Saltar ao contido

Camporredondo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Camporredondo».
  • Etimoloxía: forma aglutinada de campo e redondo, voces procedentes respectivamente do latín campus («campo, chaira») e rotundus («redondo»); é un topónimo de significado transparente referido a un campo de forma redonda.[1]
  • Pronuncia: /kamporeˈðondo̝/ (AFI)

Topónimo

Camporredondo

  1. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Pedrafita de Camporredondo, no concello de Baralla, na provincia de Lugo.
  2. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Nespereira, no concello de Portomarín, na provincia de Lugo.

Termos relacionados

Referencias

  1. ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada, A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, p. 42. DOI: 10.32766/rag.336.
  • Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (2026): Nomenclátor de Galicia 2026, A Coruña: Real Academia Galega. DOI: 10.32766/rag.461.