lebre
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
| Grafías semellantes: Lebre |
Táboa de contidos |
Galego
Etimoloxía: do latín lepus, -ŏris.
Substantivo feminino
lebre (sg: lebre; pl: lebres)
- Mamífero roedor, da familia dos lagomorfos, xénero Lepus, máis lixeiras e veloces cos coellos, coas patas traseiras moi desenvolvidas para a carreira e longas orellas. Non constrúen coelleiras senón simples camas nos acobillos do terreo. No xaneiro, busca a lebre no bulleiro.
Traducións
- Alemán: Hase (de)
- Castelán: liebre (es)
- Checo: zajíc (cs)
- Francés: lièvre (fr)
- Inglés: hare (en)
- Italiano: lepre (it)
- Polaco: zając (pl)
- Portugués: lebre (pt)
Locucións
- Deixa andar o can coa lebre: advertencia para previr que un asunto rematará probablemente mal.
- Face-las lebres: faltar a clase, latar.
- Herba da lebre: herba de monte alto, de cor verde abrancazada, suave ó tacto. Tamén se chama herba molar.
- Liño de lebre: cuscuta, planta parasita que medra adoito sobre o toxo.
Portugués
Etimoloxía: do latín lepus, -ŏris.
Substantivo feminino
lebre (sg: lebre; pl: lebres)