plástico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «plástico».
Botella de plástico
Recipientes de plástico para a clasificación de refugallos que poden reciclarse
  • Pronuncia: /ˈplas.t̪i.ko/ (AFI)

Adxectivo

plástico (ms: plástico; mpl: plásticos; fs: plástica; fpl: plásticas)

  1. Que pode ser modelado con facilidade.
    • Exemplo: A arxila é unha materia plástica.

  2. Que está feito de plástico.
    • Exemplo: Unha botella plástica.

  3. Que está composto de substancias sintéticas que lle confiren as propiedades do plástico.
    • Exemplo: Uso pintura plástica para o casco dos barcos

      .
  4. (Arte) Relativo ou pertencente á plástica.
    • Exemplo: Un cadro dunha gran riqueza plástica.

  5. (Cirurxía) Relativo ou pertencente á cirurxía plástica.
    • Exemplo: É un gran cirurxián plástico.

  6. (Figurado) Estilo, linguaxe, etc. literario que se caracteriza pola súa concisión, expresividade e viveza.
    • Exemplo: Este escritor destaca pola calidade dos seus diálogos e polo valor plástico da súa linguaxe.

Substantivo masculino

plástico (sg: plástico; pl: plásticos)

  1. Mestura de elementos sintéticos que ten como base unha materia que se moldea con facilidade pola acción da presión e da calor.
    • Exemplo: Un xoguete de plástico.

Substantivo feminino

plástico (sg: plástica; pl: plásticas)

  1. (Arte) Arte de crear obxectos con material que se pode moldear.
    • Exemplo: Miña filla quere dedicarse á plástica.

Termos relacionados

artes plásticas, cirurxía plástica, cadro plástico, diñeiro de plástico, explosivo plástico, plástico de burbulla