xoguete

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ʃo.ˈɣe.tɛ̯/ (AFI)

Substantivo masculino

xoguete (sg: xoguete; pl: xoguetes)

  1. Obxecto que serve para xogar.
    • Exemplo: Compreille un xoguete ao meu neto. Ao meu fillo regálolle sempre xoquetes educativos

      .
  2. (Figurado) Persoa que se deixa manexar por unha forza externa ou por alguén que a move e manexa ao seu antollo.
    • Exemplo: Bañeime na praia e fun un xoguete das ondas. Este home é un xoguete das súas pasións. Os xogadores do equipo son xoguetes do adestrador.

  3. (Arte) Composición musical ou peza teatral breve e lixeira.
    • Exemplo: A orchestra interpretou un xoguete cómico.

Termos relacionados

xoguete didáctico, xoguete educativo

Traducións