Saltar ao contido

Arquivo de Indias

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Arquivo de Indias».
Edificio do Arquivo de Indias

Locución substantiva masculina

Arquivo de Indias

  1. O Arquivo de Indias, tamén chamado Arquivo Xeral de Indias, foi creado en Sevilla en 1785 por orde do rei Carlos III, co obxectivo de situar nun único lugar a documentación referente ás colonias españolas, até entón dispersa en diversos arquivos: Simancas, Cádiz e Sevilla. O arquivo conserva uns 43.000 cartapacios, cuns 80 millóns de páxinas e 8.000 mapas e debuxos que proceden, fundamentalmente, dos organismos metropolitanos encargados da administración das colonias.