saia
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
Galego
Substantivo feminino
saia (sg: saia; pl: saias)
- Peza de roupa feminina, que cae solta desde a cintura ata distintas alturas segundo modas e gustos.
- Exemplo: Cada vez levan a saia máis curta.
Exemplo
- Rapaciña, cando caias ten conta das saias.
- Non penses mal, raparigo,
- por verme a saia rabena,
- tráiocha pra andar no monte,
- non pra que as pernas me vexan.
Sinónimos
Termos relacionados
Traducións
Verbo
saia
- Definición impropia: primeira persoa do presente de subxuntivo de «saír».
- Definición impropia: terceira persoa do presente de subxuntivo de «saír».