fosa nasal

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Nariz humana, na que se poden ver as aberturas externas das fosas nasais.

Locución substantiva feminina

fosa nasal (sg: fosa nasal; pl: fosas nasais)

Corte saxital da cabeza humana, no que se aprecian as fosas nasais.
  1. (Anatomía) Cada unha das dúas cavidades, situadas na liña media da cara, onde se inicia o aparello respiratorio e onde reside o órgano do olfacto.
    • Exemplo: Cando o aire inspirado atravesa as fosas nasais, límpase do po que leva en suspensión.

    • Observacións: Úsase máis en plural: fosas nasais.

Sinónimos

Termos relacionados

Traducións