pintura

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «pintura».
A rapaza da perla, de Johannes Vermeer

Substantivo feminino

pintura (sg: pintura; pl: pinturas)

  1. (Arte) Arte de pintar, representando situaciones reais ou non sobre unha superficie plana.
    • Exemplo: Picasso, con pouco máis de dez anos, estudou pintura na Coruña.

  2. (Arte) Obra pictórica realizada segundo os principios desta arte.
    • Exemplo: Os nazis destruíron moitas pinturas expresionistas por consideralas decadentes.

    • Exemplo: Encántanme as pinturas rupestres de Altamira.

    • Sinónimos: cadro
  3. (Arte) Pigmento empregado para pintar.
    • Exemplo: Para Reis, comprarei á neta un estuche de pinturas, para que vaia aprendendo.

    • Exemplo: Non me gusta como me queda esa pintura de uñas.

  4. Substancia aplicada sobre unha superficie.
    • Exemplo: Houbo que dar dúas mans de pintura á casa para cubrir ben a cor que tiña antes.

  5. (Profesións) Oficio do pintor.
    • Exemplo: Traballa co seu pai na pintura de barcos.

Termos relacionados

Traducións