etiqueta

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Open book 01.png Substantivo feminino

etiqueta (sg: etiqueta; pl: etiquetas)

  1. Indicación das características, prezos, etc. que se imprime, pega ou cose sobre un produto exposto á venda para identifica-lo produto e o fabricante e proporcionarlle información ó consumidor.
    • Exemplo: Mira na etiqueta a ver de que está feito.
  2. Conxunto de normas de conduta e comportamento que se deben seguir en determinadas circunstancias. Normalmente aplícase só en cerimonias solemnes.
    • Exemplo: Para esa cerimonia a etiqueta esixe levar vestido longo.
    • Sinónimos: protocolo.
  3. (Figurado) Fama, sona que se lle atribúe a alguén.
    • Exemplo: Colgáronlle a etiqueta de comunista por secunda-la folga.

Observacións

Na segunda acepción, en informática utilízase o sinónimo Netiqueta.

Traducións

Termos relacionados

Expresión

  • De etiqueta: de gala. Naquela voda só podías asistir de etiqueta.