voto
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
galego
Substantivo masculino
voto m (sg: voto; pl: votos)
- (Política) Xesto, papeleta ou outro obxecto con que se expresa tal preferencia. Expresión pública ou secreta dunha preferencia ante unha opción.
- Declaración da propia vontade pola cal unha persoa escolle unha das posibilidades que se presentan, respecto a algo que se elixe ou se consulta. Imos conta-los votos.
- Dereito a escoller unha entre distintas opcións, participando así nunha decisión. Ten voz pero non ten voto.
- Promesa feita a Deus, ós santos, etc., pola que alguén se obriga a realizar algo ou a acatar certas normas. Aínda que non é monxe fixo voto de pobreza.
Termos relacionados
voto de confianza, voto de censura, votación