2. Haillo que cambiar tamén a {{Wikipediairmáns}} e poñerlle as esquinas redondas.
Furagaitas* 00:58, 8 agosto 2008 (UTC)

Galizionarios multilingües[editar]

(Traslado tema dende a Taberna)

Boas a todos.

Xa sabedes que, dun tempo a esta parte, dedícome a facer dicionarios multilingües, ademais de aumentar as traducións e de crear entradas de termos noutras linguas.

Penso que sería boa cousa pór isto en portada:

Galizionario multilingüe

Así sería máis accesíbel.--Norrin strange 15:23, 3 decembro 2008 (UTC)

Opino que si (pero sen cantidades), e non só por que eu fixese o aragonés, aínda que é ridículo do escaso que é. Coido que é non só importante, senón imprescindible. Como queda patente nas actualizacións que vou facendo en wikipedia:gl:dicionario bilingüe, hai unha ENORME (con todas en maiúsculas, non só a inicial) carencia de dicionarios bilingües en galego con linguas distintas do castelán. Cando no outro extremo de España xa teñen un húngaro-catalán (en papel), nós só temos catro que se poidan considerar algo máis que vocabularios grandes ou listaxes a dúas columnas (o de latín, o de italiano monodireccional, o novo de inglés, meritorio pero de calidade mediana e variable, e o histórico Vocabulario temático ilustrado). Iso si, eu engadiría un futuro Galego-Italiano Italiano-Galego de entre 4000 e 4500 palabras que estou montando automatizado co bot (Vou corrixir primeiro a desfeita de category:Toponimia bilingüe). Se podedes, evitade incorporar termos novos en italiano durante uns días (se acaba esta semana e non fixen nada, esquecede o aviso), que me facedes un fillo de pedra.

Mapa[editar]

Penso que o mapa actual ten cores moi vivas. Subín os mapas Europa 2.jpg e Europa 3.jpg con cores máis apagadas para probar. [ Furagaitas * ] 21:02, 30 decembro 2009 (UTC)

A palabra do día e Sabías que[editar]

Existen tamén os respectivos proxectos para completar os apartados de Sabías que e A palabra do día. [ Furagaitas * ] 19:33, 23 de abril de 2011 (UTC)