árbore da vida

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Galego

Open book 01.png Locución substantiva feminina

árbore da vida (sg: árbore da vida; pl: árbores da vida)

  1. Un dos símbolos máis estendidos en diversas mitoloxías, e unha metáfora da descendencia común da vida na Terra.
  2. (Relixión) Un dos símbolos cabalísticos máis importantes do xudaísmo. Está composto por 10 esferas e 22 sendeiros, cada un dos cales representa un estado que acerca á comprensión de Deus e á maneira en que El creou o mundo.
  3. (Relixión) A que, segundo a Biblia, puxo Deus en medio do paraíso coa virtude natural ou sobrenatural de prolongar a existencia.
    Sinónimo: árbore da ciencia do ben e do mal.
  4. (Bioloxía) Árbore filoxenética.
  5. (Botánica) Un dos nomes vulgares das coníferas cupresácea pertencentes ao xénero Thuja, máis coñecidas por tuias, debido á súa follaxe sempre verde.
  6. (Anatomía) Conxunto de ramificacións formadas no cerebelo pola substancia gris sobre a branca.
  7. Árbore artificial que simboliza o reino animal situado no Walt Disney World Resort, en Lake Buena Vista, Florida.