lote

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Open book 01.png Substantivo masculino

lote

  1. Cada unha das agrupacións, segundo o criterio que se siga, en que se desagrega un conxunto.
  2. Entre os mariñeiros, cada unha das partes nas que se divide a pesca para reparti-los beneficios entre os tripulantes. Sin.: quiñón.
  3. Conxunto de unidades de produción dun produto alimenticio obtido, fabricado ou envasado en circunstancias prácticamente idénticas. Houbo que destruír tódolos lotes de conservas nos que se utilizou esa partida de aceite contaminado.
  4. Conxunto ou feixe de palla, herba, etc. que se pode coller ou cargar dunha vez.
  5. Fardo de froitos por xunto que se levan á venda a unha feira.
  6. Agrupación de peixes de distintas especies que se venden por xunto, sen clasificar.

Traducións

castelán: lote