Saltar ao contido

Chenlos

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Chenlos».
  • Etimoloxía: do plural dunha forma procedente do latín serodio *planĕllu («chaira pequena»), diminutivo de plānu («chan»), co sufixo -ĕllu. O topónimo fai referencia a varias chairas ou superficies chás de pequenas dimensións. Está relacionado con Chenlo, Chelo e o dobre diminutivo Cheliño, formas que perderon o -n- intervocálico restituído en Chenlos.
  • Pronuncia: /ˈt͡ʃenlo̝s/ (AFI)

Topónimo

Chenlos

  1. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Loimil, no concello da Estrada, na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, na provincia de Pontevedra.

Termos relacionados

Véxase tamén

Referencias