frouxo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈfɾow.ʃo̝/ (AFI).

Adxectivo

frouxo (ms: frouxo; mpl: frouxos; fs: frouxa; fpl: frouxas)

  1. Que está mal atado, pouco apertado, pouco tirante, seguro ou axustado.
    • Exemplo: O nó está frouxo. Esa saia quédache frouxa. Os parafusos están frouxos, hai que apertalos.

  2. Que non ten moita actividade, fortaleza, intensidade, resistencia ou calidade.
    • Exemplo: Viño frouxo. Vento frouxo. Teu argumento é frouxo

      .
  3. Que ten pouca forza física ou de espírito, preguiceiro, neglixente, descoidado ou tardo nas operacións.
    • Exemplo: un alumno algo frouxo. É un home moi frouxo, fáltalle carácter

      .
  4. Apoucado, cobarde.
    • Exemplo: Non sexas frouxo, mantente firme

      .
  5. Que está por debaixo da media considerada normal.
    • {{exemplo|Fixo un exame moi frouxo. O novo dianteiro resultou ser bastante frouxo. SINÓNIMO mediocre

Observacións

Termos relacionados

corda frouxa