estourar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Open book 01.png Verbo intransitivo

estourar

  1. Romper de maneira violenta por mor dunha forte presión.
  2. Producir un ruído forte e seco.
  3. Encherse moito ou ata rebordar o interior [de algo].
    • Exemplo: Como siga comendo así vai estourar.
  4. Comezar de súpeto algo de carácter ruidoso ou violento.
  5. Manifestar de maneira repentina e mesmo violenta sentimentos antes reprimidos.

Sinónimos

  1. Esbourar, estalar, estoupar, estralar, rebentar.

Traducións

Open book 01.png Verbo transitivo

  1. Provocar que [algo] rompa violenta e ruidosamente ao aumentar de súpeto a súa presión interna.

Sinónimos

  1. Esbourar, estalar, estoupar, estralar, rebentar.

Traducións

Conxugación