Castrelo de Abaixo
Aparencia
Galego
Etimoloxía: de castrelo e abaixo. O primeiro elemento é diminutivo de castro, do latín castrum, mediante o sufixo diminutivo -elo, procedente do latín -ĕllu.[1]
Pronuncia: /kasˈtɾelo̝ ðaˈβajʃo̝/ ou /kasˈtɾelo̝ ðe̯aˈβajʃo̝/ (AFI)
Castrelo de Abaixo
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Pardemarín, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Castrelo de Abaixo, Pardemarín, A Estrada» na Galipedia.
- Observacións: Non constaba no Nomenclátor de Galicia de 2003, no cal se omitiu a parroquia de Pardemarín e os seus lugares; incorporouse ao Nomenclátor de Galicia de 2026.[2]
- (Toponimia de Galicia) Antigo nome oficial da parroquia de Castrelos de Abaixo, no concello do Riós, na provincia de Ourense.
- Sinónimos: Santa María de Castrelo de Abaixo.
- Observacións: Desde 2026 o nome oficial da parroquia é Castrelos de Abaixo.[2]
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Castrelos de Abaixo, O Riós» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Antigo nome oficial do lugar de Castrelos de Abaixo, na parroquia homónima, no concello do Riós, na provincia de Ourense.
- Observacións: Desde 2026 o nome oficial do lugar é Castrelos de Abaixo.[2]
Termos relacionados
Véxase tamén
Referencias
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada, A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, p. 49. DOI: 10.32766/rag.336. ISBN 978-84-947823-6-7.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Xunta de Galicia (2026): «Decreto 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia», Diario Oficial de Galicia, núm. 66, 10 de abril de 2026.
