galano

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo masculino

galano (sg: galano; pl: galanos)

  1. Obxecto co que se agasalla alguén.
    • Exemplo: Bertoldo levara dous bos capós, galano pra un avogado de Madrid.

      (Álvaro Cunqueiro, Xente de aquí e de acolá)
    • Sinónimos: agasallo, obsequio, presente, regalo
  2. Lambonada ou obxecto de pouco valor que se lle dá a un rapaz, coma un xoguete ou un adorno.
    • Exemplo: Cando a avoa volvía das súas viaxes co Imserso, sempre traía varios galanos para repartir entre os netos.

  3. Marca que se lle pon a algúns animais de pequeno tamaño (como tal, un fío atado na pata).

Adxectivo

  1. Ben vestido e arreglado, con idea de gustar.

Exemplo

¿Pensas que todas te queren?
Nunca tan galano foras
pois haste quedar coas ganas
de que pra ti ben me poña.