quiñón

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [kiˈɲoŋ] (AFI)

Substantivo masculino

quiñón (sg: quiñón; pl: quiñóns)

  1. Cada unha das partes en que se subdivide un conxunto ó repartilo entre varios participantes. Somos tantos e a pesca foi tan cativa que o quiñón non deu para nada. Sin. lote.
  2. Parte da herdanza que lle corresponde a cada herdeiro. Sin.: partilla.
  3. Remuneración en especies que recibían algúns operarios por realizar un traballo. No caso das tecelás podía ser unha vara do lenzo tecido; no dos muiñeiros, unha medida (ou maquía) por cada saco de millo moído.
  4. Cada unha das pezas ou paños que conforman unha rede de pesca.