natureza
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
galego
Substantivo feminino
| singular | plural |
| natureza | naturezas |
- Conxunto de tódalas cousas e forzas que compoñen o mundo físico, especialmente todo o que existe sen intervención do home e que forma o medio onde este e o resto dos seres viven.
- Exemplos: A natureza fornécenos do necesario para vivir. Gusto de vivir en contacto coa natureza.
- Observacións: en ocasións considérase entidade activa: Mira o peteiro deste paxaro. Está claro que a natureza é sabia.
- Conxunto das propiedades que definen unha persoa ou cousa.
- Exemplos: O can de San Bernardo é de natureza dócil.
- Carácter, índole, temperamento dunha persoa ou cousa.
- Condición de natural dun país ou comunidade.
- Exemplos: Aínda que non o creas, eu son galego de natureza.
- Sinónimos: