valer

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /baˈleɾ/ (AFI)

Verbo

valer

  1. Servir unha persoa ou cousa para conseguir, facer ou realizar unha función determinada.
    • Exemplo: Este aparato váleche para apretar e para afrouxar parafusos.

    • Sinónimos: servir.
  2. Demostrar validez, eficacia.
    • Exemplo: Se vale para este traballo, contratareino.

  3. Ser válido.
    • Exemplo: Este billete vale para os tres museos.

  4. Estar permitido.
    • Exemplo: Vale todo menos tocar coa man.

  5. Acudir en axuda dalguén.
  6. Custa-lo prezo que se indica.
    • Exemplo: Un café só vale 80 céntimos.

    • Sinónimos: custar.
  7. Merecer.
    • Exemplo: París ben vale unha misa.

    • Sinónimos: merecer.

Exemplo

(4)

Vinme afogado e berrei
por todos os meus veciños,
e acudeu soilo a valerme
un que eu non tiña servido.

Traducións

Conxugación