enteiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
(Redirixido dende inteiro)

Galego

  • Pronuncia: /en.'tɛi.ro̯/ (AFI)

Adxectivo

enteiro (ms: enteiro; mpl: enteiros; fs: enteira; fpl: enteiras)

  1. Que non de foi de dividido nin coratdo en partes.
    • Exemplo: A empanada aínda está enteira, que anaco queres?

  2. Que está considerado en toda a súa extensión, na súa totalidade.
    • Exemplo: Imos editar a obra enteira deste autor. Estivo un mes enteiro fechado na casa.

  3. Dito dunha persoa, que non perde a calma con facilidade nunha situación difícil.
    • Exemplo: Estaba moi enteiro despois do enterro da súa muller.

  4. Dito dun animal, que está sen castrar.
    • Exemplo: Un cabalo enteiro.

  5. Que non perdeu a virxinidade.
    • Exemplo: Unha rapaza enteira.

Termos relacionados

espello de corpo enteiro, folla enteira, leite enteiro, múmero enteiro, parte enteira, plano enteiro, por enteiro, salva enteira, vento enteiro

Substantivo masculino

enteiro (sg: enteiro; pl: enteiros)

  1. (Economía) Unidade que mide a variación da cotización dos valores en bolsa, e que é a centésima parte do valor nominal dun título.