raíña

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «raíña».
  • Etimoloxía: do latín regina.
  • Pronuncia: [raˈi.ɲɐ] (AFI)

Substantivo feminino

raíña (sg: raíña; pl: raíñas)

  1. Muller que exerce a potestade real, por dereito propio.
    • Exemplo: A máis famosa das raíñas do século XIX foi Vitoria que, ademais de raíña do Reino Unido, foi emperatriz da India.

  2. Esposa dun rei.
    • Exemplo: Á inauguración da exposición asistiu a raíña Sofía.

  3. Peza do xadrez, segunda en importancia despois do rei.
    • Exemplo: Para poder gañar a partida tivo en entregar a raíña.

  4. ( Zooloxía) A única femia fértil dunha sociedade de insectos, como a das abellas.
    • Exemplo: As abellas obreiras, entre outras moitas funcións, teñen a de alimentar á raíña.

  5. ( Figurado) Muller, animal ou cousa de xénero feminino que sobresae entre as da súa clase ou condición.
  6. (Micoloxía) Cogomelo comestíbel, nativo do sur de Europa e pertencente á familia Amanitaceae e á orde Agaricales, cun característico sombreiro alaranxado.

Sinónimos

Termos relacionados

Traducións