vía

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈbia̯/ (AFI)
Vía romana
(A Via XVIII en Lobios)
Vía férrea

Substantivo feminino

vía (sg: vía; pl: vías)

  1. Espazo polo que se circula.
    • Exemplo: Fixemos unha excursión pola Vía da Prata.

  2. Calzada construída para a circulación rodada.
    • Exemplo: Vía pública.

  3. Dobre liña de raís paralelos por onde circulan os trens ou os tranvías.
    • Exemplo: É perigoso atravesar a estacuión polas vías.

  4. Espazo no que están situados os raís e as travesas que os unen.
    • Exemplo: O tren para Ourense está na vía 1

      .
  5. Medio a través do cal se emite unha comunicación ou se realiza un transporte.
    • Exemplo: Mandei a carta por vía aérea. Transmitiron o partido vía satélite.

  6. Conxunto de cousas iguais colocadas unha detrás doutra.
    • Exemplo: As pacas de palla quedaban en vías.

  7. (Anatomía) e (Medicina) Conduto do organismo que permite a entrada ou a saída dun líquido, de aire, de alimentos, etc.
    • Exemplo: Ten un problema nas vías respiratorias.

  8. (Medicina) Forma de administrar un medicamento.
    • Exemplo: Este antibiótico debe tomarse por vía oral.

  9. (Figurado) Liña de conduta.
    • Exemplo: Por esa vía que levas non vas moi ben.

  10. (Figurado) Medio para facer algo ou para conseguir un obxectivo.
    • {{exemplo|Non sei por que vía o soubo.
  11. (Dereito) Conxunto dos procedementos dunha lei.
    • Exemplo: Vía contenciosa.

  12. (Catolicismo) Cada un dos tres estados ou estilos de vida dos ascéticos e místicos que constitúen o camiño da perfección.
    • Exemplo: Vía iluminativa.

Observacións

Preposición

  1. Pasando por.
    • Exemplo: Voamos a Roma vía Barcelona.

Termos relacionados

caderna vía, en vías de, pola vía rápida, vía aérea, vía ancha, vía contenciosa, vía da prata, vía de auga, vía de comunicación, vía estreita, vía executiva, vía férrea, vía gobernativa, vía húmida, vía intravenosa, vía intramuscular, vía morta, vía oral, vía ordinaria, vía parenteral, vía pública, vía rectal, vía seca, vía subcutánea, vía sumaria.