isca
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Substantivo feminino
isca (sg: isca; pl: iscas)
1. Folla seca do piñeiro.
2. Materia vexetal que por mor da súa secura serve doadamente para prender lume.
3. Pequeno peixe que se pon para pescar como engado.
4. Engado que se pon no anzol para pescar.
Sinónimos
1. arume, frouma, pico.
2. esca.
3. carnada, cebo, engado, iscallo, isco.