morriña

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Open book 01.png Substantivo feminino

morriña (sg: morriña; pl: morriñas)

  1. Sensación de abatimento, tristeza, melancolía, nostalxia, en especial cando se está lonxe da terra natal.
    • Variantes: murria, murriña.
    • Observacións: Adoita considerarse sinónimo de «soidade» ou «saudade», que ten un ámbito maior cá estrañeza da terra.
  2. Enfermidade indefinida que se dá nas ovellas (comalia), no gato que non medra (rabuxa) e mesmo nas vides.
  3. Carne en mal estado, ben por comeza-la descomposición, ben por ser obtida dun porco ó que se sacrificou estando enfermo.
    • Exemplo: O que queira comer morriña, coma carneiro en xaneiro e en maio galiña.
    • Exemplo: O que na súa casa come morriña, na allea quere carneiro e galiña.
  4. Sucidade na pel ou na roupa por falta de limpeza.
    • Exemplo: Vós téde-la tiña, a sarna e maila morriña.
    • Sinónimos: cotra, lorda, rela, roña.

Termos relacionados

Traducións