limiao
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
Galego
Adxectivo
limiao (ms: limiao; mpl: limiaos; fs: limiá; fpl: limiás)
- Definición: (Xeografía) Relativo á Terra da Limia (Ourense) ou a Xinzo da Limia (Ourense).
- Exemplo: As patacas limiás son das mellores de Galicia
Sinónimos
Substantivo
| singular | plural | |
| masculino | limiao | limiaos |
| feminino | limiá | limiás |
- Definición: (Xentilicio) Habitante ou natural da Terra da Limia (Ourense) ou de Xinzo da Limia (Ourense).
- Exemplo: A fala dos limiaos comparte características coas do sur do bloque occidental porque eran da mesma diocese.