escorzoneira

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «escorzoneira».

Substantivo feminino

escorzoneira (sg: escorzoneira; pl: escorzoneiras)

  1. (Botánica, alimentación) Planta composta, perenne, que se cultiva de forma anual como hortaliza. Mide até 90 cm de altura, ten flores amarelas en capítulos e raíces negras con polpa branca duns 3 cm de grosor e máis de 20 cm de longo. As raíces cómense cocidas, aínda que tamén se consomen os seus brotes tenros, as súas follas, as súas barbas (follas tenras) e as súas flores. En medicina natural emprégase como diurético e contra o estrinximento.

Traducións