leituga

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «leituga».
Leituga
  • Pronuncia: /lejˈtuɣa̝/ (AFI)

Substantivo feminino

leituga (sg: leituga; pl: leitugas)

  1. (Agricultura) (Alimentación) (Botánica Planta da familia das compostas ou asteráceas, Lactuca sativa Linné, orixinaria do leste do Mediterráneo e cultivada en todo o mundo, e empregada na alimentación humana desde uns 500 anos a.C. Do seu caule, curto e cilíndrico, que gradualmente vai medrando, xorden abondosas follas en roseta; as súas inflorecencias, en corimbo, reúnen flores amarelas. Segundo as variedades cultivadas, os bordos das follas poden ser lisos, ondulados ou serrados.
    • Exemplo: A leituga é o ingrediente fundamental das ensaladas.

  2. (Botánica) Leitaruga.

Termos relacionados

Traducións


Occitano

Substantivo feminino

leituga (sg: leituga; pl: leitugas)

  1. (Alimentación) (Botánica) Leituga.

Variantes