incisivo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Adxectivo

incisivo (ms: incisivo; mpl: incisivos; fs: incisiva; fpl: incisivas)


  1. Cortante, punzante.
  2. (Figurado) Agudo, penetrante.
    • Exemplo: Con catro comentarios incisivos, caloulle a boca.

    • Termos relacionados: incidir, incisión.

Traducións

Substantivo masculino

As catro pezas centrais son os incisivos

incisivo (sg: incisivo; pl: incisivos)

  1. (Anatomía) Cada unha das pezas dentarias do arco anterior dos maxilares, entre os caninos.
    • Exemplo: A vaca non ten incisivos na mandíbula superior.

Traducións