pechar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [peˈt͡ʃaɾ] (AFI)

Verbo transitivo

pechar

  1. Mover [a peza coa que se cubre unha abertura] para que a cubra.
  2. Meter [algo ou a alguén] nun recinto e botar o pecho.
  3. Facer cesar a actividade de [algo].

Verbo intransitivo

pechar

  1. Cesar [unha empresa ou un centro de traballo] a súa actividade.
  2. Cesar [o dono dunha empresa] a actividade desa empresa.
  3. Axustarse [unha peza] completamente á abertura que debe cubrir.
  4. Volverse [o ceo] máis escuro.
  5. Volverse o ceo máis escuro durante [o día ou un momento do día].

Verbo pronominal

pecharse

  1. Meterse nun recinto e botar o pecho.
  2. Encerrarse voluntariamente nun recinto como forma de protesta.
  3. Permanecer nun lugar para illarse.

Traducións

Conxugación


Castelán

Entrada incompleta

Esta páxina está marcada para ser completada. Pode axudar no Galizionario completándoa.

Verbo

pechar

  1. Cerrar.