organización non gobernamental

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «organización non gobernamental».

Locución substantiva feminina

organización non gobernamental (plural: organizacións non gobernamentais)

  1. Unha organización non gobernamental é unha entidade de carácter privado, con fins e obxectivos definidos polos seus integrantes, creada, obviamente, con independencia dos gobernos. Teñen un ámbito de acción que vai desde o nivel local ao internacional. Cobren unha gran variedade de temas e ámbitos que definen o seu quefacer, pero sempre dentro do que poderiamos denominar promoción do ben xeral. Ditos temas están relacionados coa acción humanitaria, a saúde pública, o desenvolvemento económico, o desenvolvemento humano, a cultura, os dereitos humanos etcétera.
    • Exemplo: Unha das organizacións non gobernamentais máis antigas é a Cruz Vermella.

Sigla

ONG

Sinónimos

onegués