serbio

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «serbio».
  • Pronuncia: [ˈsɛɾ.βjʊ] (AFI)

Substantivo masculino

serbio

  1. (Linguas do mundo) Lingua eslava meridional falada en Serbia, en Bosnia-Hercegovina, e por pequenas comunidades nos países limítrofes.

Traducións

Substantivo

serbio (ms: serbio; mpl: serbios; fs: serbia; fpl: serbias)

  1. (en plural) Pobo eslavo habitante dos Balcáns, de relixión maioritaria cristiá ortodoxa.
  2. Individuo de dito pobo.
  3. Habitante de Serbia.

Traducións

Adxectivo

serbio (ms: serbio; mpl: serbios; fs: serbia; fpl: serbias)

  1. Pertencente ou relativo ao pobo serbio, ou a Serbia e aos seus habitantes.

Traducións