tártaro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «tártaro».
Vexa no Galizionario as palabras en tártaro.
  • Pronuncia: /ˈtaɾta̝ɾo̝/ (AFI)

tártaro1

Substantivo masculino

tártaro (sg: tártaro; pl: tártaros)

  1. (Linguas do mundo) Lingua túrquica falada en Rusia, principalemnte na república de Tartaristán.

Adxectivo

tártaro (ms: tártaro; mpl: tártaros; fs: tártara; fpl: tártaras)

  1. (Historia) Relativo ou pertencente a Tartaria e a súa xente.
  2. Relativo ou pertencente a Tatarstán e a súa xente.

Substantivo

tártaro (ms: tártaro; mpl: tártaros; fs: tártara; fpl: tártaras)

  1. (Xentilicio) Habitante ou natural de Tartaria ou Tartaristán.

Termos relacionados

tártaro2

Substantivo masculino

tártaro (sg: tártaro; pl: tártaros)

  1. (Mitoloxía) Lugar para os gregos e romanos onde están as almas dos mortos.

Sinónimos

tártaro3

Substantivo masculino

tártaro (sg: tártaro; pl: tártaros)

  1. Acumulación de sales de calcio e fósforo sobre a superficie dental, en forma de capa, de cor amarelada, sobre o esmalte dos dentes.