Conversa:mai

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

¿Como se fai para meter eiqui a definición en galego de nai?. Sobretodo coas traducións e interwikis... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:47, 17 de novembro de 2010 (UTC)

Non sei a que te refires. As entradas en galego van ó principio do artigo e as outras a continuación por orde alfabética. [ Furagaitas * ] 15:50, 17 de novembro de 2010 (UTC)
Está ben como fixen?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:49, 18 de novembro de 2010 (UTC)
Sendo unha forma válida e preferente no VOLGa como é, eu non optaría por remitila a nai. Crearía as dúas páxinas co mesmo contido (e para aforrar traballo, usaría <onlyinclude>). Ademais, a {{etim||}} e a {{pronuncia||}} fáltalles o código de lingua. [ Furagaitas * ] 15:24, 18 de novembro de 2010 (UTC)
Non atopo onde pon o Volga que mai sexa a forma preferente. Eu consulto a versión on-line do Volga e nesa páxina pon que nai e mai son sinónimos totais, non indica que haxa ningunha preferencia entre os dous termos. ¿Ti consultas algunha outra versión que teña outra información ou estou mirando eu mal?. E no dicionario on-line da RAG fan o mesmo, mai non está definido, simplemente pon 'Nai'...
Xa puxen os códigos de idioma que faltaban, tentarei facer a entrada para nai. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:24, 19 de novembro de 2010 (UTC)

O VOLGa fai distinción de entradas correctas (formas preferentes) e entradas toleradas (formas non preferentes). Efectivamente, nai e mai son preferentes as dúas. A miña proposta é desenvolver todas as formas preferentes completamente, e non remitir a outras, o que pode levar a pensar que unha das dúas é máis correcta que a outra. Ten lóxica que nun dicionario clásico fagan esta remisión por cuestións de espazo (e incluso cuestións normalizadoras); pero nós, que nin temos problemas de espazo nin potestade normativa, non deberiamos facer o mesmo. No caso concreto que tratamos, por exemplo, creo recordar que o Gran Xerais desenvolve a entrada mai e non se restrinxe a remitir a nai. [ Furagaitas * ] 00:06, 20 de novembro de 2010 (UTC)