fresia

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Wikipedia-logo.png
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «fresia».

Open book 01.png Substantivo feminino

fresia (sg: fresia; pl: fresias)

  1. (Botánica) Xénero da familia das iridáceas, constituído de varias especies de plantas bulbosas floríferas, orixinarias de África do Sur, de perfume agradábel, e que son amplamente cultivadas por todo o mundo. As especies presentan moitas cores, xeralmente fortes, que van desde un azul puro, pasan polo púrpura e chegan ao branco. Reprodúcese por medio de bulbos perennes. Floreze nas rexións de clima frío a temperado, normalmente no final do inverno e prosegue na primavera, ficando en reposo durante a estación cálida.

Traducións