Bembrive
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín bene vivere («bo vivir»), expresión empregada como topónimo propiciatorio para designar un lugar especialmente favorable para ser habitado; a forma actual presenta a metátese da consoante vibrante desde -vibre ata -brive.[1]
Pronuncia: /bemˈbɾiβe̝/ (AFI)
Bembrive
- (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello de Vigo, na provincia de Pontevedra.
- Sinónimos: Santiago de Bembrive.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia: Baruxáns, O Cacheno, O Carballal, As Chans, O Cruceiro, A Cruz, Eifonso, Esparramáns, As Pedrás, As Ferreiras, Os Freires, O Lameiro, Mandín, Miraflores, A Pedrosa, O Monte do Calvario, O Mosteiro, Mourelle, A Mouteira, Novelos, O Outeiro, Paio, A Parrocha, A Parrovella, A Pedra, O Polvorín, O Pouso, A Raposa, Recaré, A Regada, Regueiras, Os Ríos, O San Cibrán, Segade, O Toutizo, Xeme, A Xesteira e Xestoso.
- Observacións: Bembrive constitúe tamén unha entidade local menor, categoría que lle foi outorgada o 12 de xuño de 1945.[1]
- Observacións: O topónimo documéntase desde hai máis de mil anos: Benevivere no ano 915 e Bene vivere en documentos de 1169 e 1179.[1]
- Observacións: No Nomenclátor de Galicia de 2026 modificáronse sete nomes de lugares da parroquia: Espedrás pasou a As Pedrás, Ferreiras a As Ferreiras, Monte da Pedrosa á Pedrosa, Mosteiro ao Mosteiro, As Raposas á Raposa, As Regadas á Regada e San Cibrán ao San Cibrán.[2]
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Bembrive, Vigo» na Galipedia.
Termos relacionados
Véxase tamén
- Vexa o artigo «Igrexa de Santiago de Bembrive» na Galipedia.
Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Álvarez Pérez, Marta (2018): Toponimia do Val de Fragoso. 6. Bembrive, Vigo: Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e Entidade Local Menor de Bembrive, pp. 17–18. ISBN 978-84-8158-813-2.
- ↑ Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (2026): Nomenclátor de Galicia 2026, A Coruña: Real Academia Galega, pp. 122–123. DOI: 10.32766/rag.458.
