nitróxeno
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
Galego
Substantivo masculino
Nitróxeno
- Definición: Elemento químico de número atómico 7, descuberto no século XVIII. En condicións normais forma un gas diatómico inerte que constitúe o 78% do aire da atmosfera terrestre. Tamén forma compostos con outros elementos, algúns deles coñecidos de vello. O seu símbolo é N.
Traducións
- Alemán: Stickstoff (de).
- Castelán: nitrógeno (es).
- Francés: azote (fr).
- Inglés: nitrogen (en).
- Italiano: azoto (it).
- Neerlandés: stikstof (nl).
- Portugués: azoto (pt), nitrogénio (pt), nitrogênio (pt).
- Ruso: азот (ru).
- Sueco: kväve (sv).