operación

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino

operación (sg: operación; pl: operacións)

  1. Serie de actos ou medidas cos que se pretende acadar un resultado.
    • Exemplo: As operacións para deter os ladróns dirixiunas o xuíz.

    • Exemplo: Rematamos as operacións para mercar a casa.

  2. Proceso matemático que, partindo duns datos, permite chegar a uns resultados.
    • Exemplo: Fixen dúas operacións e resolvín o problema.

  3. (Cirurxía) Feito de aplicar a cirurxía a unha parte do corpo para curalo ou modificalo.
  4. Actividade relativa ó comercio ou ás finanzas.
    • Exemplo: Gañou moitos cartos coas súas operacións na Bolsa.

Traducións


Castelán

Substantivo feminino

operación (sg: operación; pl: operaciones)

  1. Operación.