rima

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «rima».
  • Pronuncia: /ˈrima̝/ (AFI)

rima1

Substantivo feminino

rima (sg: rima; pl: rimas)

  1. Concordancia de palabras a partir da última vogal acentuada. A concordancia pode ser total ou parcial. A súa poesía era aburrida e sen rima.
  2. Composición en verso de xénero lírico. U. m. en pl. As rimas de Góngora parecíanlle rebuscadas.

Termos relacionados

Traducións

rima2

Substantivo feminino

rima (sg: rima; pl: rimas)

  1. Conxunto de cousas amoreadas pero con orde, como leña, sacos, pedras, etc.
    • Sinónimos: monte, montón, morea, montaña.
    • Exemplo: 'O primeiro que lle puxeron diante foi unha rima de sacos que descargara un carromato (García Barros: Enredos. Galaxia, 2000).

Traducións