Saltar ao contido

Arabia

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Arabia».

Topónimo

Arabia

  1. Península situada en Oriente Medio, na unión de África e Asia, entre o golfo Pérsico, o mar Arábigo, o golfo de Adén e o mar Vermello; ao leste de Etiopía, ao norte de Somalia, ao sur de Palestina, Xordania e Mesopotamia e ao suroeste do Irán. É considerada a península máis grande do mundo. É unha rexión maioritariamente de clima desértico que forma o deserto de Arabia. Xeograficamente, inclúe Bahrain, Kuwait, Omán, Qatar, Arabia Saudí, Emiratos Árabes Unidos, Iemen, así como o suroeste de Iraq e o sueste de Xordania.

Sinónimos

Termos relacionados

Traducións