verde

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Wikipedia
Vexa na Galipedia o artigo acerca de verde


Táboa de contidos

galego

Iceberg lettuce (IJssla krop).jpg


Open book 01.png Adxectivo


singular plural
masculino verde verdes
feminino verde verdes
  1. Que ten predominio do verde na súa cor.
    • Exemplo: Ollos verdes son traidores
    • Termos relacionados:
    • Exemplo: Xente nova e leña verde todo é fume.
    • Antónimos:
    • Termos relacionados:
      • té verde: dise do que fixo torrando as follas do aínda frescas.
  2. Aplicado ós legumes, os que se consumen frescos, como os feixós, en contraposición dos que se consumen secos (garabanzos).
  3. Aplicado ós froitos, que aínda non maduraron.
    • Exemplo: Están verdes, dixo a raposa.
    • Antónimos:
  4. Persoa inexperta, á que lle falta moito por aprender.
    • Exemplo: ¿Que tal Luís? Mal, aínda está moi verde.
    • Termos relacionados:
      • estar aínda verde: dise de calquera asunto ó que aínda lle falta moito por concluír. O proxecto de restauración da catedral aínda está moi verde. Hai que traballalo máis.
  5. Nalgúns oficios, como a albanelería, dise dos materiais -ladrillos, tellas- que aínda non secaron.
  6. Zonas das cidades destinadas a xardíns e non para erguer edificios.
    • Exemplo: Zona verde, cinturón verde.
  7. Narración, libro, chiste, película que contén escenas ou textos de certo contido sexual.
    • Exemplo: Agora que non hai rapaces, vou contarvos un chiste verde.
    • Sinónimos:
    • Termos relacionados:
      • vello verde: home de certa idade que aínda intenta conquistar as mulleres moito máis novas. Non o aturo. Éche un vello verde.
  8. (Política) Que é partidario da defensa do medio ambiente.
  9. Viño de sabor áspero, elaborado engadindo uva sen madurar.
    • Exemplo: En Portugal gustan moito do viño verde


Open book 01.png Substantivo masculino

  1. Cuarta cor do espectro cunha lonxitude de onda entre 495 e 566. A cor da herba fresca.
    • Exemplo: As húmidas herbeiras estaban pintadas dun verde intenso.
  2. Herba segada fresca que se lle bota ó gando sen secar.
    • Exemplo: Bótalle máis verde á vaca, que acaba de parir.

Termos relacionados

  1. poñer verde [a alguén]: censuralo con moita acritude. Cando quedaron sós, puxérono verde.
  2. ter ou dar luz verde: ter ou outorgar os permisos necesarios para levar algo adiante. Só cando o concello che dea luz verde podes empeza-las obras.

Exemplo

     

Nuvola filesystems www.pngTraducións

Termos relacionados

Blue Glass Arrow.svg Véxase tamén

castelán

Open book 01.png Substantivo masculino

verde m (sg: verde; pl: verdes)

  1. verde

Open book 01.png Adxectivo

verde (ms: verde; mpl: verdes; fs: verde; fpl: verdes)

  1. verde

portugués

Open book 01.png Substantivo masculino

verde m (sg: verde; pl: verdes)

  1. verde

Open book 01.png Adxectivo

verde (ms: verde; mpl: verdes; fs: verde; fpl: verdes)

  1. verde
Ferramentas personais